Category Archives: ANPA Torre de Goiáns

Festa fin de curso ANPA

            A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar este MÉRCORES 19 de Xuño a festa de fin de curso. Será no colexio, desde as 16:30 a 19:00 horas.

A entrada será gratuíta para os/as socios/as da ANPA, mentres que os non socios/as terán que pagar unha entrada de 3€.

Contaremos con 2 inchables de auga e remataremos ca festa da espuma.

 Aproveitamos a ocasión para desexarvos a todos un feliz verán!!

A Xunta Directiva.

Escrito para a non participación na Avaliación Diagnóstica

Tal e como se nos solicitou onte na reunión, deixamos aquí un modelo de xustificación para os alumnos que non asistan ó centro os días da reválida.

Números premiados nas rifas

Os números premiados nas rifas da excursión de sexto son:

4689 premiado con 300€
6521 premiado con 100€

Os premiados, póñanse en contacto coa ANPA.

Que teñen os nosos xóvenes na cabeza? …

Estimadas familias,

Comprácenos convidalas á ÚLTIMA xuntanza de EspazoFamilias (EFs): Os estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia,  que terá lugar o xoves 9 de MAIOna Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

O programa deste EFs abranguerá catro xornadas de dúas horas de duración. Teñen un carácter preventivo, polo que están indicados para familias con alumnado en idade adolescente ou de primaria, son altamente recomendables:

  • 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.

Os expertos que guiaron esta actividade formativa son os mencionados a continuación:

 Prof. Dr. MANUEL ISORNA FOLGAR

Prof. Dr. ANTONIO RIAL BOUBETA

Psicóloga clínica Dª BELÉN MONTESA

Poden inscribirse para esta última actividade (non obriga a asistir a todas, só é un documento de previsión que nos axuda a unha correcta organización) temos previsto para o vindeiro xoves 9 de maio ás 18:00h no salón de actos da casa da cultura «Ramón Martínez López» A CACHADA.

Os obxectivos da sesión:

  • 9 de maio: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online. Qué debo saber como pai/nai?
  • Será conducido polo dr. Manuel Isorna Folgar.
  • Ao remate, faremos unha posta en común para valorar e tentar mellorar esta iniciativa durante un ágape que prepara o concello.

Contamos con vós. Sen a vosa participación esta actividade non terá ningún sentido.

Inscricións en calquera secretaría dun ceip / ies boirense ou en espazoboiro@gmail.com.

Festa de Entroido

A ANPA Torre de Goiáns convídavos á Festa de Entroido.

FESTA DO MAGOSTO

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar este VENRES 26 de OCTUBRE a festa do Magosto. Será no pabellón do colexio, desde as 16:30 ata as 19:30 horas.

A entrada será gratuita para as familias socias da ANPA. Os precios das entradas para  non socixs será de 3€ nenxs e 2€ adultxs.  A ANPA aportará as castañas, e ademais contaremos con monitorado, inchables e música para o disfrute da rapazada.

Instalarase unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a precios populares, co fin de recaudar fondos para as excursións. Asimesmo, pedimos a vosa colaboración na preparación e elaboración da merenda, con postres, dulces típicos…  que podedes traer ese mesmo día a festa.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

 

A Xunta Directiva

Propostas para escola de pais

Dende a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria piden a nosa colaboración para por en funcionamento escolas de nais e pais.

Solicitan que a ANPA recolla a seguinte información:

1. Temática/s de interese.

2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.

3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.

4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

Por favor, se hai algún tema que vos pareza interesante para este tipo de formación dirixida a nais e país, podedes deixar aquí as vosas suxerencias antes do 15 de outubro.

Moitas gracias.

Info sobre autobús

Para corrixir malentendidos, lembramos que o prezo para os usuarios de autobús que fagan o traxecto de ida e volta é de 32€. Un traxecto, ida ou volta, serían 16€.

Reciban un saúdo.

Información para o novo curso da ANPA

Clicando nos links poden acceder á documentación de inicio de curso que se fixo chegar desde a Anpa Torre de Goiáns.

 

 

Asamblea xeral ordinaria.

Información inicio de curso da Anpa.

Impreso alta e renovación de socios.

Servizo de madrugadores.

Actividades ofertadas para o curso 18-19

Curso «Ofimática divertida para nen@s»

 

Informacións sobre a avaliación diagnóstica

A continuación indícase o texto do comunicado enviado pola CONFAPA Galicia:

COMUNICADO

Para o anterior, e todos aqueles que o necesiten, podedes acceder ao modelo de xustificación seguinte:

xustificación