Andaina solidaria

Queríamos compartir convosco unha iniciativa moi especial que terá lugar este domingo 24 no concello veciño de Rianxo: a I Andaina Solidaria “Camiños de Ouro. O paraíso existe”.

Será unha xornada para desfrutar da natureza, compartir tempo en familia e entre amigos, facer deporte e, sobre todo, colaborar cunha causa solidaria moi importante .

Ao longo da andaina poderedes gozar de paisaxes incribles, contar con avituallamento durante o percorrido, levar unha pulseira conmemorativa desta primeira edición e, ademais, participar no sorteo de diferentes premios doados polo comercio local de Rianxo.

Por iso, animámosvos a participar e acompañarnos nesta andaina solidaria, porque toda asistencia conta e toda axuda suma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *