Asamblea xeral ordinaria ANPA

Mércores 17 de setembro no Centro Social de Boiro.

 12345

Aula de audición e linguaxe

Aquí podes ir seguindo as actividades que se van realizando!

CLICA!

COMPOSTAXE DOMÉSTICO, Boiro

O Concello de Boiro puxo en marcha a finais do ano 2019 a entrega gratuíta de composteiros domésticos para aquelas persoas e familias que contasen con vivendas unifamiliares ou vivendas colectivas con espazos verdes e/ou xardín. Con esta medida o Concello de Boiro pretendía comezar a artellar unha rede de compostaxe domestica que promovese unha redución de residuos orgánicos.
Esta medida, beneficiosa para o medio ambiente, as persoas e para a sociedade no seu conxunto foi ben acollida polos veciños e, ate o momento, nestes últimos anos levamos repartidos preto de 200 composteiros domésticos.
Na actualidade, neste ano 2022 temos aínda unha reserva de case 100 composteiros domésticos e, asemade, no ano 2023 prevemos repartir outros douscentos.

As persoas interesadas poden solicitar o composteiro presencialmente, no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, por enderezo electrónico en medioambiente@boiro.org ou telefonicamente.

SAÚDOS

Nunca entendín o mundo Pokemon pero as veces é necesario como recurso AL…

Boas a todos/as , hoxe comparto dúas fotos dalgunhas cousiñas que estivemos a traballar na aula de AL. Por un lado xogamos coas casiñas léxicas que nos serven para aumentar vocabulario dos alumnos/as de infantil traballando por categorías ( elementos da casa, mobles, xoguetes, animais, etc.). Con elas os alumnos/as poden nomear, recoñecer o que se lle demanda ou definir un concepto. Por outro lado, baseándonos nos gustos dalgún alumno ( estratexia para facerlle máis agradable a tarefa) fixemos carreiras con Pokemon para conseguir a Pokeball a medida que imos escribindo ben as palabras . Nesta tarefa o que se quere traballar e a «LOUCURA» da B e da V que tanto lles trae de cabeza. Co xogo, imos interiorizando e diferenciando o uso das mesmas en palabras de ortografía regrada e arbitraria con este fonema tan «tolo» de doble grafema.

MINUTO DE SILENCIO EN CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

En conmemoración do  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle  a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade.

Santiago de Compostela, novembro de 2022

Busca a mensaxe secreta.

A conciencia fonolóxica é uns dos aspectos máis importantes como prerrequisito para ter un bo proceso lectoescritor. Dentro desta conciencia fonolóxica se inclúe a conciencia léxica, silábica e fonémica ( traballalas auditiva e oralmente ). Despois que todo isto esta ben interiorizado, aparece o momento de dar o salto e pasar a introducción do grafema ( correspondencia fonema-grafema ). Nesta actividade que amosamos hoxe , estamos a traballar as mensaxes ocultas de maneira oral xogando coas sílabas iniciais de cada debuxo e elaborando oracións escritas. CONSELLO DO DÍA: Se queredes que os vosos fillos/as teñan un afianzamento do proceso lectoescritor é necesario que vos fagades moi amigos da conciencia fonolóxica xogando con algunhas actividades como estas: contar con saltos as sílabas, contar as palabras nunca oración, xogar a palabras encadeadas, sacarlle unha sílaba a unha palabra e dicir a resultante, dicir os fonemas e colocar a boca, memorizar e adquirir novo vocabulario, nomear palabras que comecen por un fonema determinado, etc.

Unha historia de vida.

Dende a aula de AL andamos a ver os gustos e particularidades nos nenos/as para poder traballar as súas necesidades. Un dos proxectos de traballo que temos en marcha cunha alumna , é unha árbore xeneolóxica para poder falar e escribir sobre a historia de vida ( excusa para traballar outras cousas), . Pero … unha árbore porqué? Pois mediante a árbore podemos falar e escribir da familia, de acontecementos ocorridos , de situacións e de historia . Tamén aprendemos a planificar unha redacción con autoinstruccións , a organizar a información, manexar as TIC , adquirir novo vocabulario e mellorar a morfosintaxe. Cando todo esté un pouco máis avanzado seguiremos subindo fotos. Saúdos e bo xoves familias!

Hoxe vai de inventos a cousa.

O grupo de dinamizacións da Biblioteca, elaborou estos días pasados un recurso moi bo e traballoso para poder usar todos os alumnos/as do centro . Dende a aula de AL , saímos a biblioteca para utilizalo como recurso didático e traballar o seguinte: Función executivas ( atención sostida, planificación e organización das tarxetas , inhibición e outros. ), comprensión lectora de oracións, traballo conxunto con alumnos con TEA e adquisición de novos coñecementos sobre inventos. Como vedes aprender é divertido!

P.E.L.O Programa de estimulación da linguaxe oral en Infantil.

Hola familias! Bo comezo de semana. Hoxe vos presentamos o PELO , un programa de estimulación da linguaxe oral que se está a levar a cabo con todos os cursos de Educación Infantil. É necesario reflexionar o complexo que é o proceso da adquisición da fala e toda a maquinaria que se ten que poñer en marcha para dominalo. Isto significa aprender a empregar un código de símbolos, que abarca a adquisición de vocabulario, articulación, coñecemento dos significados, elaboración de frases e usos de conceptos. É por iso que dende o centro, se está a levar a cabo dito programa coa finalidade de preparar aos nosos/as alumnos/as para a adquisición do proceso lectoescritor e previr as dificultades na linguaxe oral e escrita. De aquí en adiante os deixaremos algunhas das fotos das actividades a realizar cos pequenos/as .

Moito Maxín no Samaín

Benvido Chuvioso Xoves!

O colexio estase a poñer de medo e terror coa decoración e as cabazas que van traendo as familias!.  Como sabedes o Samaín  , do nome Samhain  é unha festividade de orixe celta  que despide o verán e da a benvida ao inverno . Na celebración se creía que  o mundo dos mortos abríase  deixando  espazo libre para poder moverse polo mundo dos vivos, polo que a xente se disfrazaba con máscaras e peles  e deixaban encendidas cabazas e luminarias para que os mortos os deixasen en paz. Dende a nosa aula de AL , compartimos algunhas actividades que estivemos a facer nestes días cos nenos/as . Nelas traballamos as habilidades metalingüísticas ( necesarias para un  uso axeitado da linguaxe) como son a conciencia sílabica e léxica. Para facelo máis atractivo utilizamos un Genially terrorífico  con ambientación de Samaín. Tamén  estivemos a facer redaccións  do Samáin con palabras dadas mediante as autoinstruccións , tan necesarias para o estudo  e a organización da información.  Saúdos terroríficos....... 

traballando habilidades metalingüísticas con genially ( conciencia silábica)
describimos con autoinstruccións

Xogamos coa granxa!

Hola familias: O xogo simbólico é un tipo de actividade onde os nenos/as, xogan e imitan a persoas , situacións e circunstacias . Con este xogo , se axuda aos pequenos a interpretar e asimilar o mundo que lles rodea. Antonte estivemos xogando coa granxa , coa que traballamos vocabulario e morfosintaxe , relacionada cos animáis elaborando frases de D+S+V e estimulando a linguaxe oral mediante onomatopeas. Vémonos!