Category Archives: Escolas en acción – Proxecto rede natura 2000
Coñecemos ós mariscadores.
Difusión – Colaboración… ENRIQUECEMENTO MUTUO!
Usando medios «arcaicos»?
Non sei se se pode chamar así a escribir unha carta, metela nun sobre, escribir dirección, pegar selo… e todo o que conleva enviar unha carta, pero… recibimos correo dende Barcelona! O CEIP Ramón Macip – Dolors Granés de Cardedeu (Barcelona), nos contan como é o seu mar Mediterráneo, e nós respostaremos como é o noso Atlántico (especies, problemas, propostas mellora, zonas LIC cercanas…)
Faremos un resumo do que nos contan e o compartiremos con todos vós.
APERTAS!!!!
AXUDAMOS NO COIDADO DO ACUARIO: Mantemento
Todo o cole aprendeu como de complexo é coidar e manter un gran acuario como o que temos. E non só isto, senón tamén a practicar un pouco as estimacións: Cantos litros de auga ten a noso acuario? Dende logo, o que sí nos quedou claro é que non andamos moi «finos» á hora de atinar nas estimacións. Ata houbo algún mestre que reconstruíu un acuario con cartóns de leite!! 🙂
Pero como aos alumnos/as de 6º gústalles compartir todo o que van aprendendo, a continuación presentan algúns dos seus traballos onde nos explican brevemente, pero sen descoidar ningún dato relevante, cales son os pasos necesarios para facer esta labor diaria.
Seguimos coñecendo ós nosos veciños
Agora será o alumnado o responsable do mantemento do noso acuario. Para poder levar a cabo tan importante misión, tomaron boa nota do procedemento a seguir.
Tamén comezaremos cas entrevistas para coñecer mellor o que sucede na nosa ría e no complexo de Corrubedo, que se atopa dentro da Rede Natura 2000.
Podes seguir traendo inquilinos ó noso acuario, buscamos peixes pequenos para completar o noso pequeno hábitat mariño.
Mantemento acuario
Colaboran co acuario – Escolas en Acción
Podedes seguir todos os proxectos seleccionados para este ano «ESCOLAS EN ACCIÓN» neste
https://escolasenaccion.wordpress.com/
https://escolasenaccion.wordpress.com/
ACUARIO… XA TEN MÁIS DUNHA DUCIA DE ESPECIES!!!!
O noso veciño e exmestre do colexio, Enrique Basavilvaso García, axudounos a montar esta fermosa peceira… que agora nós temos que encher!!!!!
Imos a representar un cachiño dos fondos mariños da nosa prezada ría de Arousa, así que agora, tedes que axudarnos a instalar inquilinos na peceira.
Colaboran co acuario – Escolas en Acción
Podedes seguir colaborando traendo peixes pequenos ó…
ACUARIO AUTÓCTONO DO SANTA BAIA!!!!!
LAPA, MINCHA, ARNEIRÓN, MEXILLÓN, OSTRA, COQUINA, AMEIXA, CORNETA, CANGREXO ERMITAÑO, ARAÑA DE MAR, SANTIAGUIÑO, NÉCORA, PATEIRO, LORCHO DE AREA, LORCHO COMÚN, ANGUILA, ESTRELA DE MAR, BOI DE MAR, MEXILLÓNS…