Melloramos o noso cole!
A verdadeira Educación para a Cidadanía é intentar mellorar todo o que está ao noso redor. Nesta ocasión a nosa misión foi pensar e elaborar normas e consellos cívicos para que non se produzan accidentes no noso cole.
Coma sempre… pasen e vexan! 🙂
6º C visitamos aos nosos ex-profes!!
Hoxe fomos ata o CEIP Praia Xardín para visitar aos nosos ex-metres, Vilas e Francisco. Cando chegamos xa nos estaban esperando para levarnos ata a aula de audiovisuais. Non sabiamos porque querían que fóramos ata alí… e a nosa sorpresa foi que nos proxectaron un vídeo con fotos nosas de cando estábamos en 1º e 2º. Algúns de nós emocionamos moito posto que nos fixo lembrarnos do ben que o pasamos con eles. Non conformes con isto, ata nos deron unhas «chuches»!
Pasámolo xenial e dende aquí querémoslle dicir que foron (e temos constancia de que o seguen sendo) uns profes xeniais!!
Grazas por todo!
Vaia vaia cos artistas do BAIA!!
BAIA MUSEO
Os alumn@s do Santa Baia son uns auténticos artistas! Agora «déuselles» por coller a brocha fina e facer cadros tendo en conta unha diversade de pintores, na súa maioría galegos.
Pasen e vexan!
COMPARTIMOS BOS DESEXOS!
Non só entre eles se desexaron boas festas senón que os nenos do Santa Baia quixeron trasladar os seus mellores desexos ao resto dos Boirenses. Para iso fixeron postais que logo deixaron nalgúns dos comercios de Boiro, como: Opticalia, zapatería Kecos, etc.
Así pois, COMO DIRÍAN OS MÁIS PEQUENOS: FELICES FESTAS!!
O Apalpador despistado!
Este ano o Apalpador andivo moi animado, de feito ata fixo un vídeo onde lles quería amosar aos neno/as un pouco da súa historia e máis uns pasiños do seu xa famoso baile.
Pero ademais de contento e ledo por levarlle a tódolos nenos agasalliños tamén andivo un puco despitadiño… Durante a última semana de cole perdeu algúns dos seus obxectos: boina, bufanda, caxato, boneco de madeira… que os nenos/as, moi amablemente, lle axudaron a atopar.
Estas foron as clases máis rápidas e habilidosas á hora de buscar e rebuscar… ata dar con estes obxectos perdidos!
En sinal de agradecemento o Apalpador deulles un almanaque do 2015.

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxecto perdido do Apalpador.
2 parcelas preparadas!!!!!
Unha vez que rehabilitamos as dúas primeiras parcelas e o invernadoiro, xa podemos comezar ca recuperación da zona Oeste do horto!
Na primeira parcela plantamos allos, repolos de dous tipos e nabos.
E no invernadoiro, puxemos semilleiros de dous tipos de piñeiros, sobreiras, carballos e diversos frutais.
SEGUIREMOS TRABALLANDO!!!!!
» UN OUTONO PICTÓRICO»
O alumnado de 1º acabamos, coma quen di, de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.
PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.
Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:
Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.
A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do proxecto de centro «BAIA MUSEO».
Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez.
E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?
EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!
ACUARIO… XA TEN MÁIS DUNHA DUCIA DE ESPECIES!!!!
O noso veciño e exmestre do colexio, Enrique Basavilvaso García, axudounos a montar esta fermosa peceira… que agora nós temos que encher!!!!!
Imos a representar un cachiño dos fondos mariños da nosa prezada ría de Arousa, así que agora, tedes que axudarnos a instalar inquilinos na peceira.
Colaboran co acuario – Escolas en Acción
Podedes seguir colaborando traendo peixes pequenos ó…
ACUARIO AUTÓCTONO DO SANTA BAIA!!!!!
LAPA, MINCHA, ARNEIRÓN, MEXILLÓN, OSTRA, COQUINA, AMEIXA, CORNETA, CANGREXO ERMITAÑO, ARAÑA DE MAR, SANTIAGUIÑO, NÉCORA, PATEIRO, LORCHO DE AREA, LORCHO COMÚN, ANGUILA, ESTRELA DE MAR, BOI DE MAR, MEXILLÓNS…
QUEN SE ATREVE A CLASIFICALOS???
BAIA ROCK BAND!!!
BAIA ROCK BAND… son…
David, Sheila, Pablo, Guiomar, Carlos, Elixa, Ramón, Alba, Valentín, Alecoy, Juan, Sergio, Juandaly, Ana, Xabier e Anabel.
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES NAS PROBAS DE SELECCIÓN
Foi moi difícil elexir porque o fixéstedes todos moi moi moi ben!!!
OS FINALISTAS!!!!!
Estes son os clasificados de cada categoría e a data na que se decidirá quen consegue entrar na banda… QUE NERVIOS!!!!
GUITARRISTAS: David 4ºC, Valentín 6ºD, Anelís 4ºA, Sheila 5ºC, Pablo 4ºA e Hugo 6ºD. Xoves 27 de novembro.
BATERÍAS: Ana 6ºC, Carlos 6ºA, Ramón 6ºC, Miguel 6ºA, Javi 6ºC e Adolfo 5ºC. Luns 1 de decembro.
BAIXISTAS: Aberto prazo inscripción ata o martes 2 de decembro (apuntarse na aula de música). Mércores 3 de decembro.
PERCUSIONISTAS:
– PLACAS: Sergio 6ºA. Mércores 3 de decembro.
– P.A.I.: Aberto prazo inscripción ata o martes 2 de decembro (apuntarse na aula de música). Mércores 3 de decembro.
CANTANTES: Ainhara 6ºD, Alba C. 5ºA, Alecoy 6ºA, Lucía 3ºC, Juandaly 4ºA, Guiomar 6ºD, Elisa 6ºB e Juan 6ºB. Xoves 4 de decembro.
TECLISTAS: Xabier 6ºD, Alba 4ºC, Alexandra 6ºD, Violeta 4ºC e Carlos 6ºB. Venres 5 de decembro.
APORTACIÓNS PERSOAIS:
































































