Category Archives: EDLG

Mércores de Entroido, un día para estar coma na casa!

Para mañá mércores, teremos que vir todos con bata ou albornoz!!

Que ideas tan tolas teñen os nosos Felipes… Pero grazas a eles que comodóns vamos a estar!! 🙂

134057783

Vaia vaia cos artistas do BAIA!!


BAIA MUSEO

      Os alumn@s do Santa Baia son uns auténticos artistas! Agora «déuselles» por coller a brocha fina e facer cadros tendo en conta unha diversade de pintores, na súa maioría galegos.
Pasen e vexan!

COMPARTIMOS BOS DESEXOS!

Non só entre eles se desexaron boas festas senón que os nenos do Santa Baia quixeron trasladar os seus mellores desexos ao resto dos Boirenses. Para iso fixeron postais que logo deixaron nalgúns dos comercios de Boiro, como: Opticalia, zapatería Kecos, etc.

Así pois, COMO DIRÍAN OS MÁIS PEQUENOS: FELICES FESTAS!!

O Apalpador despistado!

   Este ano o Apalpador andivo moi animado, de feito ata fixo un vídeo onde lles quería amosar aos neno/as un pouco da súa historia e máis uns pasiños do seu xa famoso baile.
Pero ademais de contento e ledo por levarlle a tódolos nenos agasalliños tamén andivo un puco despitadiño… Durante a última semana de cole perdeu algúns dos seus obxectos: boina, bufanda, caxato, boneco de madeira… que os nenos/as,  moi amablemente,  lle axudaron a atopar.

Estas foron as clases máis rápidas e habilidosas á hora de buscar e rebuscar…  ata dar con estes obxectos perdidos!
En sinal de agradecemento o Apalpador deulles un almanaque do 2015.

3 anos

4 anos

5 anos

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxectivo perdido do Apalpador.

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxecto perdido do Apalpador.

 

2º3º

4º

5º

6º

Preparando o Samaín…

 

 

No Santa Baia xa comezaron os preparativos para festexalo Samaín… comeza tremer…

 

 

 

 

 

 

 

 

XARDÍN DO ENSINO

INAUGURACIÓN ESCOLAR

vista acto  O día 19 de xuño o Xardín do ensino do barrio de» Praia Xardín» empezou unha nova andaina, despois de ser recuperado como espazo da memoria  e público para o barrio.

  O proxecto desenvolveuse durante todo este curso escolar no noso centro, tal e como xa vos informarmos e publicamos aquí no mes de maio.

 O acto estivo marcado pola lectura dun manifesto,  cantigas de poemas de Xosé Mª Díaz Castro e Rosalía de Castro e finalmente a sinatura de todos/as os alumnos/as participantes  en  representación dos seus centros.

  lectura

 cantiga

sinaturas

Este proxecto permitiu a colaboración dos centros de ensino Santa Baia, Praia Xardín e a gardería de Rosa coa AAVV e terá como remate final unha gran celebración o vindeiro  sábado 21.

  Animádevos a disfrutar dos actos e deste novo espazo!.

A partir de agora depende de todos/as mantelo coidado.

manifestofesta cartel

Xornal

  A NOSA VISIÓN DO MUNDO

prensa1

Por  segundo ano consecutivo editamos o noso xornal escolar «CORREAULAS» que pretende dar a coñecer, a toda a comunidade educativa e aos veciños de Boiro, a realidade que nos chega a través dos medios de comunicación, reintepretada polo noso alumnado.
Repartimos exemplares, para a súa lectura, en tódalas aulas do centro e en todos os edificios públicos do Concello (centros sociais, biblioteca muinicipal, centro de saúde e centro de día) e aquí podedes atopar unha pequena mostra do que nel atoparedes.
ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UN VISTAZO!

prensa 2

Semana das letra galegas

letras 1Coa celebración da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS achegámonos ao momento máis relevante do curso escolar no que ao uso da lingua galega se refire.

Este ano fixémolo da man do poeta Xosé Mª Díaz Castro e de Rosalía que despois de 51 anos da celebración daquel 1º Día das Letras Galegas, volveunos a sorprender coa aparición duns poemas inéditos que podedes atopar no seguinte enlace:

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/24863/IneditosPoeticos-RdC-RAG.pdf?version=1.0

aos que quixemos darlle un espazo destacado porque “Rosalía segue entre nós”.

letra 3Ao igual que fixo Díaz Castro amosando os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu e que con tanta intensidade latexan na súa obra “Nimbos”, nós tamén quixemos darlle importancia ao que nos rodea. De aí naceu a exposición “O Noso mar fala”:

 VIDEO COLABORATIVO «PENÉLOPE»

(de Xosé Mª Díaz Castro)

Proxecto no que participou o noso centro.