abalarMÓBIL

A Consellería de Educación elaborou unha aplicación móbil para que os  nais/pais/titores/a accedan a determinada información académica dos seus fillos dunha maneira máis inmediata, a través do teléfono móbil.

Poden descargala gratuitamente dende App Store ou Google Play coma calquera outra aplicación.

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer, no noso Centro, das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar as faltas de asistencia
• Consultar os datos do centro educativo
• Modificar o idioma da aplicación

Se teñen algún problema ca instalación relativo ao número de teléfono que utilizan, póñanse en contacto ca Secretaría do Centro.

Poden revisar toda a información, clicando no seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

3 Responses to abalarMÓBIL

  1. Esther dice:

    Bos días e moitas grazas pola información,
    xa a instalei/probei e aproveito pra faceros un par de consultas:
    – No relativo o número de teléfono pra acceso/alta, podedes dar de altas dous pra o acceso de ambos pais?
    – Paréceme moi práctica a funcionalidade de xestión de titorías, pero ten que tela habilitada cada titor…ides dar unhas pautas sobre isto? dependerá de cada titor? en realidade paréceme que sería util poder usala tamén co resto de profes (especialidades: inglés, música…)
    – Polo que vin non facilita a comunicación directa de informacións cotiáns e eventos: calendario do centro, neno que se pon malo, pediculose, excursións, proxectos, compra de materiais, etc … coñecedes se está previsto o desarrollo deste tipo de funcionalidades? e, de non ser asi… vos plantexachedes o uso dalgunha aplicación de mensaxería ó efecto? (estilo o TokApp)
    Grazas anticipadas polas respostas e un saúdo.

  2. santabaia dice:

    – Si, se hai algún problema cos números de teléfono, acércate a Secretaría.
    – Para empezar, imos dar un tempo para comprobar o grado de aceptación por parte das familias. Se é maioritario, iremos dando pautas.
    – Si se poden realizar comunicados coma os que exemplificas. Pero, imos a esperar á resposta das familias. Tamén coñecemos e valoramos TokApp.

    Neste Centro estamos falando duns 800 potenciais usuarios, paso a paso iremos informando da evolución.

    SAÚDOS, e gracias polo seguimento da web.

  3. Esther dice:

    Boas d novo, grzs a vos pola rápida resposta…xa q falas do seguemento da web, comento q o rss semella roto, a min pilloumo o agregador, pero mellor solucionábades.
    Un saudo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.