Proxecto Elisa

O proxecto ELISA nace coa intención de realizar un estudo lonxitudinal a gran escala, centrado na análise do desenvolvemento condutual, emocional e psicosocial dos nenos e nenas galegos/as dende os primeiros anos de escolarización (etapa Infantil).

Esperamos contar cunha mostra inicial de máis de 2000 nenos e nenas, de entre 3 a 5 anos, escolarizados en centros educativos de diversas zonas urbanas, rurais e semirurais de Galicia. Isto permitiranos analizar en profundidade os factores que se relacionan co benestar e o desenvolvemento saudable dos nosos cativos, co fin último de deseñar estratexias educativas que promovan ese benestar e axuden na prevención de dificultades temperás ao longo da infancia.

No proxecto ELISA contamos coa estreita colaboración dos colexios e das familias. É por iso que este espazo pretende ser un punto de encontro entre todos/as aqueles/as que fan posible o desenvolvemento dun proxecto destas características.

Esperamos que sexa do voso interese. Benvid@s!!

https://www.facebook.com/proxectoELISA/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *