Froita fresca na escola

Estas son as froitas que distribuiremos durante estas semanas antes do recreo para fomentar o consumo de froita.

CAMPAMENTO DIXITAL

Inscribirse no correo electrónico da Anpa (anpatorredegoians@gmail.com) antes do 16 de novembro. Taller: Grupo A: Campamento Digital – Línea 1.1 (9 a 11 años, nivel básico) Grupo B: Campamento Digital – Línea

TALLER DIGITAL. ¿Cómo proteger a la adolescencia de los riesgos de internet

https://www.eventbrite.es/e/entradas-taller-digital-como-proteger-a-la-adolescencia-de-los-riesgos-de-internet-1907613747069?aff=oddtdtcreator

Samaín 2025

O próximo 30 de outubro celebramos o Samaín no CEIP Santa Baia! Nos días previos nas aulas falaremos desta festividade e realizaremos actividades para que o alumnado coñeza esta parte da tradición

 

Somos ciencia

Nadal 2021

Luns 20… concertazo

Martes 21 chocolatada, videoconferencia cos paxes e outras actividades!

2ª ENTREGA DO «DÍGOCHO EU» METEOROLÓXICO

Mensaxe de Cornelio Filiberto

Bo día
Contactamos con vos desde a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia para anunciarvos que Cornelio Filiberto, axudante en Galicia do Rato Pérez, estará no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h., recollendo os dentes de leite da rapazada, para llos entregar as científicas e científicos do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana) na 8ª Campaña de Recollida de dentes de leite.

¿Para que os queren? Pois para diversos fines científicos, que van desde o estudio da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicos.

É importante que saibades que a Unidade de Cultura Científica do CSIC da apoio en Galicia a este proxecto de Ciencia Cidadá no que se recollen mostras biolóxicas. É por isto que, antes da entrega dos dentes, é necesario completar un formulario con diversos datos persoais e biolóxicos das nenas e nenos doantes,  e da súa familia (sexo, idade actual e idade cando se lles caeu o dente, tipo de alimentación, etc.). Ademais, nais ou pais deben asinar un consentimento informado sobre o uso que recibirán ditos dentes (asegurase o anonimato e a confidencialidade) polo que é importante que un deles polo menos, este na entrega.

A colección do CENIEH xa recolle a mais de 3.000 pezas dentais grazas a centos de doantes!!!

A rapazada que participe na doazóns terá de agasallo: un cepillo de dentes, unha entrada á Casa Museo do Rato Pérez (en Madrid, non inclúe gastos de desprazamento, aloxamento, etc.), e un diploma do propio Rato Pérez agradecendo a colaboración coa ciencia.   

Axuntase:

Mensaxe de Cornelio Filiberto para animar ás familias a entregar os dentes de leite:
https://we.tl/t-SWBb8eEYrD

Imaxe do Rato Pérez apoiando a Campaña:
https://we.tl/t-Au7S1Bw8i5
Saca os dentes do caixón e dóaos á Ciencia! Cornelio Filiberto espéravos no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h.

Ata pronto!!!

Programa de saúde bucodental en escolares

O concello de Boiro promove este programa organizado por profesionais na odontoloxía (odontólogo e hixienista bucodental) para o alumnado de todos os CEIPs do concello que se atopan no 2º e 6º nivel de primaria. Consiste en realizar un estudo, un exercicio pedagóxico e un seguimento para a mellora das dinámicas e saúde do alumnado durante este curso.

Todas estas accións se realizarán nos centros educativos acompañados da persoa titora e das persoas especialistas que realicen a acción.

Temporalización

1º trimestre:

  • Entrega dun maletín aos participantes con guías e materiais de hixiene.
  • Charla explicativa do que vai a consistir o programa.
  • Revisión e remisión de informe individualizado e confidencial ás familias de todo o alumnado participante.
  • Formación sobre anatomía e principais enfermidades buco-dentais.
  • Charla formativa e práctica sobre un correcto cepillado e hixiene bucal.
  • Inicio da fluorización semanal.

2º trimestre:

  • Fluorización semanal.
  • Asistencia de todo o alumnado de 2º e 6º a unha obra de teatro específica sobre este tema.

3º trimestre:

  • Fin da fluorización semanal.
  • Revisión bucal de seguimento e remisión de informe avaliativo do programa a todas as familias do alumnado participante.

Agardamos que o programa sexa do seu interese e animen a todo o alumnado a participar.

SAÚDOS

MAGOSTO 21

Estimadas familias, este venres 5 de novembro celebraremos o Magosto no centro.

Organizamos para esa xornada degustación de castañas asadas e xogos populares no patio. Cada alumna e alumno aportará 1 euro para o castañeiro que nos acompañará.

Aconsellamos que para esa xornada traian roupa cómoda e abrigada.

SAÚDOS, e grazas pola colaboración.

ESTE CURSO: DÍGOCHO EU METEOROLÓXICO!

Queremos a través da nova sección do Dígocho Eu dar un enfoque máis científico, didáctico e cultural ao noso proxecto, polo que cada mes ademais de poder seguir o programa de radio a través da páxina web tamén engadiremos a información meteorolóxica nun documento para poder ser consultada.

