Category Archives: PRIMARIA
TAREFAS 3º,SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO
O próximo domingo 17, será o «Día das Letras Galegas» e como cada ano homenaxearase a unha figura destacada. Quen será? Se queres empezar a descubrila propoñemosche empezar cun xogo:https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020
Anímate a participar na proposta do EDLG! Aproveita as ligazóns que che propoñemos con motivo desta celebración, son divertidas e didácticas! Non esquezas visitar as propostas que che fan outros profesor@s nas súas áreas! Ánimo, seguimos contado cara atrás!!!
Proposta de traballo do 5 ao 8 de maio.
Lembrade ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
TAREFAS 3º,SEMANA 4 AO 8 DE MAIO
Empezamos novo mes, o dos «Maios» (mandámosvos un enlace para que os decubrades https://www.youtube.com/watch?v=UCZCm1q4Kwc) ,o das nosas letras galegas o do despertar á vida da natureza.
E agora tod@s, máis que nunca, empezamos a despertar. Por fin imos empezar xa a gozar con vós do pracer de pasear ao aire libre! Ánimo con esta nova semana, seguimos coa nosa particular conta atrás!!!!
















































