Día da bici, sexta xornada sen CO2

Para o venres 13 de XUÑO realizaremos no centro a Sexta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello.

 12345

Festa fin de curso da ANPA

Proceso de formalización de matrícula 2024/2025

Do día 20 ao 30 de xuño iniciamos o proceso de formalización de matrícula.

Lembramos que as matrículas do alumnado que está a cursar estudos neste centro realizaranse de forma automática.

Para a formalización de matrícula do novo alumnado de Educación Infantil debe presentar os seguintes documentos:

Para o alumnado de Educación Primaria de novo ingreso será necesaria a seguinte documentación:

Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

Boas familias! Hoxe gustaríame compartir un video onde se recolle moi ben visualmente o TDAH e os seus tipos de clasificación. Coma familias e coma docentes é moi importante observar certas sinais que poden indicar a presenza do mesmo. Tamén , é moi necesario recordar que os TDAH subtipo Inatento pasan moi desapercibidos e enmascarados presentándose coma un alumnado tranquil@, con boas calificacións pero que con os anos poden comorbilizar con outros trastornos debido a non intervención axeitada e temprana.

Ante a sospeita ou dúbida de un posible TDAH, o máis recomendable é acudir ao pediatra , neuropediatra , psiquiatra infantil ou entidades con personal especializado, pois son eles os que únicamente poden facer un diagnóstico axeitado. O diagnótico é exclusivamente clínico e por tanto é un médico o que fai o mesmo , ainda que moitas veces pode estar apoiado por psicólogos, psicopedagogos, departamentos de orientación ou educadores que axudan a ter unha visión máis global do trastorno.

Aquí vos comparto o contacto da Fundación referente de TDAH de Galicia para consultar posibles dúbidas ou aspectos relacionados co mesmo. Instituto Galego de TDAH e trastornos asociados. https://www.fundacioningada.net/ . Moitos saúdos Maru

E chegou Xuño…

Boas familia! Chegou Xuño e por fin o sol! Na aula de AL, seguimos facendo diversas cousas en función das necesidades do alumnado. Aquí vos deixo algunhas das actividades feitas:

Motricidade Fina: Na etapa de infantil , como comentei en anteriores entradas, é imprescindible o traballo de Conciencia Fonolóxica e todas as conciencias que acolle dentro. Tamén é de gran interese a motricidade fina en relación co posterior proceso lectoescritor, por iso ás veces reforzamos esta área con xogos ou actividades. O traballo en motricidade fina en educación infantil, non solo prepara ás crianzas para as tarefas académicas coma a escritura senon que tamén os axuda a desenvolver habilidades esenciais para a súa vida diaria e benestar.

Pero… ¿ A qué nos referimos con motricidade fina? Pois podemos dicir que son eses movementos pequerrechos e precisos , nos que utilizamos mans e dedos , e que son esenciais para dibuxar, escribir, abotonar,cortar etc. Ademáis teñen moita importancia porque axuda ao desenvolvemento cognitivo ( concentración, atención, estimulación), prepara para a escritura ( coordinación mano-ollo, fortalecemento dos músculos das mans e brazos) e favorece a súa autonomía posto que lles axuda en actividades prácticas e fomenta a creatividade e a interacción social.

Lectura Global apoiada por pictogramas: A lectura global con pictogramas é unha metodoloxía educativa que utiliza imaxes (pictogramas) xunto con palabras para facilitar a comprensión e a aprendizaxe da lectura especialmente na aula de AL con nenos con dificultades de aprendizaxe ou NEAE. Aquí vos comparto algún video onde vemos o divertida que pode ser as veces este tipo de lectura.

Dificultades lectoescritura : Neste punto estivemos a traballar co método Diverlexia de «Carmen Silva » co cal, ao longo dos anos formeime e utilicei por ser para min moi completo e con contido e actividades divertidas para o alumnado. Ahí vos deixo algunhas das fotos onde se traballa a búsqueda e diferenciación de categorías gramaticais, vocabulario novo e conciencia fonolóxica.( léxica, silábica e fonémica)

Conciencia Léxica : A conciencia léxica , como comentei noutras entradas é a capacidade de recoñecer as palabras como un todo e manipulalas dentro da linguaxe . A conciencia léxica, nos primeiros anos é moi importante posto que conforma a base das habilidades lingüísticas para a aprendizaxe da lectura e escritura. Neste video que vos comparto , facemos o traballo de conciencia léxica de maneira oral ( posto que é na etapa de infantil) mediante pedras de cores ( traballo multisensorial ) que pode contar o alumnado para identificar o números de palabras.

Con isto despídome ata a próxima entrada onde os compartirei actividades e consellos para realizar co alumnado no verán. Saúdos.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025

Comeza o proceso de solicitude de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025.

Prazo de solicitude: desde o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

A contía da axuda para adquirir material escolar será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (certificado de imputacións).

LISTADOS PROVISIONAIS; venres 28 de xuño.

PERÍODO ALEGACIÓNS; luns 1 e martes 2 de xullo.

LISTAXES DEFINITIVAS; mércores 3 de xullo.

Poden pasar a recoller os vales a partires do xoves 4 e ata o xoves 18 de xullo en horario de secretaría. Tamén poden recollelos en setembro.

Os libros de texto entregaranse en setembro.

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

1º semana de maio

Boas familias! Esta 1º semana de maio estivemos a argallar varias cousiñas pola aula de AL. Por un lado estivemos coma sempre facendo diversas actividades relacionadas coa linguaxe pero esta semana fixémonos escritores para as nosas nais. O alumnado estivo a diseñar cartas moi bonitas e especiais para agasallar as súas nais nese día ( algunhas son fermosas e con moito corazón ).

Tamén estivemos a xogar ao mercadillo co alumnado de infantil para traballar vocabulario e articulación de sons xa adquiridos.

Como sabedes, a motricidade fina é moi importante, xa que é unha habilidade moi necesaria para facer tarefas de destreza manual como abotoarse, escribir,recortar, manipular, etc. O desenvolvemento da mesma, é crucial na infancia xa que permite aos nenos/as explorar o seu entorno, aprender habilidades académicas e desenvolver a independencia de actividades cotiás. É por iso que moitas veces utilizamos na aula de AL diversos recursos como o que vades ver, para potenciala . Nesta imaxe ademáis da motricidade fina estamos a traballar a orientación visoespacial.

Non vos vou a volver a falar da importancia da conciencia fonolóxica e a súa relación co proceso lectoescritor por iso , como vedes, é algo continuo na aula de AL.

Para rematar déixovos un video moi chulo onde unha alumna de 4ºcurso de primaria ensínanos vocabulario da familia en Lingua de Signos. Esta vindeira semana subiremos algúns mais.

https://youtu.be/D8VZI3D7LLk

https://www.youtube.com/watch?v=D8VZI3D7LLk

Coas mans na terra

O escultor Francisco Asorey (Cambados, Pontevedra, 1889- Santiago de Compostela, 1961) foi o artista homenaxeado no Día das Artes Galegas 2024. A súa formación transcorre en Barcelona e en Bilbao onde realiza os seus estudos e primeiras obras, nas cales se perceben as influencias de Rodin e Bourdelle. O seu regreso a Galicia permitiralle afondar no seu gusto polo románico compostelán, deixando na súa obra unha pegada permanente. Escultor realista, os seus mellores logros son unha serie de tallas policromadas centradas na muller, realizadas entre 1920 e 1926, como «Naiciña», «O Tesouro» ou «Ofrenda a San Ramón».

Os cativos e as cativas do noso centro, en sintonía co proxecto “Flora e Fauna” promovido pola Biblioteca municipal e as bibliotecas escolares dos centros boirenses, quixemos emular as figuras das mulleres aldeás representadas por Asorey, vestidas con traxes de festa, coas súas xoias e panos, mediante a modelaxe e decoración de coloridos testos que engalanan esta primavera algúns dos nosos espazos exteriores e corredores lembrándonos a importancia da natureza e o contacto coa terra.

Cousiñas de abril e chegando maio

Rematando o mes de abril deíxovos algunhas fotos das actividades que andivemos a facer na aula de AL.

O Tangram , é unha ferramenta moi versátil que nos axuda a traballar moitos aspectos. Neste caso ,estivemos a promover a creatividade, potenciar a coordinación motora e como non a mellorar o razonamento e pensamento lóxico, pensamento abstracto e a resolución de problemas. Como especialista recoméndovolo para usar na casa e xogar en familia,posto que é recomendado ata os 99 anos 🙂 .

