Category Archives: EXTRAESCOLARES
BAIA RADIO «DÍGOCHO EU»
Posta en marcha do HORTO
A Asociación AMICOS colabora co noso Centro en varios aspectos. Este curso incluímos a súa colaboración coa posta en marcha do horto escolar, que durante o confinamento se botou a perder:
Despois da intervención dos usuarios e monitores de Amicos, xa temos o horto preparado para comezar coas actividades educativas co alumnado do Centro.
En breves xornadas comezaremos coa plantación e coidado das parcelas e invernadoiro.
SAÚDOS
SAMAÍN. DIGOCHO EU!
A partires de hoxe, comezaremos a emisión, a través da Baia Radio, dun programa mensual chamado
«DÍGOCHO EU»
Esperamos que vos guste e sexa do voso agrado. Poderase desfrutar del a través da web do centro e do blog da Biblioteca.
Co gallo da celebración do Samaín, gravamos un programa adicado a esta conmemoración:
«Dígocho eu. Especial Samaín»
Asemade, durante os vindeiros días, compartiremos con vós outras actividades que estamos realizando para celebrar estas datas no colexio.
Agora, atreveste a poner a proba os teus coñecementos da nosa lingua?
Tamén realizamos unha espectacular QUEIMA DOS MEDOS!
Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño
Queremos propoñervos una serie de actividades para conmemorar esta data:
- Inventa un refrán sobre o medio ambiente.
- Fai nubes de palabras dixitais con vocabulario desta temática. Podes usar WordArt.com. Seguindo unha serie de pasos moi sinxelos (pinchar en crear, engadir unha lista de palabras que ti elixas, en “shapes” seleccionar a imaxe que che guste e por último, visualizar) conseguirás resultandos como estes:
- Elixe e realiza una acción sobre o medio en compaña da túa familia; por exemplo: coida unha planta do parque, pecha un grifo que atopes aberto, …
ENTROIDO 2020
ENTROIDO 2020, temática XAPÓN e Xogos Olímpicos
Actividades previas:
- Elaboración de disfraces: familias e aula.
- Felipiño: consello dos nenxs, familias e mestrxs.
21 de febrero:
- Desfile de entroido; policía local e mestrxs CEIPs Santa Baia e Praia Xardín.
- Degustación, preparan familias para o alumnado.
- Tempo de xogos. Alumnado.
Solicitamos a colaboración das familias para que esta efeméride sexa desfrutado polo alumnado:
- Axudando coa elaboración dos disfraces.
- Facilitando os mandatos do Felipiño.
- Elaborando os doces do entroido para o día 21.
- Non interferindo durante o desfile (faremos chegar fotografías ás familias).
Día da Paz e da Non Violencia
Ademais das actividades previas e de aula (lecturas, origami…), o día 30 realizamos un pequeno acto:
- Lectura de manifesto.
- Visonado dunha curtametraxe sobre Sadako.
- Baile conxunto.
Que resumimos no seguinte vídeo.
25 N, día internacional contra a violencia machista
Para Infantil e 1º,2º,3º e 4º
http://www.blogdelmaestro.com/2016/11/25-de-noviembre.html?spref=fb&fbclid=IwAR1OERT1MgdtZ5YLe0FDCRRTmkqalVlpbD8z5dC3TtQAL1G43xpJFbXtCF0&m=1
Para o quinto e sexto nivel:
Para todos….
20N, día internacional da infancia
Proposta de visionado para infantil, 1º e 2º nivel de primaria.
Para o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º o vídeo “Por mans pequeñas”http://www.interactuem.org/video.asp?id_fichero=157
PDF fotos niños esclavos20-N: Día de los Derechos del Niño. Trabajo infantil: imágenes para la reflexión