Category Archives: AL
A importancia da Conciencia Léxica .
O proceso lectoescritor é unha tarefa complexa que require dun traballo en varias aspectos. Tanto os sons coma as letras , unidades mínimas sen significado, conlevan dificultade polo que é necesario un traballo da conciencia léxica, silábica e fonémica. A conciencia léxica é a primeira área a traballar dentro da chamada conciencia fonolóxica. É o contacto directo coas palabras coma un todo ou parte dunha oración para posteriormente poder analizar e profundizar máis minuciosamente. O desenvolvemento desde habilidade é necesario dende infantil para así ir podendo diferenciar as palabras contido ( palabras con significado) das palabras función( conectores) o cal evitará posibles erros de unións, fragmentacións, adicións e outros na escritura. Hoxe vos deixo un exercicio para traballar a conciencia léxica. Neste caso en concreto estase a traballar con alumnado con dificultades de aprendizaxe e trastorno lectoescritor polo cal seguen a ter a dificultade en cursos superiores. Unha maneira de facelo máis práctica e que o exercicio o interioricen por varias vías multisensoriais.
O TDAH ( Trastorno por Décifit de Atención con e sen Hiperactividade ) e as dificultades na linguaxe.
Hoxe imos a falar un pouco sobre o TDAH. Pero… Qué e o TDAH? Pois o TDAH é un trastorno do neurodesenvolvemento e orixe neurobiolóxico que presenta un patrón que persiste de inatención e/ou hiperactividade e impulsividade que inferfiren na vida do neno/a. É importante saber que o trastorno iníciase na infancia , segue na adolescencia e perdura na idade adulta polo que vai a acompañar a persoa no seu proceso vital. Os comportamentos do TDAH deben de darse en dous ambientes para poder ser diagnosticado ( casa, familia, escola, sociedade, etc) polo que é necesario facer unha boa avaliación e estar ben atent@s . A presenza do TDAH non ten porque conlevar erros na linguaxe pero se ben é certo que hai un gran número de alumnado que amosa dificultades na adquisición da linguaxe, na morfoloxía , na conciencia fonolóxica , na pragmática como uso social e na comprensión e expresión oral e escrita. Por todo isto, algún alumnado con TDAH acude a aula de AL para traballar estas dificultades xunto cos erros ortográficos e de comprensión provocados pola impulsividade e falta de atención. Algunhas actividades para poder mellorar poden ser as seguintes: Citar palabas que comecen por una fonema determinado, palabras encadenadas, crear oracións con sentido con recortes de periódicos, role playing sobre situacións sociais, contar historias e facer preguntas, etc. Ahí vos deixo algunha imaxe de actividades feitas con alumnado con TDAH e afectación da linguaxe.
Cousiñas varias antes da chegada da Pascua
Estas semanas estivemos a traballar bastante na área Léxico-Semántica ( vocabulario e significado) e a Morfosintaxe ( relación das palabras para formas oracións). Elaboramos oracións con recortes, e creamos oracións con imaxes e ordes dadas. En moitas ocasións o alumnado elabora oracións moi sinxelas con verbos copulativos e con léxico reducido polo que o traballo de morfosintaxe é un elemento esencial para a posterior elaboración de redaccións, contos, pequenos textos, etc. Ao comezo , a actividade de recorte-puzzle parece algo con certa dificultade pero posteriormente o alumnado vai buscando estratexias coma os puntos finais, as maiúsculas , as concordancias … para facer oracións correctas e con sentido. ( Posteriormente a complicamos poñendo en Pasado e Futuro para traballar os tempos verbais ). Na outra actividade con imaxes lles é moi sinxelo a creación de oracións mediante a instrucción e imaxes dadas. Por outro lado tamén estivemos a facer comprensión lectora. Como sabemos a comprensión lectora afecta a todas as asignaturas ( Qué importante é comprender o que se lee!) . Por iso decidimos aplicala sobre problemas matemáticos , suliñando os datos, anotandoos, poñendo o que piden e realizando a tarefa . Todo isto realízase mediante AUTOINSTRUCCIÓNS. Aquí vos quedan algunhas imaxes das actividades, saúdos .
Día da Muller e aprendizaxe multisensorial
O 8M foi o día da Muller, e na aula de AL estivemos a conmemorar esta data con oracións que recollen agradecementos ás mulleres das familias do alumnado. Con esta actividade reflexionaron sobre todo o que fan as mulleres das suas casas e tamén traballaron a morfosintaxe e motricidade fina. Ao final quedounos un colgador moi xeitosiño o cal levaron de regalo para as suas nais, avoas … Tamén nesta semana fomos un pouco fozóns e andivemos a mancharnos coa escuma de afeitar. Os procesos da aprendizaxe non son iguais para todo o alumnado, e na nosa man ,como especialistas, está axudarlles e adaptar os materiais buscando estratexias para asentar dita aprendizaxe. O proceso alfabético é un dos 5 procesos que interveñen na lectura por iso, e moi importante co alumnado coñeza a relación dos sons coas letras e sepa manipular mentalmente con eles. E….. qué mellor maneira de pintar na escuma á vez que xogamos coas bocas ( as de hoxe saironlle carie en forma de letra :)?
