Category Archives: Actividades de interese
Campaña para el control de la miopía

Desde la Facultad de Óptica y Optometría de la Universidad de Santiago de Compostela hemos puesto en marcha una campaña para el control de la miopía y queremos informaros sobre esta iniciativa. Dicha campaña cubre la adaptación de lentes de contacto para controlar el avance de la miopía y revisiones trimestrales completas de forma totalmente gratuita durante 2 años en niños miopes de entre 7 y 12 años.
Así mismo, nos gustaría pediros vuestra colaboración para rellenar un breve cuestionario sobre el conocimiento de la miopía entre los padres (rogamos realicen el cuestionario antes de leer la infografía adjunta).
Para obtener más información sobre la campaña de control de miopía de la Facultad de Óptica y Optometría de la USC, puedes ponerte en contacto con nosotros a través de la dirección de correo electrónico: controlmiopiausc@gmail.com
Un saludo.
Aberto a reserva de praza para a Escola de Música de Boiro

EMB info difusión:
Boas, neste mes de xuño, como cada ano, abrimos inscrición para que reservedes a vosa praza para o próximo curso, é importante que o fagades para non quedar sen ela
.
Recordade que esto non é a matrícula, será a partires do 15 de setembro cando teredes que, igualmente, cubrir o impreso de formalización da matrícula
Podedes facer a reserva a traves do enlace que vos envío, ou se preferides na escola en horario de oficina
Reserva a túa praza a través do enlace:
https://forms.gle/ANJdDf6p5yPT4Kie6

Olloboi 2023

Comeza o FESTIVAL Olloboi2023
Esta é a programación á que nos informan que está convidada toda a comunidade educativa!
Para asistir á gala final, tedes que apuntarvos na súa web https://www.olloboi.com/ Enlace directo: https://www.olloboi.com/formularios/form_muchachada/

EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar

Atendidas as propostas de mellora recollidas en edicións anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. https://espazofamilias.org/
Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.
Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.
As sesións estarán a cargo de:
Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións
Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina)
Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social)
Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:
https://espazofamilias.org/reserva
As demais actividades non precisan de reserva.
Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril
Hora: 18.00h
Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
COMPOSTAXE DOMÉSTICO, Boiro

O Concello de Boiro puxo en marcha a finais do ano 2019 a entrega gratuíta de composteiros domésticos para aquelas persoas e familias que contasen con vivendas unifamiliares ou vivendas colectivas con espazos verdes e/ou xardín. Con esta medida o Concello de Boiro pretendía comezar a artellar unha rede de compostaxe domestica que promovese unha redución de residuos orgánicos.
Esta medida, beneficiosa para o medio ambiente, as persoas e para a sociedade no seu conxunto foi ben acollida polos veciños e, ate o momento, nestes últimos anos levamos repartidos preto de 200 composteiros domésticos.
Na actualidade, neste ano 2022 temos aínda unha reserva de case 100 composteiros domésticos e, asemade, no ano 2023 prevemos repartir outros douscentos.
As persoas interesadas poden solicitar o composteiro presencialmente, no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, por enderezo electrónico en medioambiente@boiro.org ou telefonicamente.
SAÚDOS
Escola de Música Municipal de Boiro

Ábrese o prazo para a reserva de praza para o próximo curso.
O prazo para inscripción será do mércores 1 ao xoves 30 de xuño. No horario de secretaría.
Podedes facelo presencial ou a través do enlace que vos reenvío.
https://forms.gle/vuS8vz4FVatxhtKt6
Saúdos e bo día!!

Programación actividades IGUALDADE

Programación que imos ter neste mes de Marzo no Concello de Boiro dende a área de igualdade.
Para calqueira dúbida ou ter máis información poden chamar ao Tlf: 981 84 48 00 ext 1285
Moitas Gracias

PROGRAMACIÓN
Teatro sobre a diversidade e a muller no rural «CAMELLE»(Asoc. Ambar)
venres 11 de marzo ás 20h na Casa da Cultura(gratuíta)
Performance de Ballet «Ceibes» da asoc. amas de casa de Boiro
sábado 26 de marzo ás 12h (escaparate enfrente do supermercado Froiz)
FORMACIÓN
OBRADOIRO POR UN BOIRO SEGURO. Repensando a vila en igualdade
Lugar de celebración: Segundo andar do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: sábado 5 de marzo
Horario: de 10.00h a 14.00h
Obxectivos:
- Elaborar un mapa das zonas do Concello de Boiro onde as mulleres non percibamos sensación de seguridade
- Facilitar esa información ao concello de Boiro para que se mellore na medida do posible
Profesora: Estefanía Tarrio e Estefania Calo- Universidade da Coruña
Facultade de Socioloxía
OBRADOIRO MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: xoves 10 de marzo
Horario: de 16.30 a 20.30h
Obxectivos:
- Aprender a xestionar as emocións.
- Conseguir un manexo axeitado do estres e da ansiedade.
Profesora: Patricia Porrua Monterroso.- Psicóloga Sanitaria
OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL PARA MULLERES ADULTAS
(SEXUALIDADE DENDE O BO TRATO)
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: Sábado 12 de marzo
Horario: de 11h a 13h
Obxectivos:
- Coñecer o corpo e os seus cambios e fomentar actitudes positivas cara o mesmo.
- Saber que papel desempeñan as emocións na nosa sexualidade e como xestionalas
Profesora: Melisa Silva Castro- Psicóloga Sanitaria
OBRADOIROS NOVAS TECNOLOXÍA PARA MULLERES ADULTAS
(ROMPENDO A BRECHA DIXITAL POR CUESTIÓN DE XÉNERO)
Lugar de celebración: Auditorio do Centro Social do Concello de Boiro
c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro
Datas: 4, 5, 6, 12, 13 e 14 de maio
Horario: 16h a 18h(por confirmar)
Obxectivos:
- Adquirir coñecementos básicos en novas tecnoloxías para evitar a brecha dixital
- Manexo básico de aplicacións informáticas
Profesora: Palmira Castro Marcote(mimadriña)
