Category Archives: 3º
TAREFAS 3º,SEMANA 4 AO 8 DE MAIO
Empezamos novo mes, o dos «Maios» (mandámosvos un enlace para que os decubrades https://www.youtube.com/watch?v=UCZCm1q4Kwc) ,o das nosas letras galegas o do despertar á vida da natureza.
E agora tod@s, máis que nunca, empezamos a despertar. Por fin imos empezar xa a gozar con vós do pracer de pasear ao aire libre! Ánimo con esta nova semana, seguimos coa nosa particular conta atrás!!!!
TAREFAS 3º,SEMANA 27 AO 30 ABRIL
Imos alá coa 2ª semana da conta atrás!!Adaptade as tarefas aos vosos ritmos e as vosas necesidades.
Esta semana tamén vos propoñemos de forma voluntaria, para que vaiades facendo aos poucos as tarefas que realizabades en LUDI_TECA coa Cruz Vermella, botádelles un vistazo porque son enriquecedoras e entretidas! O venres é festivo, así que podedes disfrutar dese día en familia!!
TAREFAS 3ºSEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL
Imos empezar unha nova fase. Xa só nos quedan nove semanas para rematar o curso. Imos coa 1ª semana!! Ánimo peques, empezamos a conta atrás!!
Materiais 3º nivel
Todo aquel alumnado que non ten o material na casa, pode facer estas actividades de repaso en libretas vellas ou folios.
Se algúns dos exercicios propostos xa están realizados, non fai falla repetilos.
Materiais gratuítos para terceiro, editorial «La Calesa»: Tareas para casa cuarentena Coronavirus – 3º de Primaria
SAÚDOS