Etiqueta: curso

Taller de xabóns artesanais

Dende a ANPA ofrecémosvos o taller “Elaboración Artesanal de Xabóns e Sales”. Neste taller as/os pequen@s da casa aprenderán a elaborar xabóns e sales de baño de forma tradicional, que coa chegada dovNadal se poden converter nuns estupendos agasallos para toda a familia. A actividade está dirixida a nen@s de 5 a 12 anos de idade, o prezo para                   soci@s será  de 2’50€, e de 3€ no caso de non ser soci@s. O Taller vaise realizar o xoves 14 de decembro de 18:00 a 20:00 horas, no comedor do                 colexio, o número de prazas é limitado. Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono: Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856. Un cordial saúdo: A Xunta directiva.

Curso de Cociña en Familia

A continuación tedes a nota de convocatoria do curso de Cociña en Familia que se celebrará o próximo 3 e 17 de novembro.

Prezadas familias:

Dende a ANPA ofrecémosvos o  taller “Cociñando en Familia”. No taller de cociña os nen@s acompañados dun familiar van elaborar dous pratos salgados e un postre guiados polo cociñeiro, con isto pretendese achegar aos mais pequenos/as a cociña e aprender receitas novidosas. O taller vai ter unha duración aproximada de 2 horas, ao rematar degustaranse os pratos elaborados no curso. Unha parte do prezo do taller e subvencionado pola Anpa polo que o custe  por parella será de 10€ a socios, (non socios 15 euros.)

O taller vai realizarse o venres 03 e 17 de Novembro de 18:00 a 20:00 horas, na Cociña do colexio, o número de prazas e limitado (15 nen@s + 15 familiares).

A día de hoxe, as prazas están cubertas! Grazas

 

Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono:

Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856.

Un cordial saúdo:

A Xunta directiva