Día Internacional das persoas con (Dis)capacidade.

O pasado 3 de decembro conmemorábase o “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”. Tal e como proclama a ONU, o obxectivo desta celebración é o de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

En cursos anteriores, varios grupos de alumnado do noso cole participaban, xunto a escolares doutros centros educativos do concello, dunha festa organizada pola asociación AMICOS. Mediante xogos, teatro, contacontos, … e outras actividades con carácter lúdico, o noso alumnado poñía a proba as súas capacidades experimentando distintas situacións: salvar obstáculos nunha cadeira de rodas, identificar alimentos polo seu olor, discriminar obxectos pola súa textura, … e todo coa finalidade de sensibilizar sobre a diversidade de capacidades. E comprender que esa diversidade é a que axuda a completar o crebacabezas da nosa sociedade.

Dada a situación socio-sanitaria actual, no presente curso académico non foi posible a celebración conxunta desta experiencia; sen embargo, o propio xoves 3 e os días da seguinte semana, na hora do recreo, algún grupo de alumnos e alumnas do cole puideron participar coa experimentación dalgún destes xogos adaptados.

Unha mostra desta celebración queda recollida no vídeo que vos compartimos. Xogando co PACK LÚDICO que a Asociación AMICOS nos facilitou, celebramos así a 3ª edición do

Festiritititi
2020

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *