Category Archives: Dinamización

Mércores de Entroido, un día para estar coma na casa!

Para mañá mércores, teremos que vir todos con bata ou albornoz!!

Que ideas tan tolas teñen os nosos Felipes… Pero grazas a eles que comodóns vamos a estar!! 🙂

134057783

Vaia vaia cos artistas do BAIA!!


BAIA MUSEO

      Os alumn@s do Santa Baia son uns auténticos artistas! Agora «déuselles» por coller a brocha fina e facer cadros tendo en conta unha diversade de pintores, na súa maioría galegos.
Pasen e vexan!

Preparando o Samaín…

 

 

No Santa Baia xa comezaron os preparativos para festexalo Samaín… comeza tremer…

 

 

 

 

 

 

 

 

Semana das letra galegas

letras 1Coa celebración da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS achegámonos ao momento máis relevante do curso escolar no que ao uso da lingua galega se refire.

Este ano fixémolo da man do poeta Xosé Mª Díaz Castro e de Rosalía que despois de 51 anos da celebración daquel 1º Día das Letras Galegas, volveunos a sorprender coa aparición duns poemas inéditos que podedes atopar no seguinte enlace:

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/24863/IneditosPoeticos-RdC-RAG.pdf?version=1.0

aos que quixemos darlle un espazo destacado porque “Rosalía segue entre nós”.

letra 3Ao igual que fixo Díaz Castro amosando os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu e que con tanta intensidade latexan na súa obra “Nimbos”, nós tamén quixemos darlle importancia ao que nos rodea. De aí naceu a exposición “O Noso mar fala”:

 VIDEO COLABORATIVO «PENÉLOPE»

(de Xosé Mª Díaz Castro)

Proxecto no que participou o noso centro.