Category Archives: DEPT. ORIENTACIÓN
Marcha Febreiro
Boas familias, hoxe vou compartir con vos algunhas das cousas que facemos coma sempre na aula de AL nas intervencións. Na primeira foto, podedes observar o traballo do recoñecemento das emocións e expresións faciais co alumnado con TEA, posto que experimentan certa dificultade para manexar e recoñecer expresións emocionais as cales son tan importantes no proceso da comunicativo social.
Na segunda foto , estamos a presentar o recoñecemento dos grafemas e o seu correspondente fonema e a relación cunha palabra . ( acercándonos ao principio alfabético).
Na terceira imaxe , aparecen uns libros que particularmente gústanme e que por iso collín un carro deles 🙂 .
Están escritos en maiúsculas , rimados ( para traballar as rimas e conciencia fonolóxica) e teñen certas palabras en cor diferente ( palabras novas, sustantivos, etc). Estos libros están moi chulos para usar co alumnado que presenta dificultades na lectura xa que así, pódense amosar as letras cos distintos alógrafos» traxes » que posúen. Ademáis , como sabedes , nos primeiros cursos da primaria están máis cómodos neste formato. Os libros chámanse Escuela de Monstruos ,tratan temas superdivertidos e chistosos para os cativos/as e son da Editorial Montena.
Na penúltima foto estamos a traballar con alumnado con a chamada «dislexia» ou Trastorno específico da Aprendizaxe. Unha das dificultades que encontra este alumnado é a entonación e a marca do golpe de voz nas palabras o cal posteriormente conleva dificultades na identificación da acentuación entre «agudas, graves e esdrúxulas». Con esta actividade de Diverlexia estamos facendo un percorrido dende o comezo das dificultades para ir avanzando pouco a pouco. A ver se para a vindeira semana subo uns videos.
Na derraideira foto estamos a respirar e a intentar levar unha cadencia e un control da entrada e saída do aire para obter moitos beneficios ( mellora da saúde, estar máis tranquilo, mellora da articulación, control y relación entre respiración e fonación, etc.). Para iso estivemos a facer exercicios de respiración como xa mostrei outras veces e tamen xogamos con globos e pompeiros para divertilo un pouquiño. Eso si o alumno , quedou mou relaxado!!
Bo fin de mes e vémonos en vindeiras entradas!





Chega o Nadal!
Boas Familias,, antes de chegar as festas gustaríame compartir con vos algunhas das tarefas feitas neste mes, e algúns consellos sobre o chamado RSL ( Retraso Simple da Linguaxe ). Durante decembro, fixemos tarefas variadas para rematar o trimestre entre as que destacan as seguintes como podedes ver nas fotos adxuntadas :
1 ) Conciencia fonolóxica xogando a : que son é o comezo da imaxe ? . Esta actividade e das máis importantes na Educación Infantil coma requisito previo da lectoescritura , posto que estamos a traballar a conciencia fonolóxica e os sons que inclúen as palabras antes de pasar as grafías e a linguaxe escrita.
2 ) Principio Alfabético e Velocidade de denominación : Nesta actividade afianzamos a conversión fonema e grafema e traballamos a velocidade de identificación anotando os tempos e melloras. Sempre comezamos por vocales e posteriormente por grafías traballadas no orden que seguen na aula ordinaria.
3 ) Lectoescritura e grafía: Traballo de vocabulario e grafía mediante elementos multisensoriais como bolígrafos de metacrilato e mesa de luz.
4) Organización de morfosintaxis mediante el PROLÉXICO.: Elaboración de frases e oracións.
5) Tarxetas dos desexos do Nadal que o alumnado levará a casa para colgar na árbore.
Unha vez comentadas algunhas das actividades do mes, gustaríame farlarvos de maneira moi breve sobre o RSL e a súa importancia. O Retraso Simple da Linguaxe caracterízase por un retraso na linguaxe e unha evolución non acorde ao que lle corresponde por idade. Este RSL afecta a todas as áreas e conleva unha evolución máis lenta sen consideralo un trastorno ou patoloxía. O interesante do RSL é que case non ten repercusión sobre a aprendizaxe da linguaxe escrita .
¿ Cómo familias como podedes detectalo ? Ollo! : linguaxe un ano o máis tarde do normal por idade, dificultades na expresión e na fala máis que na comprensión e dificultades para emitir sons .
Consello: Detectalo canto antes posto que mellora moitísimo a súa competencia lingüística cunha boa intervención . Tamén e moi necesario falar e xogar o máximo posible cos fillos/as con verbas, cancións, xogos da fala, contos e outros , reducindo o máximo posible o uso de pantallas.




