Category Archives: NOVIDADES

NOVIDADES NA BAIABIBLIO

Estes son os novos libros que xa podes ler na Baiabiblio.

Formación para familias

A igualdade apréndese.

Martes 26 de novembro ás 18:00h no Centro Social de Abanqueiro.

Aberto a todas as familias dos centros educativos de Boiro.

CULTURES MEET IN EUROPE

Entre as actividades a realizar dentro do Proxecto Erasmus, está a participación en proxectos eTwinning en colaboración con centros educativos de Europa.

Durante o curso pasado, participamos no proxecto «Cultures meet in Europe» xunto a centros de Portugal, Albania, Reino Unido, Polonia, Austria, Italia… Durante o mesmo, realizamos actividades nas que compartimos e aprendemos acerca da xeografia, cultura e tradicións dos diferentes países participantes.

Aquí podedes ver unha mostra da nosa participación:

O UNIVERSO NO TEITO!!!

Axudas conciliación familiar Concello

Enquisa para as familias

TERCEIRO TRIMESTRE

Xa remata o curso e…. que rápido pasou! Agora toca lembrar o que fixemos durante o terceiro trimestre…

BAIA RADIO 7 E 8

No programa da Baia Radio 7, os nen@s de 2ºB fálannos do mes de maio.

Os nen@s de 5ºB, adicaron o  programa número 8 da nosa radio ás Letras Galegas e ao autor homenaxeado deste ano, Antón Fraguas.

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Os nenas e nenas de 2º e 5ºC tiveron a sorte de coñecer a Yolanda Castaño, autora, entre outros, do libro que están a traballar na clase: «Coller as rendas».

Os alumn@s de 2ºC e 5ºC están realizando stop motion basados nos seus poemas. Aquí vos deixamos unha mostra:

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, día do Libro, recibimos a visita de Xulio Gutiérrez para presentarnos o seu novo libro: «Viaxeiros».

Realizamos unha actividade de apadriñamento lector na que todo o alumnado compartiu un agradable momento de lectura, aínd que esta vez acompañounos a chuvia.

Por último, os nenos e nenas de 2ºC e 5ºC adicaron  o programa de radio ao Día da Terra e ao Día do Libro.