Esta semana pasada, marchou a nosa alumna de prácticas Vane coa que o alumnado estivo moi contento ,pois se implicaba moito e foi moi cariñosa. Aquí podémola ver traballando nunha sesión de AL de infantil e alumnado TEA onde trata de potenciar a motricidade fina, coordinación mano-ollo e o inicio da grafía das letras.

Polo Día do Libro somos Detectives e tiramos do recurso dunhas compañeiras e fixemos de detectives mediante a comprensión lectora. Foi unha actividade que lles gustou moito, pois tiñan que ir seguindo as pistas e enganos buscando ao ladrón entre seis sospeitosos. Toda esta tarefa require de esforzo mental, traballo de razoamento, planificación, organización dos datos, comprensión lectora e ….. INTUICIÓN!! pois non é todo o que parece.

E que me dicides da actividade magnífica de Diverlexia » Metodo Diverlexia» realizada por unha alumna ? A verdade, pareceume moi creativa a asociación que encontrou entre os grafemas ( letras) e unha posible representación , mediante un debuxo que posteriormente o convertirá na súa percepción mental cada vez que teña que recordar como se escribe dita letra. Para que o entendades mellor… cando quera saber como se escribe VER recordará o debuxo da nena cunha V sinalando os ollos e non dará lugar a erro na escritura.

Kamishibai: Ademais do alumnado de 6º uníronse o grupo de 1 para traballar co Kamishibai pero… sabedes que é un Kamishibai? Pois é unha forma tradicional xaponesa de contar historias combinando as imaxes ou debuxos con narración oral «teatro de papel». Hoxe en día utilízase nas escolas, bibliotecas e outros para contar historias, promover a alfabetización e favorecer a arte. Este Kamishibai coñecido como » Kamishibai do hospital, pilulas para un mundo mellor» é obra de Marta Pena Area @martapenaarea , Pilar Porta @porta_pilar e ilustracións de Gabriel Dominguez, os cales fixeron realidade este proxecto gracias ao apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística. Ahí vos deixo algunhas das imaxes do gran traballo feito polo alumnado de 1º e o apoio da profe Lucía que sempre está disposta a facer cousiñas molonas.

E por último o traballo de lectura global combinado coa conciencia fonolóxica a tope para incidir nas dificultades do Principio Alfabético. Neste punto elaborei unha chea de palabras sinxelas do voculario habitual de neno e un xogo de imaxes para asocialas posteriormente.

Despídome de vos desexando unha boa entrada no mes de maio, o meu mes favorito , cunha frase: «Que en maio, cada día sexa unha aventura chea de risas e descubrimentos, onde os soños voen alto coma cometas e a imaxinación sexa a tua mellor compañeira de xogos»

Chegou a Primavera o tempo das flores!

Boas familias , nesta entrada imos compartir algunhas cousiñas que quedaron pendentes antes das vacacións da Pascua, xunto con outras novas.

En primeiro lugar, gustaríame compartir unhas imaxes dun contacontos que fixo unha alumna da aula de AL co alumnado de 2º Primaria.


Marcha Febreiro

Boas familias, hoxe vou compartir con vos algunhas das cousas que facemos coma sempre na aula de AL nas intervencións. Na primeira foto, podedes observar o traballo do recoñecemento das emocións e expresións faciais co alumnado con TEA, posto que experimentan certa dificultade para manexar e recoñecer expresións emocionais as cales son tan importantes no proceso da comunicativo social.

Na segunda foto , estamos a presentar o recoñecemento dos grafemas e o seu correspondente fonema e a relación cunha palabra . ( acercándonos ao principio alfabético).

Na terceira imaxe , aparecen uns libros que particularmente gústanme e que por iso collín un carro deles 🙂 .

Están escritos en maiúsculas , rimados ( para traballar as rimas e conciencia fonolóxica) e teñen certas palabras en cor diferente ( palabras novas, sustantivos, etc). Estos libros están moi chulos para usar co alumnado que presenta dificultades na lectura xa que así, pódense amosar as letras cos distintos alógrafos» traxes » que posúen. Ademáis , como sabedes , nos primeiros cursos da primaria están máis cómodos neste formato. Os libros chámanse Escuela de Monstruos ,tratan temas superdivertidos e chistosos para os cativos/as e son da Editorial Montena.

Na penúltima foto estamos a traballar con alumnado con a chamada «dislexia» ou Trastorno específico da Aprendizaxe. Unha das dificultades que encontra este alumnado é a entonación e a marca do golpe de voz nas palabras o cal posteriormente conleva dificultades na identificación da acentuación entre «agudas, graves e esdrúxulas». Con esta actividade de Diverlexia estamos facendo un percorrido dende o comezo das dificultades para ir avanzando pouco a pouco. A ver se para a vindeira semana subo uns videos.

Na derraideira foto estamos a respirar e a intentar levar unha cadencia e un control da entrada e saída do aire para obter moitos beneficios ( mellora da saúde, estar máis tranquilo, mellora da articulación, control y relación entre respiración e fonación, etc.). Para iso estivemos a facer exercicios de respiración como xa mostrei outras veces e tamen xogamos con globos e pompeiros para divertilo un pouquiño. Eso si o alumno , quedou mou relaxado!!

Bo fin de mes e vémonos en vindeiras entradas!

Xaneiro.

Dende a chegada do Nadal estivemos a facer diversas cousas pero hoxe imos a falar dalgunhas delas que non comentamos en anteriores entradas e que son de gran interese: a respiración e relaxación e avaliación psicoeducativa da linguaxe.

A respiración é a relaxación na fala: Sabemos que o elemento indispensable na voz e o aire é a respiración. Cando respiramos, estamos a facer un proceso necesario para producir a voz. Moito do alumnado utiliza a respiración bucal en vez de usar a nasal, polo que acaban con problemas nas cordas vogais .

Respirar pola nariz é fundamental , posto que nos protexe de xérmes , quenta o aire e outros , polo tanto é necesario traballar esta función nas sesións de AL sempre que o alumnado amose dificultades. As fosas nasais ainda que non pareza, funcionan como resonadores e axudan na emisión e modificación da voz.

Nas sesións encontrámonos alumnado que se fatiga ao ler, que fai unha respiración entrecortada, que solo usa a respiración pola bucal, que ten seguido disfonías, incapacidade de respiración diafragmática etc. Cando un alumno/a utiliza unha forma de respirar bucal , non usa apenas a nariz e a desvinculan xunto co diafragma pasando a facer unha respiración clavicular pulmonar, o cal provoca unha mala coordinación fonorespiratoria. Por todo isto as veces xogamos a facer exercicios de relaxación e respiración de maneira lúdica con diversos elementos multisensoriais para que o alumnado vaia mellorando dita capacidad respiratoria ou modificándoa e percibindo a nova.

As avaliacións da psicoeducativas da linguaxe: Este trimestre, tivemos bastantes avaliacións da linguaxe e como sempre comento non solo nos referimos a fala ( que sabemos que últimamente estamos a ver moitos nenos/as con Retraso da Linguaxe por multiples razóns » elas o usa das pantallas e a pouca comunicación «) Nas avaliacións da linguaxe ,tamén estudiamos a linguaxe escrita e valoramos todo o proceso lectoescritor para saber se pode haber un risco de presentar algún trastorno da aprendizaxe ou outras dificultades .É necesario como familias observar aos fillos/as e percatarnos de se pode haber alguna dificultade e así comunicalo a titora para poder intervir. Na avaliación citada, estudamos a lectura de palabras, pseudopalabras, oracións, textos, redaccións, contos, velocidade, comprensión lectora etc para poder ver cales son as dificultades do alumnado e as necesidades de intervención co mesmo.

Ahí vos deixo algunas fotos de este mes. Saúdos!

Novembro…

Bo día ! Este mes de novembro ,tivemos bastantes actividades polas datas celebradas como o Samaín e o Magosto, por iso estiven sen subir fotos das tarefas feitas. Facendo un pequeno recopilatorio, hoxe gustaráime falarvos da respiración e da súa importancia na fonación e na relaxación das crianzas. Aprender a respirar ben é unha tarefa que non parece ter moito interese pero que axuda a que non aparezan trastornos da voz. Temos que ser conscientes que a voz é o noso instrumento de traballo, relacións e comunicación en moitos casos. Observando a moito alumnado, vese que presentan unha respiración invertida (no que o abdomen se contrae ao respirar e o contrario ao espirar) ou realizan movementos desproporciados sen control. Pois ben , por todo iso, na aula de AL tamén traballamos a respiración co noso alumnado para regular o aire, conseguir coordinación entre a respiración e a fonación, relaxar a musculatura, alargar as fonacións e outros. Algún dos xogos e exercicios que levo a cabo son : o xogo de » teño un globo na miña barriga » e » a Tartaruga e o león». Todos estos xogos, son levados a cabo nun ambiente tranquilo , sen luz e con música para favorecer a relaxación total do alumnado. Pouco a pouco , e mediante a práctica aprenderán a regular a respiración que tanto inflúe na fala e na coordinación respiración-emisión.