Novembro…
Bo día ! Este mes de novembro ,tivemos bastantes actividades polas datas celebradas como o Samaín e o Magosto, por iso estiven sen subir fotos das tarefas feitas. Facendo un pequeno recopilatorio, hoxe gustaráime falarvos da respiración e da súa importancia na fonación e na relaxación das crianzas. Aprender a respirar ben é unha tarefa que non parece ter moito interese pero que axuda a que non aparezan trastornos da voz. Temos que ser conscientes que a voz é o noso instrumento de traballo, relacións e comunicación en moitos casos. Observando a moito alumnado, vese que presentan unha respiración invertida (no que o abdomen se contrae ao respirar e o contrario ao espirar) ou realizan movementos desproporciados sen control. Pois ben , por todo iso, na aula de AL tamén traballamos a respiración co noso alumnado para regular o aire, conseguir coordinación entre a respiración e a fonación, relaxar a musculatura, alargar as fonacións e outros. Algún dos xogos e exercicios que levo a cabo son : o xogo de » teño un globo na miña barriga » e » a Tartaruga e o león». Todos estos xogos, son levados a cabo nun ambiente tranquilo , sen luz e con música para favorecer a relaxación total do alumnado. Pouco a pouco , e mediante a práctica aprenderán a regular a respiración que tanto inflúe na fala e na coordinación respiración-emisión.
Para rematar, gustaríame engadir que é moi importante ensinarlle os nenos/as a importancia da respiración e da voz e do cuidado da mesma. Aquí vos deixo algúns consellos que vos poden axudar como familias no cuidado da voz:
Evitar comidas e bebidas moi quentes ou frías, evitar cambios de temperatura bruscos, non forzar a voz, reducir o carraspeo seguido, evitar respirar sempre pola boca, non elevar o tono, non chillar ou gritar no parque o nos xogos, facer respiracións e relaxación, hidratarse con moita auga, descansar a voz , facer gárgaras, etc. Espero que vos sirvan e sexan de axuda sobre todo agora que se achega o inverno. Saúdos e bo domingo! ( A maiores colgo algunhas fotos doutras actividades feitas de articulación, conciencia fonolóxica, morfosintaxe, etc.)









Rematamos outubro e chea novembro o mes do Samaín e as castañas!
Boas familias! Durante estos días estiven a traballar algo de Samaín , pero non é ata a semana cando nos poremos a tope co tema e actividades relacionadas. Polo demáis como vedes nas fotos estivemos a xogar coas imaxes terroríficas e aprender vocabulario para posteriormente facer oracións ( non frases ) . Cando fago esta actividade co alumnado intento eliminar o verbo » ser ou estar» posto que a maioría so recurren a ditos verbos. ( Non vexades como lles custa cando bloqueo esos verbos ; ( ). Como vedes , traballamos a sílaba tónica e a acentuación mediante «minichuletas- visuais feitas» que lles serven de apoio nun principio ata que as van interiorizando ( créedeme que funcionan e é mellor deixarllas nun principio e logo ir eliminandoas pouco a pouco). A sílaba tónica parece unha chorrada pero é moi interesante , posto que nos permite marcar a entonación e golpe da palabra para pronunciala na lectura e identificar a sílaba forte para logo saber onde vai a acentuación . Vamos… que a sílaba tónica , parece unha actividade sinxela pero nada diso xa que moito alumnado con dificultades na linguaxe non a distinguen. Así que un bo exercicio nos tempos mortos do coche ou na casa, é xogar a marcar a sílaba tónica, separar sílabas ou xogar ás rimas posto que todo iso contribúe a conciencia fonolóxica tan importante na linguaxe e nas bases da lectoescritura. A maiores con algún do alumnado de infantil estivemos a adquirir novo vocabulario básico do seu día a día e a categorizar por cores ou familias léxicas. Como vedes na última imaxe , este ano teño unha nova mano-mickey-antena guía e non vexades o que lles gusta utilizala como se eles mismos foran os docentes ( comentoo porque a veredes aparecer en varias fotos para sinalar, marcar ritmos, marcas os fonemas, sinalar partes na boca , etc.) . Saúdos terroríficos e vémonos a semana seguinte co Samaín!





