CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE (maiores e persoas de risco)

Como xa coñecerás, dende o pasado día 24 de outubro, estase desenvolvendo dende a Consellería de Sanidade a campaña de vacinación antigripal 2016 co obxectivo de diminuir entre a poboación de risco o número e gravidade das complicacións de padecer esta infección.

A gripe é unha enfermidade altamente contaxiosa, cunha nada despreciable mortalidade e morbilidade, e a vacinación continúa a ser a medida preventiva máis eficaz para minimizar o impacto do padecemento desta enfermidade. Se aínda non estás vacinado e pertences a un dos grupos de risco indicados no  cartel anexo (e resalto o seguinte grupo: «se convives cunha persoa de maior risco de presentar complicacións de ter a gripe»), invitámoste a acudir a un punto de vacinación, dos 900 habilitados en Galicia.

Na pasada tempada, nesta comunidade autónoma, rexistráronse en IANUS (Historia Clínica Electrónica) durante a onda 31.233 casos de gripe, precisaron ingreso hospitalario 1691 pacientes, 238 na UCI, falecendo 104 deles. Destes, 2/3 non estaban vacinados a pesares de ser dun grupo de risco.
En http://gripe.sergas.gal atoparás mais información.

Un cordial saúdo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *