Novembro…
Bo día ! Este mes de novembro ,tivemos bastantes actividades polas datas celebradas como o Samaín e o Magosto, por iso estiven sen subir fotos das tarefas feitas. Facendo un pequeno recopilatorio, hoxe gustaráime falarvos da respiración e da súa importancia na fonación e na relaxación das crianzas. Aprender a respirar ben é unha tarefa que non parece ter moito interese pero que axuda a que non aparezan trastornos da voz. Temos que ser conscientes que a voz é o noso instrumento de traballo, relacións e comunicación en moitos casos. Observando a moito alumnado, vese que presentan unha respiración invertida (no que o abdomen se contrae ao respirar e o contrario ao espirar) ou realizan movementos desproporciados sen control. Pois ben , por todo iso, na aula de AL tamén traballamos a respiración co noso alumnado para regular o aire, conseguir coordinación entre a respiración e a fonación, relaxar a musculatura, alargar as fonacións e outros. Algún dos xogos e exercicios que levo a cabo son : o xogo de » teño un globo na miña barriga » e » a Tartaruga e o león». Todos estos xogos, son levados a cabo nun ambiente tranquilo , sen luz e con música para favorecer a relaxación total do alumnado. Pouco a pouco , e mediante a práctica aprenderán a regular a respiración que tanto inflúe na fala e na coordinación respiración-emisión.
Para rematar, gustaríame engadir que é moi importante ensinarlle os nenos/as a importancia da respiración e da voz e do cuidado da mesma. Aquí vos deixo algúns consellos que vos poden axudar como familias no cuidado da voz:
Evitar comidas e bebidas moi quentes ou frías, evitar cambios de temperatura bruscos, non forzar a voz, reducir o carraspeo seguido, evitar respirar sempre pola boca, non elevar o tono, non chillar ou gritar no parque o nos xogos, facer respiracións e relaxación, hidratarse con moita auga, descansar a voz , facer gárgaras, etc. Espero que vos sirvan e sexan de axuda sobre todo agora que se achega o inverno. Saúdos e bo domingo! ( A maiores colgo algunhas fotos doutras actividades feitas de articulación, conciencia fonolóxica, morfosintaxe, etc.)









This article is a breath of fresh air! The author’s unique perspective and insightful analysis have made this a truly fascinating read. I’m thankful for the effort she has put into creating such an educational and provocative piece. Thank you, author, for sharing your wisdom and igniting meaningful discussions through your outstanding writing!