Outubro en AL
Boas familias! Hoxe deíxovos algunhas fotos das actividades que estamos a facer na aula de AL e unha breve explicación das mesmas: Coma xa comentei en entradas anteriores , a casa témola que facer con bos cimentos , polo que dende moi pequenos hai que traballar a linguaxe oral e o manexo da mesma sen as letras escritas. Ao final de todo este proceso chamado » traballo de Conciencia fonolóxica» e das chamadas » habilidades metalinguísticas » chega o Principio Alfabético ( Ed. Primaria) onde si se produce unha asociación de cada son a una letra para poder iniciarse no proceso lectoescritor . Pos ben, dito este breve aclaración vos deixo algunhas actividades de conciencia fonolóxica e Principio Alfabético :
Conciencia Fonolóxica e habilidades metalinguísticas: Buscar en imaxes dadas , aquelas que comenzan por un determinado son ou fonema ( buscamos imaxes que comezan por b , p , s , etc). Tamén traballamos as famosas rimas que tanto lles custan, mediante debuxos e asociacións por cores para obter maior facilidade á hora de buscar a rima parecida.
Comezos do Principio Alfabético: Coa mesa de luz e coas pinzas e letras estámonos adentrando ao Principio Alfabético facendo un inicio á conversión fonema -grafema, e un bo afianzamento da identificación e recoñecemento das letras sen escribilas a través de métodos multisensoriais. Sen dúbida a mesa de luz, é un material que triunfa moito co alumnado pola variedade de actividades que permite e o que lles chama a atención. A que sería un bo regalo no Nadal…? Hoxe tedes mesas de luz o paneis moi económicos en tendas online, supermercados que venden xogos ou outros pero… qué tal a fabricación propia un fin de semana chuvioso na casa? Ahí vai un enlace: https://www.youtube.com/watch?v=sNDL8_f4CU8
Por outro lado, nas sesións de infantil estivemos a traballar os prerrequisitos da linguaxe e motricidade mediante os punzóns-picado e a identificación de animáis en sombras ( xogando cos son ás onomatopeias) ou figuras de conceptos básicos como as formas xeométricas. Ahí van algunhas fotos. Saúdos e ata a vindeira entrada.






A importancia da Conciencia Léxica .
O proceso lectoescritor é unha tarefa complexa que require dun traballo en varias aspectos. Tanto os sons coma as letras , unidades mínimas sen significado, conlevan dificultade polo que é necesario un traballo da conciencia léxica, silábica e fonémica. A conciencia léxica é a primeira área a traballar dentro da chamada conciencia fonolóxica. É o contacto directo coas palabras coma un todo ou parte dunha oración para posteriormente poder analizar e profundizar máis minuciosamente. O desenvolvemento desde habilidade é necesario dende infantil para así ir podendo diferenciar as palabras contido ( palabras con significado) das palabras función( conectores) o cal evitará posibles erros de unións, fragmentacións, adicións e outros na escritura. Hoxe vos deixo un exercicio para traballar a conciencia léxica. Neste caso en concreto estase a traballar con alumnado con dificultades de aprendizaxe e trastorno lectoescritor polo cal seguen a ter a dificultade en cursos superiores. Unha maneira de facelo máis práctica e que o exercicio o interioricen por varias vías multisensoriais.





















