TDAH e Dislexia
Algúns alumnos/as teñen Dislexia e TDAH. Estudos nos falan que a prevalencia do TDAH con dislexia asociada e dun 39% mentres que a dislexia cun TDAH é un 33%. Ademáis un 60% de personas con TDAH presentan alteracións na escritura coa magnitude suficiente como para ser consideradas como Trastorno Específico da Escritura. Por todo iso é moi importante ter un bo diagnóstico para poder traballar na nosa aula as dificultades na linguaxe ( oral e escrita ) . Hoxe, na aula de AL, estivemos a intervir no acceso ao léxico, na semántica e na morfosintaxe ( oral) cun novo xogo moi interesante, posto que algunhas veces as actividades de lectoescritura resultan pouco motivadoras para este perfil de alumnado. Con este xogo chamado Qué ves? , o alumnado ten que recuperar o léxico e enteder o seu significado para logo respostar cun Si ou Non ao compañeiro/a. Por outra banda o compañeiro/as ten que facer as preguntas adoitadas para conseguir adiviñar e evocar o termo. Os obxectivos principais a conseguir con dita intervención son son traballar a linguística a intelixencia interpersonal, as habilidades sociais, a intelixencia naturalista e as funcións executivas. Como vedes tamén serve de recurso na casa como xogo educativo e familiar.
¡Volta ao cole !
Bos días a todxs , hoxe comezamos cun traballo de articulemas con e sen grafía asociada. E … ¿ qué son estos articulemas ? Pois son imaxes que representan a colocación da boca cando pronunciamos un determinada fonema. Son varios os estudos, que argumentan a eficacia dos mesmos na ensinanza da lectura xa que os nenxs comezan a manexar os rasgos fonémicos, a segmentación fonémica e o comezo do principio alfabético, cando se lle vai introducindo o grafema cerca do articulema. Con todo iso na aula de AL, utilizamos os articulemas xa que consideramos que os nenxs acadan unha aprendizaxe mais significativa e máis rápida para unha posterior lectura e correción de erros articulatorios.
Hoxe, na nosa aula , xogamos cos articulemas cara o espello asociándoos a palabras do Nadal. Consello do día : Os articulemas podedes imprimilos na casa e xogar cos vosos fillxs, pero é importante saber que é un método para trabajar sons, que cada persona coloca a boca e a lingua un pouco diferente a outra ao representar un mismo son ( non todxs somos iguais), e que non son un método de lectura senon unha forma de traballar a pronunciación e o xogo de sons ( as letras ou grafias non é recomendable colocalas ao lado ata máis adiante para non confundilxs) . Abaixo vos deixo o enlace aos articulemas por si os queredes decargarlos para xogar e reforzar na casa, Sáudos. .http://merakilogopedia.blogspot.com/2020/11/articulemas-con-y-sin-grafemas-asociados.html
Bo Nadal e Felices Festas a todas as familias.
Remata o primeiro trimestre, e achéganse as ansiadas vacacións de Nadal por parte dos pequenxs. Despois de moito traballo por parte del@s , e ben merecido un pequeno descanso. Dende a aula de AL, mandámosvos esta felicitación de Nadal co noso abecedario. Ademáis achegamos unhas pequenas recomendacións para favorecer a Linguaxe nas casas cos alumnos/as de Educación Infantil . Esperamos que vos guste. Felices Festas e vémonos á volta.
Árbore xenealóxica
Na nosa aula de AL, falamos, comentamos historias, anécdotas e contos que dan lugar a preguntas e dúbidas. E… chas! Chegou a idea ! Despois de falar cunha alumna sobre as persoas que están e non están na nosa vida, xuntas decidimos poñernos mans á obra e argallar a súa árbore xeneolóxica para regalarlle a súa avoa polo Nadal.
E diredes… unha árbore xeneolóxica ?? Pois sí , e vaia que pode ser unha actividade moi atractiva para facer con alumnos/as con dificultades na linguaxe . ( TEL, Trastorno na lectura , escritura e outros…) Con esta actividade, estivemos a traballar moi duro durante o trimestre ata facer un gran libro familiar, onde a nena aprendeu a facer unha árbore a través das TAC , escribiu e fixo redaccións sobre todos os membros da familia, expresou emocións, lembrou historias e recordos de familiares que xa non están, debuxou e decorou e organizou toda a información. En relación coas áreas de AL, estivemos mellorando a conciencia léxica, vocabulario, rimas, expresión oral a través das fotos, organización da grafía no espazo, elaboración de oracións complexas e uso das autoinstruccións para facer redaccións sobre os familiares. Hoxe por fin poñemos fin a actividade con moito cariño , traballo e amor esperando que sexa un libro que perdure sempre con ela e coa familia. Aquí vos deixo algunha fotiño aínda que non se pode apreciar o bonitiño que quedou o Gran libro familiar.
Habilidades sociais con Historias Sociales no TEA
Esta semana falamos de algo que estivemos a traballar na aula de AL, as historias sociais. O alumnado con TEA, ten dificultades para comprender moitas das situacións que acontecen no seu día a día ( exemplo: deixar sentarse a alguen maior no tren , porque chamar a unha ambulancia nun accidente, etc.). Todas estas situacións cotidianas que nós estamos acostumados/as a manexar, son para eles/as difíciles de comprender xa que as viven de maneira diferente. Derivado de todo isto , as veces nos atopamos con problemas conductuais, frustracións , ansiedade e outros , e é por iso que o traballo coas historias sociais axúdaos/as a ese enfrontamento situacional. As historias sociais sérvenlles para entender un pouco mellor o mundo , xa que aclara situacións que poden ser difíciles ou confusas ( sinais sociais, sentimentos da xente, o que podo facer ou non, etc .) Hoxe vos deixo unha foto das historias que traballamos na aula con alumnado TEA para entender o que está ben e non está ben ( posteriormente de facelo de maneira visual o falamos e explicamos para darlle sentido ). Consello para facer as historias sociais : armarse de paciencia, argallar no ordenador cos pictogramas, usar frases en 1º persona frases que definan acontecementos , frases que dirixan os seus actos, frases perspectivas do que poden sentirse eles/as ou os demáis e frases de control para recordarlle o que teñen que facer. Saúdos e que teñades boa noite!