Novas actividades
Ola familias:
Cada día falta un pouquiño menos para poder vernos de novo! Seguro que os nenos/as vos fan preguntas e están desexando poder saír da casa e volver ver aos seus amigos/as. Agardamos que o seguinte vídeo lles axude a entender un pouquiño mellor o que está a pasar dunha forma lúdica.
Como xa saberedes xa chegou a primavera e, como este ano igual nos resulta un pouquiño difícil ver unha bolboreta, podemos debuxar unha (sen levantar o dedo) e darlle movemento neste enlace:
Ademais, se queredes traballar a expresión oral e a creatividade dunha maneira divertida non vos perdades a App Chatter Pix Kids (válido tanto para Android como Iphone) coa que se pode personalizar os debuxos dos nenos/as, fotos… e despois divertirse poñéndolle a voz. As risas están aseguradas!
E, para aqueles que lles guste a plastilina e a cociña que mellor que unir as dúas cousas.
Se dispoñedes de colorantes alimenticios cunhas gotiñas quedará de marabilla!
E, como os contos non poden faltar na seguinte web https://olgadedios.es/libros/ dispoñedes dalgúns dos seus contos para lelos de forma totalmente gratuíta.
Un saúdo!
Deja una respuesta