Para rematar, gustaríame engadir que é moi importante ensinarlle os nenos/as a importancia da respiración e da voz e do cuidado da mesma. Aquí vos deixo algúns consellos que vos poden axudar como familias no cuidado da voz:

Evitar comidas e bebidas moi quentes ou frías, evitar cambios de temperatura bruscos, non forzar a voz, reducir o carraspeo seguido, evitar respirar sempre pola boca, non elevar o tono, non chillar ou gritar no parque o nos xogos, facer respiracións e relaxación, hidratarse con moita auga, descansar a voz , facer gárgaras, etc. Espero que vos sirvan e sexan de axuda sobre todo agora que se achega o inverno. Saúdos e bo domingo! ( A maiores colgo algunhas fotos doutras actividades feitas de articulación, conciencia fonolóxica, morfosintaxe, etc.)


Producimos oracións de medo pola samaín con vocabulario terrorífico.
Conversión fonema a grafema.
lectura con bocas. Comezos da lectoescritura. (Principio Alfabético).
Grafomotricidade tan necesaria para a posterior adquisición da escritura.
traballo de conciencia léxica e silábica .
Articulación xunto co recoñecemento de fonemas e grafemas.

Outubro en AL

Boas familias! Hoxe deíxovos algunhas fotos das actividades que estamos a facer na aula de AL e unha breve explicación das mesmas: Coma xa comentei en entradas anteriores , a casa témola que facer con bos cimentos , polo que dende moi pequenos hai que traballar a linguaxe oral e o manexo da mesma sen as letras escritas. Ao final de todo este proceso chamado » traballo de Conciencia fonolóxica» e das chamadas » habilidades metalinguísticas » chega o Principio Alfabético ( Ed. Primaria) onde si se produce unha asociación de cada son a una letra para poder iniciarse no proceso lectoescritor . Pos ben, dito este breve aclaración vos deixo algunhas actividades de conciencia fonolóxica e Principio Alfabético :

Conciencia Fonolóxica e habilidades metalinguísticas: Buscar en imaxes dadas , aquelas que comenzan por un determinado son ou fonema ( buscamos imaxes que comezan por b , p , s , etc). Tamén traballamos as famosas rimas que tanto lles custan, mediante debuxos e asociacións por cores para obter maior facilidade á hora de buscar a rima parecida.

Comezos do Principio Alfabético: Coa mesa de luz e coas pinzas e letras estámonos adentrando ao Principio Alfabético facendo un inicio á conversión fonema -grafema, e un bo afianzamento da identificación e recoñecemento das letras sen escribilas a través de métodos multisensoriais. Sen dúbida a mesa de luz, é un material que triunfa moito co alumnado pola variedade de actividades que permite e o que lles chama a atención. A que sería un bo regalo no Nadal…? Hoxe tedes mesas de luz o paneis moi económicos en tendas online, supermercados que venden xogos ou outros pero… qué tal a fabricación propia un fin de semana chuvioso na casa? Ahí vai un enlace: https://www.youtube.com/watch?v=sNDL8_f4CU8

Por outro lado, nas sesións de infantil estivemos a traballar os prerrequisitos da linguaxe e motricidade mediante os punzóns-picado e a identificación de animáis en sombras ( xogando cos son ás onomatopeias) ou figuras de conceptos básicos como as formas xeométricas. Ahí van algunhas fotos. Saúdos e ata a vindeira entrada.

Coñecendo a lectoescritura

A importancia da Conciencia Léxica .

O proceso lectoescritor é unha tarefa complexa que require dun traballo en varias aspectos. Tanto os sons coma as letras , unidades mínimas sen significado, conlevan dificultade polo que é necesario un traballo da conciencia léxica, silábica e fonémica. A conciencia léxica é a primeira área a traballar dentro da chamada conciencia fonolóxica. É o contacto directo coas palabras coma un todo ou parte dunha oración para posteriormente poder analizar e profundizar máis minuciosamente. O desenvolvemento desde habilidade é necesario dende infantil para así ir podendo diferenciar as palabras contido ( palabras con significado) das palabras función( conectores) o cal evitará posibles erros de unións, fragmentacións, adicións e outros na escritura. Hoxe vos deixo un exercicio para traballar a conciencia léxica. Neste caso en concreto estase a traballar con alumnado con dificultades de aprendizaxe e trastorno lectoescritor polo cal seguen a ter a dificultade en cursos superiores. Unha maneira de facelo máis práctica e que o exercicio o interioricen por varias vías multisensoriais.

O TDAH ( Trastorno por Décifit de Atención con e sen Hiperactividade ) e as dificultades na linguaxe.

Hoxe imos a falar un pouco sobre o TDAH. Pero… Qué e o TDAH? Pois o TDAH é un trastorno do neurodesenvolvemento e orixe neurobiolóxico que presenta un patrón que persiste de inatención e/ou hiperactividade e impulsividade que inferfiren na vida do neno/a. É importante saber que o trastorno iníciase na infancia , segue na adolescencia e perdura na idade adulta polo que vai a acompañar a persoa no seu proceso vital. Os comportamentos do TDAH deben de darse en dous ambientes para poder ser diagnosticado ( casa, familia, escola, sociedade, etc) polo que é necesario facer unha boa avaliación e estar ben atent@s . A presenza do TDAH non ten porque conlevar erros na linguaxe pero se ben é certo que hai un gran número de alumnado que amosa dificultades na adquisición da linguaxe, na morfoloxía , na conciencia fonolóxica , na pragmática como uso social e na comprensión e expresión oral e escrita. Por todo isto, algún alumnado con TDAH acude a aula de AL para traballar estas dificultades xunto cos erros ortográficos e de comprensión provocados pola impulsividade e falta de atención. Algunhas actividades para poder mellorar poden ser as seguintes: Citar palabas que comecen por una fonema determinado, palabras encadenadas, crear oracións con sentido con recortes de periódicos, role playing sobre situacións sociais, contar historias e facer preguntas, etc. Ahí vos deixo algunha imaxe de actividades feitas con alumnado con TDAH e afectación da linguaxe.

Cousiñas varias antes da chegada da Pascua

Estas semanas estivemos a traballar bastante na área Léxico-Semántica ( vocabulario e significado) e a Morfosintaxe ( relación das palabras para formas oracións). Elaboramos oracións con recortes, e creamos oracións con imaxes e ordes dadas. En moitas ocasións o alumnado elabora oracións moi sinxelas con verbos copulativos e con léxico reducido polo que o traballo de morfosintaxe é un elemento esencial para a posterior elaboración de redaccións, contos, pequenos textos, etc. Ao comezo , a actividade de recorte-puzzle parece algo con certa dificultade pero posteriormente o alumnado vai buscando estratexias coma os puntos finais, as maiúsculas , as concordancias … para facer oracións correctas e con sentido. ( Posteriormente a complicamos poñendo en Pasado e Futuro para traballar os tempos verbais ). Na outra actividade con imaxes lles é moi sinxelo a creación de oracións mediante a instrucción e imaxes dadas. Por outro lado tamén estivemos a facer comprensión lectora. Como sabemos a comprensión lectora afecta a todas as asignaturas ( Qué importante é comprender o que se lee!) . Por iso decidimos aplicala sobre problemas matemáticos , suliñando os datos, anotandoos, poñendo o que piden e realizando a tarefa . Todo isto realízase mediante AUTOINSTRUCCIÓNS. Aquí vos quedan algunhas imaxes das actividades, saúdos .

Semántica e Morfosintaxe ( traballo con imaxes e instrucción)
Comprensión lectora de problemas matemáticos mediante autoinstruccións

Día da Muller e aprendizaxe multisensorial

O 8M foi o día da Muller, e na aula de AL estivemos a conmemorar esta data con oracións que recollen agradecementos ás mulleres das familias do alumnado. Con esta actividade reflexionaron sobre todo o que fan as mulleres das suas casas e tamén traballaron a morfosintaxe e motricidade fina. Ao final quedounos un colgador moi xeitosiño o cal levaron de regalo para as suas nais, avoas … Tamén nesta semana fomos un pouco fozóns e andivemos a mancharnos coa escuma de afeitar. Os procesos da aprendizaxe non son iguais para todo o alumnado, e na nosa man ,como especialistas, está axudarlles e adaptar os materiais buscando estratexias para asentar dita aprendizaxe. O proceso alfabético é un dos 5 procesos que interveñen na lectura por iso, e moi importante co alumnado coñeza a relación dos sons coas letras e sepa manipular mentalmente con eles. E….. qué mellor maneira de pintar na escuma á vez que xogamos coas bocas ( as de hoxe saironlle carie en forma de letra :)?

