Category Archives: PRIMARIA
Proposta de traballo do 1 ao 5 de xuño.
Lembrade ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
TAREFAS 3º, SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
O próximo día 5 celébrase o “Día do Medio Ambiente”,
propoñémosvos acceder a esta ligazón
https://www.un.org/es/observances/environment-day
para que leades o significado deste día e despois se accedes a esta outra https://www.un.org/es/observances/environment-day/stories
poderedes ver, escoitar ou ler moitísimas historias interesantísimas para comprender o noso planeta.
A nosa conta atrás está a chegar ao final. Ánimo que xa empezamos o último mes do curso!
Proposta de traballo do 25 ao 29 de maio
Lembrade ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
TAREFAS 3º,SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Esperamos que esteades a gozar das pequenas saídas e as visitas a persoas queridas. Seguide a traballar con ánimo porque case estamos a piques de rematar este mes de maio!!!
Esta semana volvemos invitarvos a paticipar nas actividades que vos propoñen en LUDI-TECA coa Cruz Vermella, botádelle unha olladiña!!!
Información do IES A Cachada
Prezadas familias,
Comeza o prazo de solicitude de préstamo de libros para o curso 2020/2021, para o que é necesario chamar ao IES A Cachada (teléfono: 881866717)e solicitar cita previa. Poden comezar a chamar o luns, 25 de maio, a partir das 9:00 da mañá.
Poden consultar á información relacionada na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/
Importante: Soamente poderá solicitar o préstamo de libros o alumnado que ten reserva de praza non o que realizou o procedemento de admisión.
Un saúdo.
Equipo directivo (IESP A Cachada)
















































