Category Archives: NOVIDADES

PUNTO LARANXA

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así
como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e
tratamento d o acoso e ciberacoso escolar , co fin de dar resposta a este tipo de
situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado
Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico onde
calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible
acoso ou ciberacoso escolar.

No noso centro está instalado na entre as portas de entrada, e en breve tamén se habilitará un PUNTO LARANXA VIRTUAL na web do Centro.

Xaneiro.

Dende a chegada do Nadal estivemos a facer diversas cousas pero hoxe imos a falar dalgunhas delas que non comentamos en anteriores entradas e que son de gran interese: a respiración e relaxación e avaliación psicoeducativa da linguaxe.

A respiración é a relaxación na fala: Sabemos que o elemento indispensable na voz e o aire é a respiración. Cando respiramos, estamos a facer un proceso necesario para producir a voz. Moito do alumnado utiliza a respiración bucal en vez de usar a nasal, polo que acaban con problemas nas cordas vogais .

Respirar pola nariz é fundamental , posto que nos protexe de xérmes , quenta o aire e outros , polo tanto é necesario traballar esta función nas sesións de AL sempre que o alumnado amose dificultades. As fosas nasais ainda que non pareza, funcionan como resonadores e axudan na emisión e modificación da voz.

Nas sesións encontrámonos alumnado que se fatiga ao ler, que fai unha respiración entrecortada, que solo usa a respiración pola bucal, que ten seguido disfonías, incapacidade de respiración diafragmática etc. Cando un alumno/a utiliza unha forma de respirar bucal , non usa apenas a nariz e a desvinculan xunto co diafragma pasando a facer unha respiración clavicular pulmonar, o cal provoca unha mala coordinación fonorespiratoria. Por todo isto as veces xogamos a facer exercicios de relaxación e respiración de maneira lúdica con diversos elementos multisensoriais para que o alumnado vaia mellorando dita capacidad respiratoria ou modificándoa e percibindo a nova.

As avaliacións da psicoeducativas da linguaxe: Este trimestre, tivemos bastantes avaliacións da linguaxe e como sempre comento non solo nos referimos a fala ( que sabemos que últimamente estamos a ver moitos nenos/as con Retraso da Linguaxe por multiples razóns » elas o usa das pantallas e a pouca comunicación «) Nas avaliacións da linguaxe ,tamén estudiamos a linguaxe escrita e valoramos todo o proceso lectoescritor para saber se pode haber un risco de presentar algún trastorno da aprendizaxe ou outras dificultades .É necesario como familias observar aos fillos/as e percatarnos de se pode haber alguna dificultade e así comunicalo a titora para poder intervir. Na avaliación citada, estudamos a lectura de palabras, pseudopalabras, oracións, textos, redaccións, contos, velocidade, comprensión lectora etc para poder ver cales son as dificultades do alumnado e as necesidades de intervención co mesmo.

Ahí vos deixo algunas fotos de este mes. Saúdos!

Proposta en marcha

Camiño escolar seguro. Nos próximos días farémoslles chegar unha enquisa para coñecer a súa opición.

Xornada sen emisións CO2

O venres 12 de maio realizaremos no centro a Cuarta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello.

Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio ÁS 8:30horas, e volta ao remate da xornada lectiva.

SAÚDOS

Calendario escolar 23/24

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39642

O vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024. Así o acordaron hoxe a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente. Este calendario rexe para todas as etapas educativas, agás as Ensinanzas de Réxime Especial, que rematan o 28 de xuño. Tamén subliñar que no caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, Abau.

Así pois, ademais do inicio e remate do período lectivo, o documento que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia establece que os períodos de vacacións escolares irán do 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive; os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024 para o Entroido; e desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024 para a Semana Santa. A maiores, queda establecido como non lectivo o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2023.

O final de curso 2023-24 vaise desenvolver de igual maneira que o do presente curso. Isto é, que para as etapas de Secundaria os centros poderán facer coincidir a terceira avaliación parcial coa avaliación final, polo que non existe ningunha novidade a este respecto. Tamén se mantén invariable o período de adaptación, onde os centros poden optar por unha incorporación gradual do alumnado de 4º de Infantil, que non se prolongará máis aló do 15 de setembro.

O ENTROIDO DO SENTIMENTO

O xoves pasado algunhas das aulas recibiron a visita inesperada dunha “pantalla”, que é como se coñece ás persoas que usan este traxe típico do Entroido  na zona de Xinzo de Limia, pequena vila do interior da provincia de Ourense que xunto con Laza e Verín forman o chamado triángulo máxico do Entroido en Galicia.

Grazas a esta visita puidemos coñecer de primeira man como xa desde cativos os habitantes desta localidade participan activamente nesta celebración tan ancestral, facendo deste o chamado Entroido do sentimento, dado que se vive dunha forma tan especial tan lonxe dos desfiles de disfraces que nós coñecemos.