Principio alfabetico e Lectoescritura con Cartilla de Bocas

Estos días estivemos a traballar coas Cartillas de Bocas da miña «colega» Irene Rejón. Como podedes ver na foto , combinamos a Cartilla de Bocas con cuños e imaxes para que a aprendizaxe sexa multisensorial. Estas cartillas, son moi útiles con alumnado con algunha dificultade que se inicia na pronuncia e na lectura de maiúsculas e minúsculas tanto en infantil ( etapa final) como en primaria. Este método e visual, ortofónico auditivo e analítico, é apoia cada consonante cunha representación gráfica do son. Nas sesións collemos as bocas, e as colocamos igual ante o espello para emitir o son, logo as identificamos nas pegatinas de letras, as leemos nas cartillas de bocas en diferentes posicións e finalmente asociamos imaxes de palabras ao seu fonema inicial de maneira auditiva (posteriormente grafema). Esta forma é unha maneira divertida e distinta de traballar o principio alfabético e a lectura. Ademáis o que me gusta destas cartillas e que veñen ordenados os fonemas e grafemas e función do desenvolvemento e adquisición nos mesmos por idade. Ahí vos deixo algunhas fotos e os enlaces por si vos gusta para traballar en casa cos pequenos/as ou con adultos con Alzheimer e outras dificultades.

Doces do pasado para a intervención.

Boas tardes , hoxe voltamos ao pasado usando os chamados «Melody Pops» na intervención. Non sei se os recordades , pero a min gustábame moito soprar e tocar melodias mentras comía un rico chupachups de fresa. O outro día atopeinos por casualidade ! e pensei nalgúns dos meus rapaces de intervención e como podería utilizalos. O «Melody» esta semana foi de gran uso , sobre todo para os nenos con retraso na fala e problemas articulatorios. Algúns deles amosan dificultades á hora de utilizar os organos articulatorios ( dentes, meixelas, lingua, padal e labios ) o que lles leva a presentar dislalias , que fan que a súa fala sexa pouco intelixible. A pesar de non estar a favor coas intervencións do sopro ( xa que non quereos alumn@s sopradores) , como ben argumenta Susanibar, hoxe serviume o Melody para observar que algún alumno non tiña control á hora de respirar e soprar nin tampouco control lingual. Na sesión xogamos co Melody non para ser sopradores senon para estimular determinadas sensacións nun medio isotérmico como o interior da boca,  no que os contactos son difíciles de notar por darse entre mucosas húmidas de saliva. Tamén estivemos a mover a lingua e ver as dificultades no control lingual , estimulamos a zona orofacial , sinalamos algunhas partes da boca co Melody , intentamos reducir o reflexo nausesoso, e tocamos UNHA LINDA MELODIA. Anímovos a utilizalos como recurso cos pequenos/as.

¡Volta ao cole !

Bos días a todxs , hoxe comezamos cun traballo de articulemas con e sen grafía asociada. E … ¿ qué son estos articulemas ? Pois son imaxes que representan a colocación da boca cando pronunciamos un determinada fonema. Son varios os estudos, que argumentan a eficacia dos mesmos na ensinanza da lectura xa que os nenxs comezan a manexar os rasgos fonémicos, a segmentación fonémica e o comezo do principio alfabético, cando se lle vai introducindo o grafema cerca do articulema. Con todo iso na aula de AL, utilizamos os articulemas xa que consideramos que os nenxs acadan unha aprendizaxe mais significativa e máis rápida para unha posterior lectura e correción de erros articulatorios.

Hoxe, na nosa aula , xogamos cos articulemas cara o espello asociándoos a palabras do Nadal. Consello do día : Os articulemas podedes imprimilos na casa e xogar cos vosos fillxs, pero é importante saber que é un método para trabajar sons, que cada persona coloca a boca e a lingua un pouco diferente a outra ao representar un mismo son ( non todxs somos iguais), e que non son un método de lectura senon unha forma de traballar a pronunciación e o xogo de sons ( as letras ou grafias non é recomendable colocalas ao lado ata máis adiante para non confundilxs) . Abaixo vos deixo o enlace aos articulemas por si os queredes decargarlos para xogar e reforzar na casa, Sáudos. .http://merakilogopedia.blogspot.com/2020/11/articulemas-con-y-sin-grafemas-asociados.html

Bo Nadal e Felices Festas a todas as familias.

Remata o primeiro trimestre, e achéganse as ansiadas vacacións de Nadal por parte dos pequenxs. Despois de moito traballo por parte del@s , e ben merecido un pequeno descanso. Dende a aula de AL, mandámosvos esta felicitación de Nadal co noso abecedario. Ademáis achegamos unhas pequenas recomendacións para favorecer a Linguaxe nas casas cos alumnos/as de Educación Infantil . Esperamos que vos guste. Felices Festas e vémonos á volta.

Árbore xenealóxica

Na nosa aula de AL, falamos, comentamos historias, anécdotas e contos que dan lugar a preguntas e dúbidas. E… chas! Chegou a idea ! Despois de falar cunha alumna sobre as persoas que están e non están na nosa vida, xuntas decidimos poñernos mans á obra e argallar a súa árbore xeneolóxica para regalarlle a súa avoa polo Nadal.

E diredes… unha árbore xeneolóxica ?? Pois sí , e vaia que pode ser unha actividade moi atractiva para facer con alumnos/as con dificultades na linguaxe . ( TEL, Trastorno na lectura , escritura e outros…) Con esta actividade, estivemos a traballar moi duro durante o trimestre ata facer un gran libro familiar, onde a nena aprendeu a facer unha árbore a través das TAC , escribiu e fixo redaccións sobre todos os membros da familia, expresou emocións, lembrou historias e recordos de familiares que xa non están, debuxou e decorou e organizou toda a información. En relación coas áreas de AL, estivemos mellorando a conciencia léxica, vocabulario, rimas, expresión oral a través das fotos, organización da grafía no espazo, elaboración de oracións complexas e uso das autoinstruccións para facer redaccións sobre os familiares. Hoxe por fin poñemos fin a actividade con moito cariño , traballo e amor esperando que sexa un libro que perdure sempre con ela e coa familia. Aquí vos deixo algunha fotiño aínda que non se pode apreciar o bonitiño que quedou o Gran libro familiar.

árbore feito por ela en Canva
pequenas historias de familia e fotos.

Unha historia de vida.

Dende a aula de AL andamos a ver os gustos e particularidades nos nenos/as para poder traballar as súas necesidades. Un dos proxectos de traballo que temos en marcha cunha alumna , é unha árbore xeneolóxica para poder falar e escribir sobre a historia de vida ( excusa para traballar outras cousas), . Pero … unha árbore porqué? Pois mediante a árbore podemos falar e escribir da familia, de acontecementos ocorridos , de situacións e de historia . Tamén aprendemos a planificar unha redacción con autoinstruccións , a organizar a información, manexar as TIC , adquirir novo vocabulario e mellorar a morfosintaxe. Cando todo esté un pouco máis avanzado seguiremos subindo fotos. Saúdos e bo xoves familias!

Hoxe vai de inventos a cousa.

O grupo de dinamizacións da Biblioteca, elaborou estos días pasados un recurso moi bo e traballoso para poder usar todos os alumnos/as do centro . Dende a aula de AL , saímos a biblioteca para utilizalo como recurso didático e traballar o seguinte: Función executivas ( atención sostida, planificación e organización das tarxetas , inhibición e outros. ), comprensión lectora de oracións, traballo conxunto con alumnos con TEA e adquisición de novos coñecementos sobre inventos. Como vedes aprender é divertido!

P.E.L.O Programa de estimulación da linguaxe oral en Infantil.

Hola familias! Bo comezo de semana. Hoxe vos presentamos o PELO , un programa de estimulación da linguaxe oral que se está a levar a cabo con todos os cursos de Educación Infantil. É necesario reflexionar o complexo que é o proceso da adquisición da fala e toda a maquinaria que se ten que poñer en marcha para dominalo. Isto significa aprender a empregar un código de símbolos, que abarca a adquisición de vocabulario, articulación, coñecemento dos significados, elaboración de frases e usos de conceptos. É por iso que dende o centro, se está a levar a cabo dito programa coa finalidade de preparar aos nosos/as alumnos/as para a adquisición do proceso lectoescritor e previr as dificultades na linguaxe oral e escrita. De aquí en adiante os deixaremos algunhas das fotos das actividades a realizar cos pequenos/as .

