Category Archives: 4º
2 parcelas preparadas!!!!!
Unha vez que rehabilitamos as dúas primeiras parcelas e o invernadoiro, xa podemos comezar ca recuperación da zona Oeste do horto!
Na primeira parcela plantamos allos, repolos de dous tipos e nabos.
E no invernadoiro, puxemos semilleiros de dous tipos de piñeiros, sobreiras, carballos e diversos frutais.
SEGUIREMOS TRABALLANDO!!!!!
Horto escolar… en marcha!
Hoxe, venres 3 de outubro, comezamos cas actividades para recuperar o horto escolar. Bernardino González como capitán desta experiencia, nos guía para poder conseguir un produtivo horto na escola.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º A estiveron traballando arreo para limpar camiños entre parcelas, quitar as herbas malas e recollendo follas que nos axudarán a facer a terra máis fácil de traballar e produtiva.
Xa na cuarta xornada de horto se comeza a ver o froito do traballo de 3º, 4º, 5º e 6ºA…. Parabéns!!!!
Incluso o invernadoiro está casi listo para comezar a plantar!!!