Como descubrimos, moita xente aforra durante todo o ano para facer este traxe artesanal e tan custoso, que non é un disfrace de paseo senón un de traballo, xa que as pantallas son os vixiantes do Entroido que xuntos percorren as rúas vixiando e poñendo orde para que non haxa ninguén sen disfrazar. Todos aqueles mozos maiores de 18 anos que non estean disfrazados serán cargados polas pantallas e terán que pagar unha ronda como castigo.

Este Entroido forma parte do patrimonio cultural de Galicia e foi declarado Festa de interese Turístico Nacional no ano 1997 para posteriormente no 2019 converterse en Festa de interese Turístico Internacional, sendo o primeiro en conseguilo xunto co de Cádiz e Tenerife, polo que é importante coñecelo, valoralo e respectalo porque forma parte da nosa historia e cultura como pobo.

Ten o título de Entroido máis longo de España xa que ten unha duración de 5 semanas que comezan co domingo fareleiro (dedicado a tirar fariña), o domingo oleiro (dedicado a tirar ao aire olas de barro cheas de auga hasta que a alguén se lle caian ao chan), o domingo corredoiro, o domingo de Entroido e finalmente o domingo de Piñata.

Unha larga tradición arraigada nas xentes desta vila que desde pequenos e pequenas cos seus primeiros traxes manteñen esta celebración viva para as futuras xeracións, polo que nunca mellor chamado que O ENTROIDO DO SENTIMENTO.

_autotone

Principio alfabetico e Lectoescritura con Cartilla de Bocas

Estos días estivemos a traballar coas Cartillas de Bocas da miña «colega» Irene Rejón. Como podedes ver na foto , combinamos a Cartilla de Bocas con cuños e imaxes para que a aprendizaxe sexa multisensorial. Estas cartillas, son moi útiles con alumnado con algunha dificultade que se inicia na pronuncia e na lectura de maiúsculas e minúsculas tanto en infantil ( etapa final) como en primaria. Este método e visual, ortofónico auditivo e analítico, é apoia cada consonante cunha representación gráfica do son. Nas sesións collemos as bocas, e as colocamos igual ante o espello para emitir o son, logo as identificamos nas pegatinas de letras, as leemos nas cartillas de bocas en diferentes posicións e finalmente asociamos imaxes de palabras ao seu fonema inicial de maneira auditiva (posteriormente grafema). Esta forma é unha maneira divertida e distinta de traballar o principio alfabético e a lectura. Ademáis o que me gusta destas cartillas e que veñen ordenados os fonemas e grafemas e función do desenvolvemento e adquisición nos mesmos por idade. Ahí vos deixo algunhas fotos e os enlaces por si vos gusta para traballar en casa cos pequenos/as ou con adultos con Alzheimer e outras dificultades.

Mellora da seguridade e do servizo

O transporte escolar é un servizo que precisan e utilizan moitas familias. Todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos colaborar para que sexan efectivos e seguros.

Rogamos respecten as zonas libres de aparcamento para que o SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR poida realizar a súa función coa maior seguridade e efectividade posible.

Se non respectamos estas zonas dificultamos e, en moitos casos, impedimos as manobras dos autobuses. Con isto podemos provocar un accidente e/ou o atraso do servizo. E non só no noso centro, se non nos do concello, xa que dependen da mesma empresa.

Doces do pasado para a intervención.

Boas tardes , hoxe voltamos ao pasado usando os chamados «Melody Pops» na intervención. Non sei se os recordades , pero a min gustábame moito soprar e tocar melodias mentras comía un rico chupachups de fresa. O outro día atopeinos por casualidade ! e pensei nalgúns dos meus rapaces de intervención e como podería utilizalos. O «Melody» esta semana foi de gran uso , sobre todo para os nenos con retraso na fala e problemas articulatorios. Algúns deles amosan dificultades á hora de utilizar os organos articulatorios ( dentes, meixelas, lingua, padal e labios ) o que lles leva a presentar dislalias , que fan que a súa fala sexa pouco intelixible. A pesar de non estar a favor coas intervencións do sopro ( xa que non quereos alumn@s sopradores) , como ben argumenta Susanibar, hoxe serviume o Melody para observar que algún alumno non tiña control á hora de respirar e soprar nin tampouco control lingual. Na sesión xogamos co Melody non para ser sopradores senon para estimular determinadas sensacións nun medio isotérmico como o interior da boca,  no que os contactos son difíciles de notar por darse entre mucosas húmidas de saliva. Tamén estivemos a mover a lingua e ver as dificultades no control lingual , estimulamos a zona orofacial , sinalamos algunhas partes da boca co Melody , intentamos reducir o reflexo nausesoso, e tocamos UNHA LINDA MELODIA. Anímovos a utilizalos como recurso cos pequenos/as.

Aula de audición e linguaxe

Aquí podes ir seguindo as actividades que se van realizando!

CLICA!