Moito Maxín no Samaín

Benvido Chuvioso Xoves!

O colexio estase a poñer de medo e terror coa decoración e as cabazas que van traendo as familias!.  Como sabedes o Samaín  , do nome Samhain  é unha festividade de orixe celta  que despide o verán e da a benvida ao inverno . Na celebración se creía que  o mundo dos mortos abríase  deixando  espazo libre para poder moverse polo mundo dos vivos, polo que a xente se disfrazaba con máscaras e peles  e deixaban encendidas cabazas e luminarias para que os mortos os deixasen en paz. Dende a nosa aula de AL , compartimos algunhas actividades que estivemos a facer nestes días cos nenos/as . Nelas traballamos as habilidades metalingüísticas ( necesarias para un  uso axeitado da linguaxe) como son a conciencia sílabica e léxica. Para facelo máis atractivo utilizamos un Genially terrorífico  con ambientación de Samaín. Tamén  estivemos a facer redaccións  do Samáin con palabras dadas mediante as autoinstruccións , tan necesarias para o estudo  e a organización da información.  Saúdos terroríficos....... 

traballando habilidades metalingüísticas con genially ( conciencia silábica)
describimos con autoinstruccións

III xornada de emisións 0

O próximo VENRES 10 DE XUÑO, animámosvos a vir ao colexio sen utilizar transportes de combustión que aumenten o nivel de CO2 na atmosfera. Así colaboraremos coa redución de gases de efecto invernadoiro que fan aumentar a temperatura terrestre e tanto danan o medio ambiente. Esta actividade tamén nos servirá como punto de partida para solicitar un camiño escolar seguro.

Para os que vos animedes a vir en bicicleta, podemos vir xuntos pola rúa peonil.

Sairemos desde o ximnasio Suh ás 8:30h e pasaremos sobre as 8:35h frente a librería Nóbel.

O aparcamento do Centro será ese día para uso único de bicicletas e patinetes.

Así o fixemos o 10 de novembro! Vídeo resumo… https://youtu.be/mMPSPHIXknU

Manifesto día Mundial do Medio Ambiente 2022

MURAL LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2021

HIMNO GALEGO

Ola chic@s :

Póñovos a letra do Himno Galego para que aprendades as dúas primeiras estrofas ; pois o cantaremos to@s xunt@s o día das nosas Letras .

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

O alumnado de 4ºC achéganos un novo programa da Baia Radio titulado «Moito que celebrar».
Anímate a escoitalo!

COPLIÑAS DO ENTROIDO

AÍNDA QUE TARDE, XA ESTÁN AQUÍ!

Este curso de pandemia quixemos darlle un toque diferente a esta celebración.

Aquí vos deixamos estas rimas, con xestos e pouco movemento, para que o virus non teña crecemento.

Disfrutádeas!!!

BAIA RADIO MÚSICA 3

O alumnado de 6ºC achégannos ao rock da man de Elvis Presley.

BAIA RADIO MÚSICA

Os nenos e nenas de 6ºA achégannos un novo programa a ritmo de rock.

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

No programa de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria recórdannos as efemérides do mes de febreiro e achégannos a sección de «Dígocho eu» adicado, esta vez, a expresións relacionadas co tempo.

BAIA RADIO MUSICAL

O alumnado de 6ºB preséntannos unha nova sección do noso programa de radio adicado á Música. 

VACINAS MÁXICAS E RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Con motivo da celebración do día da Paz, o alumnado creou unhas vacinas máxicas para combater algúns virus moi frecuentes na nosa sociedade e organizaron unha campaña de recollida de alimentos. Aquí tedes unha mostra da súa gran imaxinación.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Co gallo da celebración do día da PAZ e a NON VIOLENCIA, realizamos distintas actividades no centro:

A cuarta emisión deste curso do programa BAIA RADIO, a cargo do alumnado de 6ºC.

– Campaña de recollida de alimentos:

No ano 2020, o Premio Nobel da Paz foi outorgado ao Programa Mundial de alimentos da ONU polos seus esforzos na loita contra a fame no mundo. Nós quixemos colaborar con este gran labor organizando unha campaña de recollida de alimentos, en colaboración co «Banco de Alimentos Rías Altas».

Para elo, elaboramos carteis anunciando a iniciativa.

Campaña de recollida de alimentos

Con motivo do Día da Paz e relacionado co premio Nobel do ano pasado (https://youtu.be/ct2v7i3y0_w), levaremos a cabo unha campaña de recollida de alimentos en colaboración co «Banco de alimentos Rías Altas» (coordina asociacións de toda Galicia https://www.balrial.org/).
Os produtos depositaranse en caixas que estarán nas entradas dos edificios de Infantil e Primaria do luns 25 ao venres 29 de xaneiro.
Recordámoslles que deben ser alimentos non perecedeiros. De tratarse de legumes, preferiblemente en botes (precociñados, debido á emerxencia enerxética).
Un saúdo, e moitas grazas pola súa segura colaboración.

Novas matrículas

Visita 360º

Vídeo presentación actividades

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Rematou o prazo de solicitude, próximo evento: FORMALIZACÓN DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño (inclusives) teñen o prazo para a formalización de matrícula nos centros nos que foron admitidos.

INSTRUCCIÓNS E IMPRESO DE ADMISIÓN:

Poden consultalas nos taboleiros do centro, chamando, por correo electrónico ou tps://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision ,

Toda a información sobre este proceso:
– ceip.santabaia@edu.xunta.gal
– 881866595
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Letras de desempate:

ConvocatoriaApelido 1 letra 1Apelido 1 letra 2Apelido 2 letra 1Apelido 2 letra 2
2021/2022WSBF

PANXOLIÑA 2ºA

BAIA RADIO «DÍGOCHO EU»

Este último programa do ano está adicado ao Nadal. 

Repasaremos as expresións máis usadas nestas datas.

Asemade, recordarvos que volveremos no 2021 con novos programas.

BO NADAL. FELIZ NAVIDAD. BON NADAL. EGUBERRI ON.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Xa escribiches a túa carta aos Reis? Non olvides pedir un bo libro.

O equipo de Biblioteca recoméndache algún título.

Bo Nadal!!


RECOMENDACIóNS lectoras de Pili

BAIA RADIO

A continuación podes escoitar un novo programa da Baia Radio adicado, esta vez, á CIENCIA.

SAMAÍN. DIGOCHO EU!

A partires de hoxe, comezaremos a emisión, a través da Baia Radio, dun programa mensual chamado 
«DÍGOCHO EU»
Esperamos que vos guste e sexa do voso agrado. Poderase desfrutar del a través da web do centro e do blog da Biblioteca.
Co gallo da celebración do Samaín, gravamos un programa adicado a esta conmemoración:
«Dígocho eu. Especial Samaín»
Asemade, durante os vindeiros días, compartiremos con vós outras actividades que estamos realizando para celebrar estas datas no colexio.

Agora, atreveste a poner a proba os teus coñecementos da nosa lingua?

Tamén realizamos unha espectacular QUEIMA DOS MEDOS!

Infantil e primeiro nivel.

HEALTHY SANTA BAIA

Este vídeo é unha recompilación dalgunhas actividades relacionadas coa comida que se levaron a cabo no noso colexio e co cal participamos nos proxectos europeos eTwinning («Time to Make the Move«) e Erasmus+ KA101 («Alumnado con NEAE: Inclusión e Espazos Dinámicos«).

CHEFS & CLOTHES DESIGNERS

Actividades relacionadas coa alimentación enmarcadas no proxecto etwinning «Time to make the move».

Libros de Texto 2020-21

Entrega e recollida de material

Este luns 15 de xuño empezouse a entregar e recoller o material dos alumnxs. A entrega farase escalonadamente e se citará os pais/nais por ABALAR , hasta o venres 26 de xuño. Debemos de asistir con mascarillas, limpar as mans á entrada, manter a distancia de seguridade, sin a compañía dxs fillxs e entrar na aula unha soa persoa.

SPORTY SANTA BAIA

Actividades relacionadas co deporte enmarcadas no proxecto etwinning «Time to make the move».

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

https://docs.google.com/document/d/1fTS_XZPiXNSyHmCdN6-KKXIQn3FS_bO7MK0e1xlE5hg/edit?usp=sharing

Proceso de admisión curso 2020/2021

REMATOU O PROCESO

Para solicitudes de admisións fora dos prazos establecidos, poñerse en contacto co Centro (martes e xoves de 10 a 13horas)

Correo electrónico: ceip.santabaia@edu.xunta.gal

Teléfono: 881866595

  • Formalización de matrícula (novo alumnado): do 1 ao 10 de xullo.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR

Fotocopia do boletín de vacinas e tarxeta sanitaria.

