Category Archives: Dinamización
Gañadores!
… «nesta ocasión, o amor triunfou, pero non calquera amor, o amor Incondicional de verdade». E así foi, «Amor InCondicional» triunfou proclamándose o vídeo gañador do proxecto EcoVoz deste ano. Noraboa ao alumnado de 6ºC por implicarse e promover o traballo en equipo! E como non… ao noso polifacético mestre de música, Gus, por ser quen de remover e axitar ás masas en busca dun bo traballo.
🙂
Enche as rúas de arte!
Novo concurso Infantil e Xuvenil de Boiro. Organiza: AACUB e Concello de Boiro.
Participantes: Categoría Picassos (5 a 9 anos) e Categoría Laxeiros (10 a 14 anos).
A inscripción será na Casa da Cultura, Parque da Cachada, ese mesmo día de 9:00 ata as 11:00h. Os concursantes presentarán os soportes onde van pintar e debuxar que serán selados como única obra apresentar.
A entrega terá como límite as 14:00h. na Casa da cultura.
Anímate e divírtete!!
«ARTES» GALEGAS!
Para brindar homenaxe a Manuel María, convertemos o cole nun auténtico museo poético onde cada clase fixo unha ilustración dun dos seus poemas. Pero non contentos con isto, organizamos unha búsqueda do Tesouro onde as preguntas xiraban ao redor do autor e dos murais feitos, o resultado… UNHA PASADA! 🙂
Coma sempre, convidámosvos a que pasen e vexan… 🙂
UN TWEET POLA LECTURA!
Para conmemorar o Día do Libro, cada clase buscou unha maneira singular de promover a lectura. Incluso os máis pequen@s fixeron a súa pequena aportación: «A lectura é a fábrica da imaxinación!» (4ºInf.B)
Ben feito!
Se queres ver outros exemplos, fai click a continuación!
Libros? 24 razóns…
Neste mes e parte do que vén, actualizaremos o Twitter con frases a prol da lectura. Farase unha actualización diaria durante 24 días (24 clases) onde poderedes atopar dende refráns, adiviñas, pareados… ata referencias bibliográficas!
Síguenos: @BaiaLingua – #DíaDoLibro