ROSALIAMOS
En marzo confluiron 3 datas sinaladas moi importantes…
mes da poesía, día da muller traballadora e día de Rosalía…
polo que concluímos que un bo homenaxe, sería recitar poemas dunha gran traballadora como foi Rosalía!
Os de infantil…
Os de primeiro…
Os de segundo…
Os de terceiro…
Os de cuarto…
e os de sexto… fixeron tres!!!!
Sexto B-C, ata con xestos para linguaxe de signos…
Sexto A-D, interpretan dous temazos. Dous poemas musicados por un exmestre de música deste Centro, Manuel Tubío.
Cantamos a Rosalía
Sexto A D, cantan dous poemas musicados polo exmestre deste centro Manuel Tubío.
Non queremos medio ambiente, querémolo enteiro!
Ademáis de astrónomos, esta semana tamén fixemos de ecoloxistas. A pesares de que o gran Eclipse centrou a maioría da nosa atención, non nos quixemos esquecer de celebrar o Día Mundial da Auga.
Aquí queremos amosarvos un pouco do MOITO que traballamos os nen@s de 3º!
AXUDAMOS NO COIDADO DO ACUARIO: Mantemento
Todo o cole aprendeu como de complexo é coidar e manter un gran acuario como o que temos. E non só isto, senón tamén a practicar un pouco as estimacións: Cantos litros de auga ten a noso acuario? Dende logo, o que sí nos quedou claro é que non andamos moi «finos» á hora de atinar nas estimacións. Ata houbo algún mestre que reconstruíu un acuario con cartóns de leite!! 🙂
Pero como aos alumnos/as de 6º gústalles compartir todo o que van aprendendo, a continuación presentan algúns dos seus traballos onde nos explican brevemente, pero sen descoidar ningún dato relevante, cales son os pasos necesarios para facer esta labor diaria.
Unha fórmula que nunca falla…
Ilusión+traballo+esforzo+colaboración= GAÑADORES do CONCURSO DE COPLAS DO CEIP Santa Baia

























