– 2 fotografías tamaño carné.

  • Novos prazos do procedemento.
    a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
    administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de
    admisión reduciranse á metade.
    b) Novos prazos do proceso:
    ● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 25 de maio de 2020.
    ● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de maio de 2020.
    ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
    ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 13 de xuño de 2020.
  • ● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Poden descargar a documentación ou realizar todas as xestións online en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

https://docs.google.com/document/d/1ipUSTmVpFcSui5kk0zcrMJtjxTe8vof1JsZUc5A0qg8/edit?usp=sharing

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO.

https://docs.google.com/document/d/1kTX5V0OyrkGQTtbYy_-b3QXBtqM1B1nT-E6gEZ18918/edit?usp=sharing

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

https://drive.google.com/open?id=1Kc_Fn57iXeSef9_8r9EMRj-3HW9lh8ifuE7w-0G13IY

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

https://docs.google.com/document/d/12pdCCfKYzdgeqC1_uI-lLhvKlAOhpvVnXS5jzgHykPY/edit?usp=sharing

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

https://docs.google.com/document/d/1fgrNDw6aBMBlSbOaflbHdkj5P-D7gZU6dJxllhrPnqU/edit?usp=sharing

TAREFAS 1º NIVEL SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL.

https://docs.google.com/document/d/1Aq8GX4zUxlERn8VtzgR0aFJbrV6MXEa6NcswDnroP-U/edit?usp=sharing

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Onte celebrouse o Día do Libro. Para conmemorar este día e sumarnos a esta importante efeméride, que adquire máis sentido se cabe nestes días de confinamento nos que os libros deben ser unha ferramenta básica para a educación e o entretemento no fogar, presentamos este vídeo como unha clara mostra de que a lectura é un hábito de vida no CEIP SANTA BAIA.

E, coidado, é CONTAXIOSO !!!

 CANDO SE CONTRAE A AFECCIÓN Á LECTURA, É DIFICIL CURAR !!!!

https://drive.google.com/file/d/1LXGJBeiGdZOzoF_N0u1iUGs5TQmmqE-y/view?usp=sharing

Feliz Día do LIBRO !!!

Como este ano non podemos facer  a actividade de Apadriñamento Lector no cole,  Marta Ríos, facendo de madriña para todos nós, agasállanos con este contacontos de  Paula Carballeira, titulado, “Chímpate Pepa”. 

A distancia impide  un bico e unha aperta, pero non un sentimento de cariño e agradecemento para ti, Marta.

COLOURFUL WEEK

Durante o mes de marzo realizamos, nas aulas de Infantil, actividades relacionadas cos alimentos saudables enmarcadas no proxecto etwinning «Time to make the move».

TAREFAS 1º NIVEL PARA A SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL.

A continuación podedes atopar un horario e un documento coas actividades semanais distribuidas por días. O horario ten carácter orientativo e o seu fin é intentar equilibrar o tempo diario adicado ás tarefas escolares. Este horario non é obrigatorio, o alumnado pode organizarse doutro xeito en función da dispoñibilidade das familias e do uso de dispositivos electrónicos e conexión a internet necesarios.

Aquelas familias que non recibiron os libros, poden ir empezando polas tarefas nas que estes non son necesarios.

No horario non aparece a materia de Educación Física xa que consideramos importante que todos os días adiquen un ratiño a algunha actividade física, xogo…

https://docs.google.com/document/d/1Ehd1q3awONXWzMFMqFlpYa3E0Z87zXwDXKpndK7ujIU/edit?usp=sharing

Audición

DÍA DO LIBRO

Díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional

RECOMENDACIÓNS para estas xornadas sen clase

En primeiro lugar, debemos intentar manter unha rutina diaria coas crianzas. Axuda moito elaborar un horario no que se manteñan as rutinas de alimentación e aseo, horas de estudo/traballo e horas de lecer/tempo libre. Deben ser compensadas e achegarse o máis posible as habituais.

Revisen no seguinte enlace un material que nos axuda para que as nosas/os fillas/os se sintan o mellor posible:

https://copgalicia.gal/novas/grupo-de-intervencion-psicoloxica-en-catastrofes-e-emerxencias/o-copg-publica-retrincos-de

Consultar a web do cole, abrindo o apartado dos niveis no que temos ás/aos fillas/os matriculadas/os.

Abrir a app de AbalarMovil, por se as push non estiveran funcionando e tedes mensaxes das mestras/es.

E os de 5º e 6º nivel, pendentes da plataforma eDixgal.

Revisar a lapela de recursos, para revisar actividades de interese.

Aquí deixamos algunhas propostas:

https://osbesbellos.blogspot.com/

A través de la Vicepresidencia Adjunta de Cultura Científica os hacemos llegar el enlace al contenido ‘Aprende ciencia en casa con el CSIC’, publicado en la web institucional:

https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/aprende-ciencia-en-casa-con-el-csic

En él, hemos incluido un amplio abanico de recursos online del CSIC (audiovisuales, talleres, blogs, exposiciones, etc.) para que el público de todas las edades pueda acercarse y disfrutar la ciencia desde casa. Confiamos en que, en este periodo de confinamiento, resultarán útiles y atractivos para un gran número de personas: docentes que ahora tienen que preparar clases a distancia, padres y madres que quieren que sus hijos sigan aprendiendo mientras se entretienen y, por supuesto, aquellos y aquellas que ahora disponen de más tiempo y quieren aprovecharlo saciando su curiosidad científica.

www.issuu.com/oscarmariabarreno . Allí encontrarán trabajos para todas las edades, desde Un cuento sin escritor (para los más pequeños), hasta Pablito de No (para los más mayores), pasando por otras historias que sus alumnos de primaria pueden aprovechar en este periodo de confinamiento que nos ha tocado vivir.
Y sin otro particular, esperando que la información les sea útil, me despido.
Atentamente.
Óscar María Barreno.

No vídeo atoparás os materiais e instruccións para construír un atrapapelotas

Aquelando, na TVG2, de 11:00 a 13:00h… moi recomendable.

Botádelle un ollo á esto!

-¿Cómo explico una epidemia a los más pequeños?- https://www.unicef.es/educa/blog/explicar-epidemia-educacion-infantil
-El nuevo coronavirus y el derecho a la educación- https://www.unicef.es/blog/nuevo-coronavirus-derecho-educacion
-#EducaCOVID19: ¿Por qué es importante educar sobre el coronavirus?: https://www.unicef.es/educa/blog/covid19-por-que-es-importante-educar-sobre-el-nuevo-coronavirus
-Para plantar cara al nuevo coronavitus en casa: Uso saludable de las tics: https://www.unicef.es/educa/blog/uso-saludable-tics
-Educación contra el coronavirus: 10 tareas de la rutina diaria: https://www.unicef.es/educa/blog/10-tareas-rutina-diaria-familia

En la siguiente web aparecerá un globo terráqueo donde hay millares de puntos verdes. Son emisoras de radio de todo el mundo. Si pulsáis sobre un punto verde podéis oír lo que está transmitiendo la emisora. Es una pasada. Música de todo el mundo.Y noticias. Excelente para practicar cualquier lengua y se oye muuuy bien.
http://radio.garden
Muy chulo 👏🏻

Repasamos o galego… http://www.crtvg.es/informativos/etiqueta/digochoeu

Debido á situación de alerta decretada en España pola evolución do coronavirus e a indicación ao cidadán de quedarse na casa, dende a web novocinemagalego.info propoñen o seguinte ciclo de filmes para que as persoas podan ter máis opcións para entreterse.

