Categoría : NOVIDADES

ESTALMAT GALICIA

ESTALMAT

cartel_2016_17

Proxecto para o estímulo do talento en Matemáticas…

ESTALMAT DIPTICO 2016

TARDE DE CONTOS.

O mércores 13 de abril, ás 16:45, teremos con nós á profe Ana Lojo para contarnos un divertido conto en inglés, que leva por título «A COLOURFUL FRIENDSHIP». Ao rematar, Ana tennos preparada algunha sorpresa.

Non faltedes!!

estaciones-ingles

Libros? 24 razóns…

dia-del-libro-2016-stockvault-story-book---childhood-imagination-concept182254

Neste mes e parte do que vén, actualizaremos o Twitter con frases a prol da lectura. Farase unha actualización diaria durante 24 días (24 clases) onde poderedes atopar dende refráns, adiviñas, pareados… ata referencias bibliográficas!

Síguenos: @BaiaLingua  – #DíaDoLibro

 

«ENCRUCILLÁMONOS!»

Para repasar de maneira lúdica os contidos traballados ata o momento, os alumnos/as de 6ºC fixeron uns encrucillados para para resolvelos entre eles/as.

Aquí volos deixamos por se queredes poñervos a proba! Deixaremos un exemplar na biblioteca do centro para poder fotocopialo se o desexades. Lembrade que as respostas poden ser de calquera área.

 

Anímate e «encrucíllate» a pensar!!

Que vén, que ben!

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o polifacético escritor Manuel María Fernández Teixeiro.

Pouco a pouco iranse subindo novos materiais feitos por distintos colexios. Polo tanto, aquí vos deixamos unha gran oportunidade para coñecer a este célebre escritor galego e participar na creación de novo material.

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO. LETRAS GALEGAS 2016.

 

ECOVISITA

O alumnado de 6ºC están inscritos nun concurso de radio ECOVOZ, e unha das actividades é recomendar un lugar de interese ecolóxico do seu concello…

Se queres saber cal elixiron… escoita!!!

 

Atopados!!

Velaquí os gañadores do Manifesto do Día da Paz 2016!!!! Polo tanto, teremos o pracer de escoitar os seus poemas o día 28 de xaneiro.

Noraboa a Lucía de 4º, Víctor de 5º e Rita de 6º

 

 

20160120_120738 20160120_120732 (1) 20160120_120751 20160120_120746

BÚSCASE!!!

Búscase ao protagonista da lectura do manifesto “pacífico” para a celebración do Día da Paz no cole!

Se queres ser ti, terás que ter en conta o seguinte:

1.- Buscar un poema de Manuel María relacionado ca Paz. E se te animas incluso versionalo ao teu antollo!!

2.- Un xurado seleccionará o manifesto gañador que será anunciado nestes carteis. Este gañador/a lerá o seu escrito no día da Paz para todo o colexio.

3.- O texto pódese entregar de maneira individual, en grupos ou ben un por clase.

4.- Os participantes deberán achegar o seu escrito á clase de 6ºC antes do día 20 de xaneiro.

CLASES PARTICIPANTES: 4º, 5º, 6º

B_SCASE_

BO NADAL!!!

 

20151218_135613

Velaquí o resultado do traballo realizado polas familias. Un collage moiapropiado para estas datas composto de debuxos do Nadal cheos de verbas en galego, a maioría delas pouco coñecidas!

En resumo, xenial familias!!

20151218_135735 20151218_135837 20151218_135855 20151218_135800

?

?

Este xoves… GRAN VISITA!!!

Os paxes dos reis magos virán a comprobar o ben que vos portades para que os Reis Magos de Oriente vos traian fermosos regalos este Nadal!

Non vos esquenzades de darlle as vosas cartas!!!!

paxes