Igual no futuro o próximo home ou muller do tempo sexa un alumno ou alumna deste colexio. Nunca se sabe…

Este curso estamos de estrea no Dígocho Eu: o Dígocho Eu meteorolóxico.
O tempo meteorolóxico condiciona as nosas vidas, de xeito que saber que roupa imos poñer mañá ou se temos que coller o paraugas ou ir no coche porque chove, obríganos a estar pendentes del.
Este curso imos aprender no Digocho Eu cousas sobre o tempo e o clima, dous conceptos que seguro xa estudastes. E tamén nos imos atrever a facer prognósticos.
E se por culpa nosa algunha molleira agarrades, sempre podedes consultar na internet o tempo, nos dous organismos que o predín, un a nivel de toda España, a Aemet, e outro en Galicia, Meteogalicia.
Cando entrades e saídes do cole, non vedes uns aparatiños dentro dunha reixa? É unha estación meteorolóxica que mide as temperaturas, litros de chuvia e outros elementos. E eses datos, sabedes a onde van? Van á Aemet, temos no cole unha estación da Aemet. E de Meteogalicia, hai estación por aquí? Si, en Cespón, preto da igrexa.
Así por exemplo, gracias a estas estacións sabemos que esta semana do 25 ao 29 de outubro, a temperatura máxima en boiro rexistrouse martes e mércores en Cespón con 22o e a mínima marcouna a estación do cole o mércores con 6o. Luns aínda quedaron restos de inestabilidade da fin de semana anterior, polo que a estación de Cespón rexistrou só 5 horas de sol e a estación do cole contabilizou 0,4 litros de chuvia. O día máis soleado foi mércores, con 9 horas de sol en Cespón. Onte xoves chegaron xa cedo, pola mañá, as primeiras nubes asociadas a unha profunda borrasca noratlántica, que nos deixaron só 1 hora de sol, 38 litros de chuvia e un refacho máximo do vento de 49 km/h ata as 00:00 horas en Cespón, 23 litros no cole.
Esta semana cerramos o mes de outubro, e xa van dous de curso, parece que comezamos onte, e neste mes de outono por excelencia a estación de Cespón acumulou 178 litros de chuvia, a temperatura máxima que marcou foi de 29o e unha mínima de 5o, foron 169 as horas de sol e o refacho máximo do vento foi de 53 km/h.
E despois desta enchente de datos, aí vos vai a nosa primeira predición para os próximos días:


Para o día de hoxe venres
o magosto habíamos ter,
pero borrasca augafestas
foi e veuno suspender,
toda a finde deste Santos
ben auguiña havos de caer,

que con aletas para martes
ao cole habemos volver,
se truco e trato facer non podes,
de dicir non has esquecer:
Dííígocho Euuu!!!

Obras ampliación comedor escolar

Acabamos de recibir a confirmación, por parte da empresa adxudicataria, de que o próximo martes 2 de novembro darán comezo as obras de ampliación do comedor escolar do Centro a cargo da Consellería de Educación.

Tentaremos que interrumpa o menos posible as actividades escolares, pero algunhas si que sufrirán modificacións.

Durante as primeiras semanas da obra, quedan suspendidas todas as actividades dentro do edificio de primaria (si se manteñen no ximnasio e pabillón).

O servizo de madrugadores realizarase na aula de música (habilitarase unha zona co necesario) e o alumnado de infantil usuario do comedor terase que desprazar en autobús a Exipto (como están facendo os de primaria).

Este autobús terá un espazo reservado que debemos respectar desde as 13:00h ás 14:00h.

Á volta do comedor (15:30h), non deben aparcar na zona reservada ao bus na Avda. Compostela, posto que agora serán dous autobuses os que precisan aparcar aí.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA OBRA

Inicio: 2 de novembro.

Fin: previsión, finais decembro.

Os derrubes e obras máis aparatosas (ruidosas, desescombro…) realizaranse fóra de horario lectivo.

Características xerais da obra:

– Ampliación do espazo útil a máis do dobre do actual.

– Ampliación da zona de mesado para traballo/almacenaxe.

– 1 baño e 2 piletas máis (adaptadas a infantil).

– Un novo acceso directo desde o exterior.

– Presinstalación para un segundo lavalouzas e puntos de luz para nevera.

– Falso teito para mellorar a acústica.

TRABALLO PREVIO E DURANTE A OBRA

Unidade técnica de A Coruña: coordinar proxecto e execución.

Empresa: medición, presuposto, coordinarse coa dirección do centro e cumprir contrato.

Dirección do centro: facilitar organización, preparar os espazos e reorganizar servizos complementarios.

Persoal do centro: baleirar espazos afectados e adaptarse á nova estrutura.

Concello: colaborar con parte do mobiliario e adecuación de espazos.

Policía Local: velar polo correcto funcionamento do servizo de transporte escolar.

Anpa: organizar os servizos de madrugadores e comedor escolar.

Familias: colaborar coas características provisionais durante a obra (respectar zonas aparcamento buses, adaptarse aos novos espazos do servizo de comedor infantil e madrugadores).

SAÚDOS e desculpen as molestias que lles poidan ocasionar.

Volve… BAIA RADIO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 20 de setembro da Secretaría Xeral de Educación e FP (convocatoria no DOG do 29 de setembro de 2021), o próximo día 23, martes, en horario de 16:00 a 19:00 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

A xunta electoral aprobou o calendario polo que se rixe este proceso no que está chamado a participar toda a comunidade educativa (excepto o alumnado, que o fará en secundaria). Hai que elixir a 2 nais/pais (un/ha terceiro/a a proposta da Anpa) ou responsables do alumnado, unha persoa representante do persoal de administración e servizos e a 2 mestres/as.

4/11/2021: Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (recoller modelo na secretaría do Centro) e das posibles reclamacións ao censo.

11/11/2021, ata as 14:00 horas: Último día para a presentación de candidaturas.

16/11/2021, ás 10:00 horas: Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comezo das distintas campañas electorais.

23/11/2021: VOTACIÓNS. Mestres, claustro extraordinario ás 18:00h e pais/nais/titores legais de 16:00 a 19:00 horas.

24/11/2021: Publicación dos candidatos electos.

30/11/2021: Constitución do Consello Escolar.

Máis info e en secretaría. Censos nos taboleiros do Centro.