Category Archives: AL
Non é Rotacismo é Lambdacismo. De R a R e tiro porque alguén me quere…
Hoxe na aula de AL estivemos a traballar cos R, esos fonemas que traen de cabeza aos pequenos e non tan pequenos. Moitas veces escoitamos que cando cando unha persoa non pronuncia ben o fonema /R/ ten o chamado Rotacismo pero non é correcto. O rotacismo dase cando unha persoa converte certos rasgos fonéticos noutros ( normalmente o /L/ en /R/ ex: papel – paper ). Neste caso particular de hoxe, o alumno sustitúe as róticas percusivas ( R forte ) polos rasgos fonéticos do fonema lateral /l/ , chámandose este proceso lambdacismo ( bastante común). A que de seguro moitas veces escoitáchedes a un cativo/a dicir : /latón/ en vez de /ratón/ ou /cantal / en vez de / cantar/? … Pois este é o famoso LAMBDACISMO . Este fenómeno dase comunmente en Andalucía e países Latinoamericanos pero en ocasións tamén o vemos nas nosas aulas. Na intervención, levamos traballando varios días dende comezos de curso co Speechifyrtool e aprendendo a colocar e articular adoitadamente para pouco a pouco interiorizalo e utilizalo na súa linguaxe dirixida e espontánea. Hoxe tocou OCA LOCA para traballar os /R/ e vaia se o pasamos pipa á vez que pronunciamos , colocamos e corriximos. Por certo perdín as partidas…
Nunca entendín o mundo Pokemon pero as veces é necesario como recurso AL…
Boas a todos/as , hoxe comparto dúas fotos dalgunhas cousiñas que estivemos a traballar na aula de AL. Por un lado xogamos coas casiñas léxicas que nos serven para aumentar vocabulario dos alumnos/as de infantil traballando por categorías ( elementos da casa, mobles, xoguetes, animais, etc.). Con elas os alumnos/as poden nomear, recoñecer o que se lle demanda ou definir un concepto. Por outro lado, baseándonos nos gustos dalgún alumno ( estratexia para facerlle máis agradable a tarefa) fixemos carreiras con Pokemon para conseguir a Pokeball a medida que imos escribindo ben as palabras . Nesta tarefa o que se quere traballar e a «LOUCURA» da B e da V que tanto lles trae de cabeza. Co xogo, imos interiorizando e diferenciando o uso das mesmas en palabras de ortografía regrada e arbitraria con este fonema tan «tolo» de doble grafema.
Busca a mensaxe secreta.
A conciencia fonolóxica é uns dos aspectos máis importantes como prerrequisito para ter un bo proceso lectoescritor. Dentro desta conciencia fonolóxica se inclúe a conciencia léxica, silábica e fonémica ( traballalas auditiva e oralmente ). Despois que todo isto esta ben interiorizado, aparece o momento de dar o salto e pasar a introducción do grafema ( correspondencia fonema-grafema ). Nesta actividade que amosamos hoxe , estamos a traballar as mensaxes ocultas de maneira oral xogando coas sílabas iniciais de cada debuxo e elaborando oracións escritas. CONSELLO DO DÍA: Se queredes que os vosos fillos/as teñan un afianzamento do proceso lectoescritor é necesario que vos fagades moi amigos da conciencia fonolóxica xogando con algunhas actividades como estas: contar con saltos as sílabas, contar as palabras nunca oración, xogar a palabras encadeadas, sacarlle unha sílaba a unha palabra e dicir a resultante, dicir os fonemas e colocar a boca, memorizar e adquirir novo vocabulario, nomear palabras que comecen por un fonema determinado, etc.
Unha historia de vida.
Dende a aula de AL andamos a ver os gustos e particularidades nos nenos/as para poder traballar as súas necesidades. Un dos proxectos de traballo que temos en marcha cunha alumna , é unha árbore xeneolóxica para poder falar e escribir sobre a historia de vida ( excusa para traballar outras cousas), . Pero … unha árbore porqué? Pois mediante a árbore podemos falar e escribir da familia, de acontecementos ocorridos , de situacións e de historia . Tamén aprendemos a planificar unha redacción con autoinstruccións , a organizar a información, manexar as TIC , adquirir novo vocabulario e mellorar a morfosintaxe. Cando todo esté un pouco máis avanzado seguiremos subindo fotos. Saúdos e bo xoves familias!
Hoxe vai de inventos a cousa.
O grupo de dinamizacións da Biblioteca, elaborou estos días pasados un recurso moi bo e traballoso para poder usar todos os alumnos/as do centro . Dende a aula de AL , saímos a biblioteca para utilizalo como recurso didático e traballar o seguinte: Función executivas ( atención sostida, planificación e organización das tarxetas , inhibición e outros. ), comprensión lectora de oracións, traballo conxunto con alumnos con TEA e adquisición de novos coñecementos sobre inventos. Como vedes aprender é divertido!
Xogamos coa granxa!
Hola familias: O xogo simbólico é un tipo de actividade onde os nenos/as, xogan e imitan a persoas , situacións e circunstacias . Con este xogo , se axuda aos pequenos a interpretar e asimilar o mundo que lles rodea. Antonte estivemos xogando coa granxa , coa que traballamos vocabulario e morfosintaxe , relacionada cos animáis elaborando frases de D+S+V e estimulando a linguaxe oral mediante onomatopeas. Vémonos!