Posta en marcha do HORTO
A Asociación AMICOS colabora co noso Centro en varios aspectos. Este curso incluímos a súa colaboración coa posta en marcha do horto escolar, que durante o confinamento se botou a perder:


Despois da intervención dos usuarios e monitores de Amicos, xa temos o horto preparado para comezar coas actividades educativas co alumnado do Centro.


En breves xornadas comezaremos coa plantación e coidado das parcelas e invernadoiro.
SAÚDOS
Distribución de máscaras entre o alumnado
BENEFICIARIOS:
- Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021. NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
- Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
- Pertenza a familias con renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Unicamente de forma presencial no centro docente.
- Prazo de presentación : do 16 ao 27 de novembro.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Anexos I e II.
- Copia do libro de familia.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
SAMAÍN. DIGOCHO EU!
A partires de hoxe, comezaremos a emisión, a través da Baia Radio, dun programa mensual chamado
«DÍGOCHO EU»
Esperamos que vos guste e sexa do voso agrado. Poderase desfrutar del a través da web do centro e do blog da Biblioteca.
Co gallo da celebración do Samaín, gravamos un programa adicado a esta conmemoración:
«Dígocho eu. Especial Samaín»
Asemade, durante os vindeiros días, compartiremos con vós outras actividades que estamos realizando para celebrar estas datas no colexio.
Agora, atreveste a poner a proba os teus coñecementos da nosa lingua?
Tamén realizamos unha espectacular QUEIMA DOS MEDOS!
GRACIAS
A súa colaboración está sendo fundamental para poder levar a cabo a nova organización de adaptación á Covid-19.
Para mellorar estas dinámicas, debemos ten en conta non entrar no recinto antes da quenda de recollida (á saída) para non xuntarnos coas familias da quenda anterior e á hora de entrada, non esperar no portal de acceso ao recinto (para evitar as aglomeracións).
Tamén recordar que o máis axeitado é que o alumnado entre só (de non ser posible en infantil, máximo unha persoa por familia), para reducir o fluxo de persoas e melloren en autonomía.
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA
Por favor, complenten unha enquisa por cada fillo/a matriculado/a no Centro.

Clica para realizar a enquisa.
Un dos documentos cos que ten que contar o centro é o Proxecto lingüístico, que se renova cada catro anos.
Precisamos a súa axuda para realizar esta actualización realizando a enquisa que achegamos.
Moitas gracias pola súa imprescindible colaboración.
Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria
Número de probas diagnósticas positivas no Centro
Casos activos 3.
Casos totais 99.
Por agora non se localizaron contaxios por parte do alumnado durante as actividades lectivas no centro.
881540045 para dúbidas ou comunicación de positivos (tamén https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID) .
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
Estimadas familias:
Comunícolles que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 98 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Dúbidas ou comunicación de positivos 881540045.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.
Reciban un cordial saúdo,
1Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
3Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/
HEALTHY SANTA BAIA
Este vídeo é unha recompilación dalgunhas actividades relacionadas coa comida que se levaron a cabo no noso colexio e co cal participamos nos proxectos europeos eTwinning («Time to Make the Move«) e Erasmus+ KA101 («Alumnado con NEAE: Inclusión e Espazos Dinámicos«).
CHEFS & CLOTHES DESIGNERS
Actividades relacionadas coa alimentación enmarcadas no proxecto etwinning «Time to make the move».

























































