Category Archives:

Visita de Antón Riveiro Coello

IMG_2953Co gallo do Día do Libro, as nenas e nenos de 2º traballamos  un relato de Antón Riveiro Coello :»Pirrrula ou un punto no ceo». 

Ademais tivemos a sorte de poder coñecer a este importante autor galego afincado en Boiro, posto que veu ao noso cole a contarnos moitas cousas sobre a súa profesión como escritor.

E ata nos sorprendeu tocando a guitarra!

ALEMAÑA 2º B

II Rolda Ecopreguntoiro

Velaquí o noso segundo Ecopreguntoiro, se queres coñecer quen pasou ás semifinais, xa sabes… preme a continuación! 🙂

 

Ecovisita:

 

Ecoconsello:

Amor inCondicional

Curtametraxe realizada e protagonizada polo alumnado de 6ºC.

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

«ENCRUCILLÁMONOS!»

Para repasar de maneira lúdica os contidos traballados ata o momento, os alumnos/as de 6ºC fixeron uns encrucillados para para resolvelos entre eles/as.

Aquí volos deixamos por se queredes poñervos a proba! Deixaremos un exemplar na biblioteca do centro para poder fotocopialo se o desexades. Lembrade que as respostas poden ser de calquera área.

 

Anímate e «encrucíllate» a pensar!!

Primeiras gravacións…

Escoitamos a nosa versión de…

Miña terra galega!

 

ECOVISITA

O alumnado de 6ºC están inscritos nun concurso de radio ECOVOZ, e unha das actividades é recomendar un lugar de interese ecolóxico do seu concello…

Se queres saber cal elixiron… escoita!!!

 

Panxoliñas 2015

O alumnado do CEIP Santa Baia vos quere felicitar este Nadal con estas fermosas panxoliñas!!!!

Como ver cinco planetas nunha mañá

Planetas_antes_del_amanecer

Que sorte!

Miramos o ceo ás oito da mañá en dirección leste e alí están.

1º Venus (o punto máis brillante)

2º Xúpiter (máis abaixo á esquerda)

3º Sobre el un punto tenue algo alaranxado , Marte.

4º Sobre a liña do horizonte, Mercurio.

Se miras máis cedo só estarán os tres primeiros. (Mercurio sae en torno ás 7h 20’)

E o quinto planeta? Aínda non o viches?

PICASSO´S ART EXPOSITION

 

Xa comezamos cos proxectos de Picasso de Plástica en Inglés e  algúns dos traballos dos alumnos/as  están expostos polo colexio.

 

 

20151009_134859 20151009_134906 - copia  20151009_134938 - copia 20151009_134938 20151009_134949 20151009_134956 20151009_135004 20151009_135047 20151009_135055 20151009_135101