Roupa e obxectos perdidos

O próximo mércores 12 de marzo realizarase a recollida por parte da ONG Mariola Solidaria da roupa e calzado usado que doen as familias do centro.

Esa xornada tamén levará a roupa perdida que non se reclame no centro. Para unha mellor localización das súas pertenzas, organizamos no patio cuberto para estes últimos días antes da recollida esta pequena exposición.

Recordamos que a mellor maneira de recuperar os obxectos perdidos é identificalos poñendo o nome e apelidos do alumnado.

SAÚDOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *