Monthly Archives: noviembre 2015

“Memorias dun grande galego”

davila

 

 

Casting para programa da TVG

Bos días,
estamos preparando un programa especial de Nadal para a Televisión de Galicia, “Pequenos fenómenos”, onde os protagonistas son nenos aos que lles gusta cantar.
Pasámosvos a información por se vos interesa difundila no centro.
Os requisitos para entrar no proceso de selección son: ter un máximo de 13 anos e enviar un par de vídeos do rapaz ou rapaza cantando a canción que queira (serve música moderna, tradicional, en galego, castelán, inglés…) sobre unha base musical. Serven vídeos de móbil.
O material, indicando nome do neno, idade e un número de contacto, pode enviarse a este enderezo electrónico: rocio.barrio@ctvmedia.es
Para máis información, poden chamar ao 981509202.
Moitas grazas pola atención.
Un saúdo,

CTV, s.a. – Rúa Tras da Estivada, 9 -11 | 15894 Teo (A Coruña) | Tfno +34 981 50 92 02 | Fax +34 981 81 90 17 | www.ctvmedia.es | info@ctvmedia.es

Magosto, horto escolar.

Actividade organizada polo equipo de dinamización do horto escolar para complementar as actividades realizadas polas outros equipos de dinamización do Centro para o Magosto 2015.

Non todos teñen tanta sorte coma nós…

http://www.eacnur.org/galerias/videos/documental-mi-ultima-comida?utm_source=Posibles_Donantes_C_V&utm_medium=Email-10-nov&utm_campaign=mano-a-mano

 

RETO… CONSEGUIDO!!

 

20151117_183359   Parabéns para Carolina Vila Rivas de 6ºC. O seu debuxo resultou ser o escollido para o calendario 2016 que se entregarán en decembro!!

Igualmente felicitar ao restos dos alumn@s participantes porque a elección resultou moi difícil. Por isto, o luns 23, na aula de usos múltiples, esperámosvos no recreo a todos aqueles que participaron no concurso,  o para que non o dicimos para facervos “as ganas”!! 😉

 

Concerto nadal da BMB (Banda Música de Boiro)

Alumnado de 3º do Centro colaboran ca BMB no concerto de Nadal xunto con compañeiros do CEIP de Escarabote!

Non vos perdades o evento o próximo 19 de decembro ás 21:00 horas. As mestras de terceiro, Paulina e Ilduara, serán as presentadoras do evento.

Tamén participarán alumnos da EMB (Escola de música de Boiro).

Coordinan os departamentos de música do CEIP de Escarabote e Santa Baia.

O retorno dos nosos pintores!

E velaquí os traballos  presentados para o concurso de debuxo (autocolante 2016).

O lema deste ano era: “O galego é a chave” en homenaxe a Manuel María (Letras Galegas 2016).

Verdadeiras marabillas!! Noraboa aos participantes!!

 

 

Sine musica nulla vita…

No seguinte enlace poderes atopar unha gran cantidade de poemas galegos musicados da man dunha gran variedade de artistas e estilos! Súper recomendado!

rosalía_ipod

 

 

sondepoetas.blogspot.com.es

EN BUSCA DE OBRAS DE ARTE…

Como ven sendo habitual nestes últimos anos, os centros educativos que pertencen ao Barbanza pretendemos elaborar un autocolante 2016 para entregarllo aos nosos alumn@s. Pero para iso precisamos un debuxo ou imaxe que sexa o protagonista do calendario. Por este motivo, no noso cole organizouse un concurso de debuxo cunha serie de premisas para que tiveran en conta os pequenos artistas que temos no cole!

drkjghdfg (1)-001

O acollemento familiar

www.acollementofamiliar.org