Clica aquí para ver A PALABRA XUSTA
https://vimeo.com/397691233

Biblioteca digital mundial: https://www.wdl.org/es/

10 museos para visitar estando en casa: tour virtual y colecciones online.
1. Pinacoteca di Brera – Milano https://pinacotecabrera.org/
2. Galleria degli Uffizi – Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali
3. Musei Vaticani – Roma http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html
4. Museo Archeologico – Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/
5. Prado – Madrid https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works
6. Louvre – Parigi https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne
7. British Museum – Londra https://www.britishmuseum.org/collection
8. Metropolitan Museum – New York https://artsandculture.google.com/explore
9. Hermitage – San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj
10. National Gallery of art – Washington https://www.nga.gov/index.html

Apps españolas que están ofreciendo gratis sus contenidos Premium para ayudar a que los niños sigan aprendiendo desde casa.
*Academons Primaria*:  la App de Homeschooling está ofreciendo 30 días de acceso gratis a todo su catálogo de juegos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science  http://bit.ly/Academons_Gratis
*Ta-tum*: del grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito hasta el mes de julio a esta plataforma para el fomento de la lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum
*Smartick*: esta App malagueña está ofreciendo acceso 15 días gratis a su App para repasar las matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15
*Genially*: la plataforma para hacer presentaciones interactivas ofrece por un tiempo limitado sus plantillas y recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially
 *AMCO*: Acceso los juegos de Mates y Lengua de su App Eduzland gratis por un tiempo limitado   https://amconews.es/eduzland/   *Smile and Learn*: esta App para los más pequeños de la casa está ofreciendo acceso gratuito durante un mes a su catálogo de juegos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn
*M.A.R.S.*: esta App del grupo SM ofrece códigos descuento para acceder a los contenidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App
*Cerebriti Edu*: ofrece sus más de 50.000 juegos de Primaria y Secundaria gratis hasta final de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

FOOD PYRAMID

Dentro do proxecto etwinning «Time to make the move» clasificamos alimentos en pirámides alimenticias.

ENTROIDO ANPA

Estimadas familias:

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai a organizar este venres 21 de Febreiro unha festa de carnaval. Será no pavillón do colexio, das 16:30 as 19:30 horas.

A entrada será gratuíta para as familias socias da ANPA. Os prezos das entradas para os non socios será de 3€ nen@ e 2€ adult@. Contaremos con inchables, monitorado e actividades para os nenos e nenas.

Instalarase tamén unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a prezos populares, co fin de recadar fondos para as excursións de fin de curso.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A Xunta Directiva

ENTROIDO 2020

ENTROIDO 2020, temática XAPÓN e Xogos Olímpicos

Actividades previas:

  • Elaboración de disfraces: familias e aula.
  • Felipiño: consello dos nenxs, familias e mestrxs.

21 de febrero:

  • Desfile de entroido; policía local e mestrxs CEIPs Santa Baia e Praia Xardín.
  • Degustación, preparan familias para o alumnado.
  • Tempo de xogos. Alumnado.

Solicitamos a colaboración das familias para que esta efeméride sexa desfrutado polo alumnado:

  • Axudando coa elaboración dos disfraces.
  • Facilitando os mandatos do Felipiño.
  • Elaborando os doces do entroido para o día 21.
  • Non interferindo durante o desfile (faremos chegar fotografías ás familias).

PROXECTOS ETWINNING

O noso centro está participando en dous proxectos eTwinning xunto a outros centros educativos europeos:

TIME TO MAKE THE MOVE. Aproveitando a visita dos cociñeiros e camareiros do Obradoiro de emprego de Hostalería Boiro aos nenos/as de Educación Infantil, elaboramos un vídeo para compartir cos 133 coles europeos que participan neste proxecto. Nel podemos  ver a variedade de actividades que se levaron a cabo co noso alumnado: descubrir pola vestimenta quen viña a visitalos; pensar nos alimentos saudables, pintalos e clasificalos; amasar pan e degustar diversos pratos para un “Almorzo Saudable”.

«EVERYTHING IN LIFE IS MADE OF MATH«. Participamos neste proxecto xunto a varios centros de Rumanía, Italia e Polonia. A primeira actividad realizada foi presentarnos aos compañeiros dos outros coles.

Día da Paz e da Non Violencia

Ademais das actividades previas e de aula (lecturas, origami…), o día 30 realizamos un pequeno acto:

Que resumimos no seguinte vídeo.

https://youtu.be/KO7cRf3ykyI

El papel de los padres en la motivación académica

https://cefine.es/event/el-papel-de-los-padres-en-la-motivacion-academica-de-los-hijos/

FALEMOS DE ADOLESCENCIA E CANNABIS

Como afecta o cannabis a fillxs…

María José Iglesias Fungueiriño.
Psicóloga.
Especialista en Terapia Familiar,
Promoción da Saúde e Prevención de Condutas
Adictivas.

XOVES 13 ÁS 18:00, INSCRÍBETE, clica nos enlaces que están debaixo da imaxe, escaneando o código QR ou entrando na web espazofamilias.org.

espazofamilias.org/reserva

bit.ly/EspazoFamiliaS

BAIA RADIO 12

O primeiro programa de radio deste curso está adicado ao mes de novembro e, en especial, á CIENCIA.
Os nenos e nenas de 5ºA falarannos das actividades realizadas en torno á figura do homenaxeado no día da Ciencia deste ano: Tomás Batuecas, científico recoñecido internacionalmente polo seu traballo na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2019

Non olvides pedir un libro aos Reis. Estas son as nosas recomendacións.

Bo Nadal!!

Bo Nadal e bo 2020

Esperamos desfrutedes do descanso Navideño e teñades un feliz 2020.

Para a seguinte actividade de Centro, o día da Paz, podemos colaborar co medio ambiente reutilizando todos os papeis que poidamos do Nadal.

Faremos grullas xaponesas de papiroflexia, para o que precisaremos moito papel. Intentaremos traer á volta do Nadal, todo ese papel que xa utilizamos pero que está en bo estado para poder realizar a actividade.

SAÚDOS

TARDE DE XOGOS

NOVIDADES NA BAIABIBLIO

Estes son os novos libros que xa podes ler na Baiabiblio.

CULTURES MEET IN EUROPE

Entre as actividades a realizar dentro do Proxecto Erasmus, está a participación en proxectos eTwinning en colaboración con centros educativos de Europa.

Durante o curso pasado, participamos no proxecto «Cultures meet in Europe» xunto a centros de Portugal, Albania, Reino Unido, Polonia, Austria, Italia… Durante o mesmo, realizamos actividades nas que compartimos e aprendemos acerca da xeografia, cultura e tradicións dos diferentes países participantes.

Aquí podedes ver unha mostra da nosa participación:

Tocamos o xilófono

Practica un pouco e escoita como soaría.

http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

Horario biblioteca

Luns, xoves e venres de 16:00 a 18:00h.

Martes de 16:00 a 17:00h

Mércores aberta a toda a comunidade educativa de 16:00 a 18:00h.

Ademais en horario lectivo, o alumnado pode acudir de luns a venres de 11:30 a 12:00h.

O UNIVERSO NO TEITO!!!

Establecementos colaboradores coa ANPA

Proxecto Erasmus+ka101

No documento de descarga poden ver o noso proxecto!

Esperamos que sexa do seu inetrese.

PENTAÏWAN, para 4º,5º e 6º nivel.

Se queredes practicar co audio, aquí o tedes!

Bag (3º nivel)

Para os que queirades practicar co audio… aquí o podedes escoitar!

Axudas conciliación familiar Concello

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2019.html

Listaxe de admitidos no Comedor

A continuación tedes a listaxe de admitidos ao comedor:

CEIP Santa Baia no programa Erasmus+

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte para o período 2014-2020.

Erasmus+ é un programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar a numerosos sistemas de educación, formación e xuventude a proporcionar unha ensinanza e un aprendizaxe que doten a as persoas de as capacidade necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

En España é o Servicio Español para a internacionalización de la Educación (SEPIE) a organización designada como axencia nacional para a xestión coordinada do programa Erasmus+ para o ámbito da educación e a formación.

Erasmus+ quere mellorar a calidade da ensinanza Infantil, Primaria e Secundaria nos centros de toda Europa.

Ofrece aos profesionais de destes niveis oportunidades de Movilidade para o Aprendizaxe, co obxectivo de ampliar e mellorar o seu desenvolvemento profesional, ademais de posibilitar a colaboración cos seus homólogos de outros países de Europa. Mediante as Asociacións Estratéxicas apoia o intercambio de boas prácticas e criterios de innovación para abordar retos comúns, como o abandono escolar ou o baixo nivel de coñecemento básico, fomentando os vínculos co mundo extraescolar e con outros ámbitos educativos e formativos.

Para mestres e persoal non docente para realizar actividades de desenvolvemento no estranxeiro, de ampliación de coñecemento e aptitude. Actividades que poden durar de dous días a dous meses e incluso chegar ao ano. Son actividades tales como:

  • Cursos ou actividades de formación estructuradas no estranxeiro.
  • Docencia en centros de ensinanza asociados.
  • Período de observación no estranxeiro nun centro asociado ou outra organización relevante activa no ámbito da Educación Escolar, jobshadowing.

Ábrense novas perspectivas en educación, permitindo intercambiar coñecementos e boas prácticas en diferentes materias.

