Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso
HOXE, 13 DE ABRIL, PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS, 5 días hábiles para a reclamación. (Todas as solicitudes foron aceptadas)
Poden consultalas nos taboleiros do centro, chamando á secretaría, por correo electrónico ou tps://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision.
Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio.
FORMACIÓN PARA FAMILIAS
Estimadas Familias,
Nas dúas reunións previas do Consello Escolar Municipal, os/as representantes, tanto dos centros de ensino como das ANPAS puxeron de manifesto que tiñan demandas das familias do alumnado respecto de ter acceso á formación e asesoramento tecnolóxica, dado que varios pais/nais non contan con formación ou teñen un nivel moi básico que lles impide traballar cos ordenadores, para, por exemplo, buscar información para axudar as súas crianzas a facer os deberes ou traballos, ou mandar un e-mail para poñerse en contacto cos profesores, para baixar impresos das web do centro, etc.
Por este motivo poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro, pon á súa disposición o servizo do Axente TIC para poder asesorarlles ou ensinarlles no manexo tecnolóxico (ordenadores), en todas aquelas dificultades que teñan. O fin principal destas clases é o de que, vostedes, podan defenderse e xestionar a vida escolar das súas crianzas (comunicación cos profesores, clases online, búsqueda de información en internet, etc.).
Esta formación impartirase en xullo e agosto 2021 de forma grupal e incluso individual e de maneira gratuíta.
Se queren participar so teñen que facer una sinxela solicitude: mandar un e-mail a axentetic@boiro.org cos seus datos e teléfono de contacto e indicando cal é a súa necesidade. De seguido, o axente poñerase en contacto con vostedes para concretar tanto a formación como os horarios da mesma. E dicir, acordarán tanto os contidos, coma os horarios das clases.
Se non pode facelo a través do enderezo electrónico pódense dirixir: ao Centro Social de Boiro (Alberto ou Samuel), á Casa de Cultura de Boiro (Elena ou Manola) e/ ou ao Centro Social de Cabo de Cruz (Pitusa), onde lle axudaran a cursar a solicitude sen ningún compromiso.
Aproveitamos para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro ten un blog onde vostede pode ter información do seu interese (formación, teléfonos e e-mail de contacto, subvencións, etc.) BLOG: educacionboiro.blogspot.com
Sen outro particular, esperando que esta formación e asesoramento lles sexa de axuda, reciban un cordial saúdo
Concellería de Educación
Slow Food – Come local
16 centros os escollidos para participar nesta segunda edición da «Come Local» e que esperamos que acabedes tan satisfeitos coma na primeira edición que fixemos de setembro a decembro do 2020 da cal tedes máis información no seguinte link:
https://www.slowfood.com/es/campana-come-local-en-comedores-escolares-de-galicia/
Ademais tamén formarán parte da mesma, os 4 Comedores Escolares Km 0 que xa participaron na primeira campaña: CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Os Muíños (Muxía), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e CEIP López Ferreiro (Compostela.
A campaña será recollida tamén nas nosas redes sociais e nas da Agacal para dar boa conta do traballo e da implicación de cada un dos centros participantes.
Os centros que participarán nesta segunda volta: Divino Maestro e Colexio La Milagrosa de Compostela; Colexio Alca de Ames, CEIP Santa Baia de Boiro; CPI Dr. López Suárez de Friol; CEIP San Cosme de Barreiros; CEIP Juan Rey de Lourenzá; CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda; IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, CEIP Joaquina Gallego Jorreto de A Merca; CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Vega; Colexio Salesianos-A Mercé de Cambados; CEIP Xoaquín Loriga de Prado; CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa e CEIP A Paz de Coruxo (Vigo).
COPLIÑAS DO ENTROIDO
AÍNDA QUE TARDE, XA ESTÁN AQUÍ!
Este curso de pandemia quixemos darlle un toque diferente a esta celebración.
Aquí vos deixamos estas rimas, con xestos e pouco movemento, para que o virus non teña crecemento.
Disfrutádeas!!!
CELEBRACIÓN 8M
AS MULLERES DA NOSA VIDA (8M) from Ceip Santa Baia on Vimeo.
AS MULLERES DA NOSA VIDA (8M) from Ceip Santa Baia on Vimeo.






















































