Persoal de PT insuficiente

A análise das necesidades de persoal para o equipo de orientación do Centro e o persoal que desde a Xefatura Territorial destinan para o próximo curso non son as mesmas.

Para poder dar resposta ao alumnado do Centro e tender a unha inclusión efectiva, precisamos que a Xefatura territorial amplíe os recursos persoais da especialidade de PT no centro. Precisamos unha persoa máis especialista en PT para atender ao alumnado NEAE.

Este déficit de persoal repercute en todo o alumnado do centro, posto que prioritariamente cos recursos que dispoñemos debemos atender ao alumnado con máis dependencia, polo que o resto tería menos axuda para poder conseguir as competencias básicas previstas para o seu nivel educativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.