Category Archives: NOVIDADES
Excursión de fin de curso 2016 – 2017
Martes 6 de xuño de 2017
Lugo e Viladonga (Castro de Rei) on PhotoPeach
Romaría 2017
Foto resumo da romaría deste ano!
Fotografía e montaxe: Pablo Pena.
Música: Sonia Lebedinsky.
EXPOSICIÓN TEMÁTICA SOBRE OS MUÍÑOS
Co gallo da celebración das Letras Galegas, solicitamos a vosa colaboración aportando aparellos relacionados coa actividade muiñeira (peneiras, cuncas, ferrados, pás…) para realizar unha exposición sobre o tema.
Poderes achegar estes materiais a partir de mañá. A exposición permanecerá no centro durante o mes de maio.
O MES DAS NOSAS LETRAS
Dende o Concello nos ofertan esta completa programación!
(clica nas ligazóns)
DÍA DO LIBRO 2017
O luns 25 de abril realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaba un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.
Calquera lugar é máxico cando compartes un libro: as escaleiras, un banco, o tobogán…
Para rematar, cantamos xunt@s a canción de Pablo Díaz «O libro».
CONCURSO FOTOGRAFÍA
Toda a información no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170323/AnuncioG0422-200317-0004_gl.html

















































