INICIO DE CURSO 21/22

Iniciamos o novo curso prorrogando as medidas anticovid reflectidas no protocolo do ano pasado. Polo que se manteñen todas as medidas que se reflicten na web do centro https://santabaia.es/?page_id=7666

O inicio das xornadas lectivas será o 9 de setembro en horario habitual (de 8:45h a 13:45h) pero recordar a entrada e saída escalonadas por diferentes accesos, máscara obrigatoria (unha de reposto incluída), aulas burbulla en infantil e patios diferenciados en primaria.

4º de infantil terá o período de adaptación e 1º de primaria entrarán ás 9:00h no patio cuberto para poder presentarlles ás persoas titoras e indicarlles a súa aula correspondente.

Aquí publicaremos as xuntanzas e información de principio de cursos ás familias e o material de aula necesario.

XUNTANZAS COAS FAMILIAS INICIO DE CURSO

MATERIAIS PARA O CURSO

CALENDARIO ESCOLAR

PERSOAL DO CENTRO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *