Category Archives: Asociacións colaboradoras
EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar
Atendidas as propostas de mellora recollidas en edicións anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. https://espazofamilias.org/
Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.
Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.
As sesións estarán a cargo de:
Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións
Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina)
Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social)
Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:
https://espazofamilias.org/reserva
As demais actividades non precisan de reserva.
Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril
Hora: 18.00h
Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
FESTIRITITITI 2022
Festival inclusivo que ORGANIZA a asociación AMICOS que celebraremos o próximo día 2 de decembro de 11:00 a 13:30 no parque boirense da Cachada (en caso de choiva trasladarase o polideportivo de Barraña).
Na actividade, ademais dos integrantes de Amicos, participarán alumnos e alumnas dos seguintes centros escolares:
CEIP ESCARABOTE, CEIP CABO, CEIP SANTA BAIA, PAZO DE COROÑO, IES BARRAÑA, CEIP PRAIA XARDÍN (BOIRO), CEIP O GRUPO, PLURILINGUE DE ÁRTES, COLEXIO GALAXIA E CEIP BAYÓN (RIBEIRA), CEIP CERNADAS DE CASTRO (LOUSAME), CEP PILAR MAESTU SIERRA (POBRA) CPI DOUS DIS (ROIS).
Máis de 700 escolares que se suman aos 200 integrantes de Amicos.
O principal obxectivo desta festa é conmemorar o día da discapacidade dunha forma
divertida e inclusiva.
(https://www.un.org/es/observances/day-of-persons-with-disabilities)
Cando as pantallas educan
ÚLTIMO FALADOIRO
12 de MAIO ás 18:00h no salón de actos da Casa de Cultura «A Cachada» (sen inscrición previa 17:45h)
No mes de febreiro comezaron en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saudable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC).
Trátase dunha iniciativa organizada por Espazo Familias Boiro a través da súa Escola de Nais e Pais (ENAPA) colectiva na que colaboran economicamente o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) pertencente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Boiro. O título das xornadas: Cando as pantallas educan.
Programación MAIO, csCabo
FALEMOS DE ADOLESCENCIA E CANNABIS
Como afecta o cannabis a fillxs…
María José Iglesias Fungueiriño.
Psicóloga.
Especialista en Terapia Familiar,
Promoción da Saúde e Prevención de Condutas
Adictivas.
XOVES 13 ÁS 18:00, INSCRÍBETE, clica nos enlaces que están debaixo da imaxe, escaneando o código QR ou entrando na web espazofamilias.org.
Amnistía Internacional Barbanza
Misión
A nosa visión é a de un mundo no que todas as persoas disfrutan de tódolos dereitos humanos proclamados na Declaración Universal de Dereitos Humanos e noutros instrumentos internacionais de dereitos humanos.
Animados por esta visión, a nosa misión consiste en realizar labores de investigación e acción centradas en impedir e por fin ós abusos graves contra tódolos dereitos humanos.
INFORMACIÓN
Más información
Amnistía Internacional é un movemento global independente con máis de 7 millóns de socios e socias, activistas e simpatizantes que actúan contra a inxustiza defendendo os deereitos humanos en todo o mundo.
Premios
Premio Nobel da Paz en 1977
Productos
Ciberactúa: https://www.es.amnesty.org/actua
Convírtete en activista polos dereitos humanos: https://www.es.amnesty.org/actua/voluntariado/… Ver más
Callejeros Barbanza
Proxecto Elisa
O proxecto ELISA nace coa intención de realizar un estudo lonxitudinal a gran escala, centrado na análise do desenvolvemento condutual, emocional e psicosocial dos nenos e nenas galegos/as dende os primeiros anos de escolarización (etapa Infantil).
Esperamos contar cunha mostra inicial de máis de 2000 nenos e nenas, de entre 3 a 5 anos, escolarizados en centros educativos de diversas zonas urbanas, rurais e semirurais de Galicia. Isto permitiranos analizar en profundidade os factores que se relacionan co benestar e o desenvolvemento saudable dos nosos cativos, co fin último de deseñar estratexias educativas que promovan ese benestar e axuden na prevención de dificultades temperás ao longo da infancia.
No proxecto ELISA contamos coa estreita colaboración dos colexios e das familias. É por iso que este espazo pretende ser un punto de encontro entre todos/as aqueles/as que fan posible o desenvolvemento dun proxecto destas características.
Esperamos que sexa do voso interese. Benvid@s!!
FORO ECOLÓXICO DE BOIRO
Hoxe en día, nun mundo cada vez máis globalizado, nacen por diversos currunchos iniciativas de colaboración cidadá, xa ben en forma de asociacións máis ou menos formais, xa ben en forma de actividades puntuais.
O foro ecolóxico de Boiro naceu dos encontros entre persoas que se coñecían e que compartían uns intereses comúns: alimentarse de xeito máis natural, equilibrado e sempre que fose posible con autoprodución ou produción local; aprender ou recobrar de quen o facía hai anos como cultivar as terras con respecto e seguindo os ciclos da propia natureza, sen forzala ou acelerala con produtos químicos; aprender a facer cousas para nós e por nós mesmas e rexeitar o consumismo desaforado que nos domina. Son estas, e moitas outras arelas, as que serven de alicerces para o proxecto, un camiño lento e de longo percorrido que iniciamos. Ese grupo de persoas, diferentes en moitos aspectos e iguais noutros tantos, falou, intercambio ideas e propostas e decidíu que o mellor xeito de facelo era fundar unha asociación. Así naceu unha nova entidade sen ánimo de lucro no concello de Boiro e na comarca da Barbanza, na que quen queira participar, aínda que sexa poñendo un gran de area, é benvido.
https://www.facebook.com/foroecoboiro/
A nosa actividade ramifícase, de momento, nos seguintes aspectos: grupo de consumo, feiras, formación e actividades de (re)coñecemento da contorna e dos seus recursos.
Todos eles están enfocados a conseguir que as persoas se impliquen na conservación, valorización e mellora do mundo no que vivimos. Todo isto desde o respecto ás persoas, ao medio urbano e rural, aos coñecementos e saberes de hoxe e de onte. A nosa maior ansia é que cada individuo, que por si mesmo pode non ter forza nin capacidade de mudar a sociedade, se xunte cos seus veciños, coas persoas coas que comparte espazo e tempo vital e traballe día a día, paso a paso, por vivir mellor e de xeito máis xusto e respectuoso con todo o que o rodea. A tardanza en ver os froitos desta colleita pode desanimar a moitos, pero os cambios levan tempo para que, igual que unha semente, collan forza e medren ata dar os seus froitos.
Esperamos que desde as xeracións máis vellas, depositarias de tantos saberes que non deben perderse, ata as máis novas, que son coma as leiras que debemos coidar con agarimo e encher de sementes que frutificarán, vaian deixando un pouso neste camiño e que dure moitos anos. E tamén saber compartir este traxecto con outras asociacións, entidades e empresas que teñan obxectivos compartidos e que poidan achegar a súa experiencia, recursos e ideas para complementar e mellorar esta iniciativa.