Category Archives: NOVIDADES
2 de abril, día do autismo
O próximo martes, realizaremos unha xornada para a concienciación sobre a vida das persoas con autismo. Entre outras actividades, terán a oportunidade de compartir con nós un rato no Centro(de 10:00 a 11:00h). Se queren participar, teñen que persoarse na aula de música ás 9:45h.
Neste enlace poden ver un resumo de todas as actividades
NON SE ESQUENZAN DE VESTIR DE AZUL!!!!! A cor que se institucionalizou para dar visibilidade ao autismo.
No centro (e na vida) convivimos con persoas con autismo. Intentar poñernos na súa pel, pode axudanos a comprendelos mellor.
Sube o volume do teu reproductor todo o que poidas, para que sexa unha experiencia más cercana.
5º curso… E-DIXGAL
O CEIP Santa Baia ven de adscribirse ao proxecto de Educación Dixital en Galicia (E-Dixgal), que ten como obxecto favorecer a incorporación xeralizada das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos Centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e de outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria.
Os centros adscritos deberán utilizar a este proxecto terán acceso a un entorno virtual de aprendizaxe cos contidos gratuitos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os Centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder deste entorno e/ou proporcionados polo Centro. Si o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán utilizarse como complemento de apoio.
O alumnado de 5º do noso Centro contará cun equipo informático aportado pola xunta para cada un deles, do que serán responsables as familias.
Calendario Escolar 2018-19
Fondo Solidario Libros de Texto
Lista de alumnos/as admitidos no fondo de Libros
listaxes axudas adquisición de libros e material escolar
– Publicación de listaxes definitivas : 6 de xullo .
– Recollida de vales do 6 ao 17 de xullo e do 1 ao 12 de setembro.
– Entrega de libros do 1 ao 12 de setembro
Nova distribución de zonas para a entrada-saída do alumnado
Informamos dun pequeno cambio na distribución do patio cuberto do edificio de Primaria.
Con este cambio intentamos axilizar a entrada do alumnado e mellorar a organización á saída.
Por favor, respeten as zonas que están reservadas ao alumnado para non entorpecer a entrada-saída do edificio.
Proposta de colocación do alumnado2
GRACIAS
LECTORES ELECTRÓNICOS
A Baiabiblio pon a disposición do alumnado de 6º tres lectores electrónicos kindle.
O préstamo dos lectores deberá solicitarse no recreo dos luns, na biblioteca e deberá devolverse no prazo de dúas semanas.
Os títulos que inclúen os lectores, inicialmente, son os seguintes:
– El mundo de Norm. Jonathan Meres.
– Astérix e Cleopatra. René Goscinny.
– Wonder. La lección de August. R. J. Palacio.
– A señorita Bubble. Ledicia Costas.
Felicitación do Nadal
Queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para este Nadal e o novo ano que nos agarda.
Consumo responsable, NADAL
Esperamos que desfruten dun Bo Nadal e teñan un FELIZ 2018
















































