Espazo FamiliaS Boiro
Innovador enfoque deste obradoiro co que e pretende unha actuación máis significativa e interxeracional.
O próximo venres 25 de abril ás 18:00h no IES Praia Barraña celebraremos a última xornada das programadas para este curso. Está deseñada para todo tipo de familias e idades, cun formato de compartir as distintas visións dos diferentes grupos de idade. Ao remate compartiremos uns petiscos. Agardámosvos con moita ilusión, cunha programación adaptada e con profesionais de experiencia contrastada.
Aproveita esta oportunidade, pode mellorar o día a día de toda a familia.

Campamento dixital
Proceso admisión 2025/2026
Comeza o proceso ordinario para novas matrículas. Iremos indicando nesta entrada as distintas fases do proceso.
- Reserva de praza no IES adscrito (IESP A Cachada) ata o 4 de febreiro. (PRAZO REMATADO)
- Poden realizar a solicitude de reserva a través da aplicación web admisión alumnado ou entregando na secretaría do CEIP Santa Baia. (PRAZO REMATADO)
- Publicadas listaxes de solicitudes a baremar e número aleatorios que lle corresponden. Só se barema 4º de infantil, hai 45 solicitudes para 40 vacantes.
- Publicación de listaxes provisionais 25 de abril.
- Reclamacións ao baremo do 26 de abril ao 2 de maio.
- Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.
- Prazo de reclamación e completar documentación. .
- Listaxes provisionais, poden consultalos na aplicación admisión alumnado ou no taboleiro de anuncios do centro.
- Listaxe definitivo 15 de maio..
- Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45538

Festa SAMAÍN Anpa
Foliada pola educación inclusiva
Prezadas familias:
A ANPA do IES A Cachada organiza hoxe, 11 de outubro, un serán reivindicativo de 7 a 9 da tarde no pavillón do instituto para reclamar que manden un mestre de Pedagoxía Terapéutica a tempo completo. Levararase unha vez máis as camisetas negras en sinal de protesta e farase unha recollida de firmas. Anímanvos a pasar polo centro nalgún momento dese horario e compartir esta xornada. Graciñas a todos os grupos de Boiro que van colaborar desinteresadamente neste evento.
Clica no enlace para toda a info.
Elección representantes CONSELLO ESCOLAR
PRÓXIMO 19 DE NOVEMBRO DE 16:15h A 18:15h poderán votar polo representante das familias no consello escolar do centro.
Xa poden consultar as candidaturas no taboleiro, foron aprobadas na xuntanza celebrada onte pola xunta electoral. Tamén onte se acordou a modificación dos horarios das mesas electorais do 19N:
- Votación representantes familia; hall do centro de 16:15h a 18:15h.
- Votación representantes mestrado; claustro extraordinario ás 17:30h.
- Votación representante persoal non docente; secretaría do centro ás 13:40h.
Pasos anteriores do proceso:
- Comeza co sorteo público para constituír a xunta electoral (14 outubro).
Unha vez realizada a composición e primeira xuntanza da Xunta Electoral, publicamos as convocatorias de elección dos distintos sectores:





























































