Category Archives: 3º
Paso visible da ISS
Achegamos unhas indicacións para poder disfrutar da visión do paso da ISS polo ceo boirense.
Paso visible 1 de diciembre 2017
Pasos visibles semana 27 nov 03 dec
Esperamos que vos guste!
VENDIMA NO COLE
Todo o alumnado de 3º de primaria tivo unha xornada dedicada a coñecer un froito tan outonal como a UVA e os seus derivados: mosto e viño.
Puidemos elaborar e probar mosto branco e tinto, separar o bagazo e deixamos fermentar un pouco de mosto para ver o efecto que se producía para obter o viño.
Nunca víramos o gas que se produce e que tamén está na coca cola!!!!
É DIVERTIDO APRENDER VISITANDO A COCIÑA DO COLE!!!!!!!.
Non queremos medio ambiente, querémolo enteiro!
Ademáis de astrónomos, esta semana tamén fixemos de ecoloxistas. A pesares de que o gran Eclipse centrou a maioría da nosa atención, non nos quixemos esquecer de celebrar o Día Mundial da Auga.
Aquí queremos amosarvos un pouco do MOITO que traballamos os nen@s de 3º!
2 parcelas preparadas!!!!!
Unha vez que rehabilitamos as dúas primeiras parcelas e o invernadoiro, xa podemos comezar ca recuperación da zona Oeste do horto!
Na primeira parcela plantamos allos, repolos de dous tipos e nabos.
E no invernadoiro, puxemos semilleiros de dous tipos de piñeiros, sobreiras, carballos e diversos frutais.
SEGUIREMOS TRABALLANDO!!!!!
Horto escolar… en marcha!
Hoxe, venres 3 de outubro, comezamos cas actividades para recuperar o horto escolar. Bernardino González como capitán desta experiencia, nos guía para poder conseguir un produtivo horto na escola.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º A estiveron traballando arreo para limpar camiños entre parcelas, quitar as herbas malas e recollendo follas que nos axudarán a facer a terra máis fácil de traballar e produtiva.
Xa na cuarta xornada de horto se comeza a ver o froito do traballo de 3º, 4º, 5º e 6ºA…. Parabéns!!!!
Incluso o invernadoiro está casi listo para comezar a plantar!!!