Category Archives: PRIMARIA
BAIA RADIO 4
Actividade Naturais/Sociais 5º
Informamos da actividade programada para o próximo martes 26 de marzo ás 10:00h. Actividade natural/cultural na contorna do Centro.
Participan alumnado do CEIP SANTA BAIA (Boiro) e do CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ (Asados-Rianxo)
Colaboran CONCELLO DE BOIRO, concellerías de medioambiente, cultura e turismo.
Actividades e localización
Estación 1: visita guiada aos muíños de Goians
Estación 2: recollida e selección de residuos en Praia Xardín
Estación 3: ginkana no parte «das Tirolinas» Esteiro do Río Coroño
Estación 4: recoñecemento e localización de árbores autóctonas no Esteiro do Río Coroño
PROGRAMACIÓN
9:40h xuntanza no CEIP Santa Baia, dividimos grupos e dirixímonos ás distintas estacións.
10:00h comezamos nas distintas estacións (30′)
10:40h comeza 2º estación. (30′)
11:10h descanso para merenda e cambio estación.
11:30h comeza 3ª estación. (30′)
12:10h última estación (30′)
12:40h fin de actividade e volta ao centro
CONTANDO CO KAMISHIBAI
Un grupo de alumn@s de 2º elaboraron un kamishibai dun dos seus contos favoritos: «La extraña visita» de Gracia Iglesias Lodares e acercámonos a contarllo ás aulas de Infantil dos seus irmáns.
Fermosa experiencia!!





TRES MESIÑOS EN PRIMARIA
Os nenos e nenas de primeiro xa estamos adaptados a Primaria e queremos compartir con vós algunhas das experiencias vividas durante o primeiro trimestre.
2º seguimento, Proxecto ELISA
É un breve documento resumo dos datos recabados, neste caso, durante o segundo ano de andadura do proxecto (véxase documento adxunto). Desexamos que a través da súa lectura, quenes formades parte da Comunidade ELISA obteñades información do avance do estudo e poidades comprobar a vosa importancia como participantes do mesmo. Confíamos en que esta información sexa do voso que interese e vos anime a seguir implicadas/os no estudo.

















































