Nota informativa, Anpa Torre de Goians
Prezadas familias:
Como ben sabedes, o noso centro está adscrito ao instituto da Cachada. Por este motivo a maior parte do noso alumnado realiza os seus estudos de Secundaria no devandito centro.
A nosa ANPA está moi preocupada pola situación actual na Cachada. Como sabedes, é un centro con moita matrícula, que conta con preto de 400 alumnos/as. No seu momento chegaron a contar con tres profesores de apoio para atender ao alumnado con necesidades educativas, pero nos últimos anos estes apoios fóronse reducindo. O curso pasado só contaron cunha mestra de apoio (PT) a tempo completo máis outro mestre de apoio que era compartido e ía ao centro só cinco horas. Este curso a situación non vai ser mellor. Cada ano increméntase o número de alumnado que presenta algún tipo de necesidade (autismo, TDAH, problemas de conduta…) pero os apoios sempre minguan. Na actualidade a previsión é que o instituto vai ter que atender a 102 rapaces e rapazas con algún tipo de dificultade, pero non vai contar cos apoios suficientes.
Este tema aféctanos directamente. Este curso é o alumnado que estaba en 6º e pasa para 1º da ESO o que se ve afectado, pero se non o paramos, serán o resto de alumnos e alumnas do noso centro os que vivan esta situación. E non só se verán afectados aqueles que presentan necesidades. No instituto o profesorado completa o seu horario atendendo ao alumnado nas aulas. Este curso van ter que centrarse só naqueles rapaces e rapazas que teñen maiores dificultades, sen tempo para atender ao outro alumnado. Ademais, non contan coa preparación que ten un profesor de apoio, que son especialistas en Pedagoxía Terapéutica, para atender ás súas necesidades.
Por este motivo, vaise facer unha protesta colectiva entre o instituto da Cachada e os seus 4 centros adscritos (Santa Baia, Cespón, Abanqueiro e Cabo de Cruz) o vindeiro día 11 de setembro, que é o primeiro día de clase. A idea é que á entrada no centro se faga unha breve concentración. Para identificar á xente que desexa participar e en sinal de loito pola educación pública, inclusiva e de calidade, imos levar a parte superior (xersei, camiseta…) de cor negra. A idea é que os adultos vos manifestedes diante do centro, acompañados ou non polos vosos fillos/as.
Esperamos que vos animedes a participar nesta protesta, xa que afecta directamente ao futuro dos nosos fillos e fillas.
Estou de acordó. Hay que contratar mais profesor@s cualificados para a diversidades funcional
Hola , nos ponemos en contacto desde el departamento de prensa porque creemos que Santabaia podría tener buena recepción en los medios de comunicación.
Me interesaba explicarte esta propuesta porque la mención por parte de los periódicos digitales ayuda a potenciar el posicionamiento en buscadores y mejorar la reputación de las marcas, para que puedan proporcionar mayor credibilidad y confianza.
Si te parece interesante, podría contactar para que este mes pudierais recibir hasta dos publicaciones sin coste. ¿En qué teléfono podría localizarte?