O CEIP Santa Baia ten aprobado 4 mobilidades  do proxecto Erasmus KA101;  polo tanto, o presuposto recibido é para xestionar 4 “job shadowings” en colexios de Europa e a través de esta experiencia,  lograr os obxectivos propostos no proxecto presentado: “Alumnado con NEAE: Inclusión e Espacios Dinámicos”, tendo en conta as necesidades do centro e sen olvidarnos da importancia do impacto e difusión en toda a comunidade educativa.

BAIA RADIO 7 E 8

No programa da Baia Radio 7, os nen@s de 2ºB fálannos do mes de maio.

Os nen@s de 5ºB, adicaron o  programa número 8 da nosa radio ás Letras Galegas e ao autor homenaxeado deste ano, Antón Fraguas.

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Os nenas e nenas de 2º e 5ºC tiveron a sorte de coñecer a Yolanda Castaño, autora, entre outros, do libro que están a traballar na clase: «Coller as rendas».

Os alumn@s de 2ºC e 5ºC están realizando stop motion basados nos seus poemas. Aquí vos deixamos unha mostra:

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, día do Libro, recibimos a visita de Xulio Gutiérrez para presentarnos o seu novo libro: «Viaxeiros».

Realizamos unha actividade de apadriñamento lector na que todo o alumnado compartiu un agradable momento de lectura, aínd que esta vez acompañounos a chuvia.

Por último, os nenos e nenas de 2ºC e 5ºC adicaron  o programa de radio ao Día da Terra e ao Día do Libro.

TARDE DE POESÍA

Divertida tarde con Marta Ríos.

BAIA RADIO 3

No terceiro programa da Baia Radio, as nenas de 2º entrevistaron a Candela, de 5ºC, que nos contou como comezou a sua afección pola natación.

BAIARADIO

Os nenos e nenas de 2º foron  os encargados de elaborar o primeiro programa da Baia Radio, retransmitido o venres 15 de marzo, a través da megafonía do cole.

Queres volver a escoitalo?

O segundo programa estivo adicado á Poesía.

OBRADOIRO DE POESÍA

O próximo mércores, 27 de marzo, terá lugar na Baiabiblio un obradoiro de poesía, dirixido a nenos e nenas de 5º e 6º, a cargo de Marta Ríos.

Non olvides anotarte en Secretaría, as prazas son limitadas.

Día da bici, sexta xornada sen CO2

Para o venres 13 de XUÑO realizaremos no centro a Sexta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello. Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio ás 8:30horas, e volta (13:45h).

Colaboración da Policía Local (seguridade vial) e Protección Civil (provisión de vallas no aparcamento do centro).

Esperamos que nos acompañen

SAÚDOS

Memoria club lectura

PRESENTACIÓN

Clica no enlace e coñecerás o proxecto deste curso.

PRESENTACIÓN

HERBAS DE SAN XOÁN!

Resulta difícil establecer a listaxe das herbas que se han considerar como herbas de san Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ao longo de Galiza. Si que se adoita dar a cifra de sete herbas diferentes. A máis estendidas son:

· Herba Luisa

· Estalote

· Fento

· Fiúncho

· Romeu

· Malva

· Xesta

. Herba de san Xoán

Recollemos no centro as que poidas aportar para preparar atados con elas e poder distribuílas ao alumnado que queira realizar o rito.

Podedes deixalas nos capachos que colocaremos na entrada ao edificio de primaria.

GRACIAS

https://gl.wikipedia.org/wiki/Herbas_de_san_Xo%C3%A1n

https://www.facebook.com/toxotelecomunicacions/posts/herbas-de-san-xo%C3%A1n-cales-son-na-t%C3%BAa-zona-sab%C3%ADades-que-a-mi%C3%B1a-avoa-b%C3%B3talle-toxo-c/1405991816972195

Plan proxecta «Aprendo programando»

Aquí deixamos un resumo do que fixeron os alumnos de 6º de primaria este curso 2024/25 no plan proxecta «Aprendo programando»

Próximas actividades no Concello

Escola de Música Concello de Boiro:

A partires do 2 de xuño e ata o18 de xuño, ábrese o prazo de preinscrición para o vindeiro curso.

O horario de oficina: Luns, mércores e venres de 10h a 13:30h e martes e xoves de 20h a 21h. 

A oficina está situada no 4º andar do centro social.

Tlf de contacto: 655700626/669250643

Podedes facer a solicitude a través do seguinte enlace:

https://forms.gle/zgCYBXPRvSN7KMbs6

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46670

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2025/2026

ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (DOG do 15 maio de 2025)

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º E 6º de Educación Primaria
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Alumnado de sexto que non o realice de forma telemática, terá que realizar a xestión no IES ao que acudirá o próximo curso.

Abrangue dende o 16 de maio ao 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 11 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

Romaría letras galegas

O venres 16 de maio celebraremos a Feira das Letras Galegas con diferentes actividades e obradoiros, dos cales un será a recreación de dous maios, polo que solicitamos a colaboración das familias.

Necesitamos  (mimosas, hortensias…, follas variadas) para poder montar os maios, polo que aqueles/as que podan traer ao centro flores e follas, agradecemos a súa axuda.

Comezaremos a recollida a partires do martes 13, para ter todo o necesario para o venres.

Tamén precisaremos que traian o venres pola mañá colaboración para o posto BAIACOMIDA. Empanada, biscoito, pans… o que consideren axeitado para o nosa feira!

Esperamos que todo o alumnado desfrute da xornada e posteriormente subirase á páxina web fotos e vídeos de como foi a celebración para que as familias tamén podan ser partícipes.

Obradoiros e estacións:

  • BaiaCaricatura.
  • BaiaTraíña.
  • BaiaComida
  • BaiaPhotocall
  • BaiaMúsicas do mundo
  • BaiaMaios
  • Baia»Sargadelos»
  • BaiaChapa
  • BaiaReto (robótica)
  • BaiaXogos tradicionais
  • BaiaVídeoFeira

Reciban un cordial saúdo e gracias pola súa colaboración.

XI Carreira pola Diversidade

Estimadas familias:

Desde o colexio queremos convidarvos a participar na XI Carreira pola Diversidade 🏃‍♂️🎉, organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio de 2025 📅 ás 10:00 h 🕙 na explanada de Coroso (Ribeira).

Este evento ten como obxectivo promover a inclusión e a participación de persoas con e sen diversidade funcional 🤝, nunha xornada deportiva e solidaria aberta a toda a cidadanía 🏡.

A carreira ofrece distintas modalidades para adaptarse a todas as idades e capacidades:

🏃‍♀️ Categoría Absoluta Mixta (5 km)

🏃‍♂️ Zapatilla Inclusiva (5 km)

🏎️ Handbike e Cadeira de Atletismo

👧🧒 Carreiras Infantís (de 100 m a 2 km)

🚶‍♂️🐾 Andaina libre (3,33 km) – ideal para camiñar en familia… e tamén con mascotas!

As inscricións están abertas ata o 6 de maio ✍️ e pódense realizar a través desta ligazón:

👉 Inscrición XI Carreira pola Diversidade

Prezo de inscrición: 7,50 € 💶.

As provas infantís son gratuítas.

Tamén existe a opción de colaborar a través do «Dorsal 0» 🎗️, para quen queira apoiar o evento sen participar presencialmente.

Todo o recadado destinarase a actividades de lecer e respiros familiares para as persoas usuarias da Asociación Ambar 💛.

É unha oportunidade estupenda para vivir unha mañá diferente ☀️, fomentar valores de inclusión e compartir un momento especial entre alumnado, familias e comunidade educativa 🎓👨‍👩‍👧‍👦.

Animádevos a participar e a difundir esta iniciativa! 🎈

Para máis información:

🌐 Web: asociacionambar.org/carreira-pola-diversidade

✉️ Correo: correo@asociacionambar.org

☎️ Teléfonos: 981 87 44 80″

Axudas para alumnado Con necesidade específica de apoio educativo para o cursos 2025-2026

Nova Convocatoria NEAE para o vindeiro curso 2025/2026, para que o poidades ler, e más adiante darémosvos máis información acerca da mesma.

O prazo de solicitudes é do 30 de Abril ás 8:00 ata o 11 de Setembro as 24:00 horas, na web do Ministerio de Educación.

Un saúdo

Obradoiro ilustración (Biblioteca)

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN
RODRIGO CHAO
26 marzo
16:00 a 18:00

Na Biblioteca do cole, o mércores 26 de marzo en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas, vaise realizar un obradoiro de ilustración coa temática “A volta ao mundo en 80 días”.

O obradoiro está destinado ao alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para participar, haberá que apuntarse na Secretaría do cole desde o martes 18 ata o martes 25 de marzo. Serán seleccionadas as 30 primeiras persoas que se apunten.

Animámosvos a participar!