O APALPADOR
O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.
Non podes faltar!!!
CreandAMOS xuntos!!!
Para a
realización dunha actividade de índole artística- lingüística precisamos da colaboración das familias.
O venres pasado (4 de decembro) cada neno/a levou para casa un pequeno debuxo relacionado co Nadal co fin de que fose decorado e se escribira nel unha palabriña en galego pouco coñecida.
Con estes debuxiños construiremos unha árbore de Nadal que ambientará con cores, debuxos e fermosas verbas galegas a entrada do noso cole.
Graciñas de novo ás familias e esperamos que na vindeira semana podades ver o resultado! 🙂
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS COA BAIABIBLIO
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá… apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou…
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída…
Magosto, horto escolar.
Actividade organizada polo equipo de dinamización do horto escolar para complementar as actividades realizadas polas outros equipos de dinamización do Centro para o Magosto 2015.
RETO… CONSEGUIDO!!
Parabéns para Carolina Vila Rivas de 6ºC. O seu debuxo resultou ser o escollido para o calendario 2016 que se entregarán en decembro!!
Igualmente felicitar ao restos dos alumn@s participantes porque a elección resultou moi difícil. Por isto, o luns 23, na aula de usos múltiples, esperámosvos no recreo a todos aqueles que participaron no concurso, o para que non o dicimos para facervos «as ganas»!! 😉
O retorno dos nosos pintores!
E velaquí os traballos presentados para o concurso de debuxo (autocolante 2016).
O lema deste ano era: «O galego é a chave» en homenaxe a Manuel María (Letras Galegas 2016).
Verdadeiras marabillas!! Noraboa aos participantes!!
http://issuu.com/lauris39/docs/2?e=15902712/31431589
EN BUSCA DE OBRAS DE ARTE…
Como ven sendo habitual nestes últimos anos, os centros educativos que pertencen ao Barbanza pretendemos elaborar un autocolante 2016 para entregarllo aos nosos alumn@s. Pero para iso precisamos un debuxo ou imaxe que sexa o protagonista do calendario. Por este motivo, no noso cole organizouse un concurso de debuxo cunha serie de premisas para que tiveran en conta os pequenos artistas que temos no cole!

























































