Category Archives: BIBLIOTECA
Paso visible da ISS
Achegamos unhas indicacións para poder disfrutar da visión do paso da ISS polo ceo boirense.
Paso visible 1 de diciembre 2017
Pasos visibles semana 27 nov 03 dec
Esperamos que vos guste!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES coas seguintes actividades:
- Contacontos no recreo:
- Sesión de formación de usuarios. O alumnado do centro acudirá á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
- Posta en marcha das mochilas viaxeiras para 5º e 6º.
- Entrega ás familias do tríptico explicativo do funcionamento da Baiabiblio
CLUB DE LECTURA
Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.
O libro elixido polos membros do club é «Ojos de nube», de Ricardo Gómez.
http://baiabiblio.blogspot.com.es/
TALLER DE XABÓN

PARA MESTRES, NAIS /PAIS E PERSOAL NON DOCENTE DOS CEIPs DE BOIRO
Para apuntarse, chamar ao 881866595
XOVES 8 DE XUÑO
18:00h a 20:00h na cociña do Centro
Coñeceremos os distintos tipos de xabón que se poden facer.
Ecolóxico, usamos aceite usado alimentario, altamente contaminante vertido directamente polo sumidoiro.
Económico, pois a elaboración ten un menor custe que o xabón que mercamos.
Coidamos a nosa hixiene.
Se te animas, tes que traer o seguinte material:
– 1 caldeiro pequeno de plástico duro (3 litros apróx.)
– 1 espátula de silicona
– Batidora eléctrica (unha por cada dous participantes)
– 1 utensilio para remexer con mango longo (plástico ou aceiro)
– 4 tetra bricks limpos.
– Mandil.
Organiza:
Biblioteca Escolar
Ceip Santa Baia
Foro ecolóxico de Boiro
Ponente:
Ana Vázquez
PRAZAS LIMITADAS, por orde de inscrición na secretaría do Centro.
Taller xabón(CARTEL)
EXPOSICIÓN TEMÁTICA SOBRE OS MUÍÑOS

Co gallo da celebración das Letras Galegas, solicitamos a vosa colaboración aportando aparellos relacionados coa actividade muiñeira (peneiras, cuncas, ferrados, pás…) para realizar unha exposición sobre o tema.
Poderes achegar estes materiais a partir de mañá. A exposición permanecerá no centro durante o mes de maio.
DÍA DO LIBRO 2017
O luns 25 de abril realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaba un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.
Calquera lugar é máxico cando compartes un libro: as escaleiras, un banco, o tobogán…
Para rematar, cantamos xunt@s a canción de Pablo Díaz «O libro».
Muíño de Brazos (Casa das Camelias)
Biblioteca escolar organiza visitas a muíños do noso entorno.
Gracias a esto, fixemos un interesantísimo descubrimento…