Archivos día 19 abril, 2016

CONCENTRACIÓN AXUDA AO POBO SAHARAUÍ

Ante a grave situación no Sahara Occidental, toda a comunidade educativa local de A Pobra acorda ler o mesmo día, ante todo o alumnado,o manifesto que achegamos e colaborar no programa Veráns en paz da ONG SOGAPS. Esta iniciativa tenta mostrar o noso apoio e o noso compromiso, desde as aulas, cos Dereitos Humanos; visibilizar o conflito saharauí e as persoas esquecidas; así como axudar a través da ONG citada.

Manifesto contra o esquecemento def

Pretendemos estender este paso de sensibilización e compromiso a toda a zona escolar do Barbanza. Se alguén quere unirse a esta iniciativa póñase en contacto co IES de A Pobra, Vicedirección, a través do correo ou por teléfono. Enviaremos un sobre coa información da ONG que tamén servirá para recoller as doazóns da Campaña 1 euro/ 1 alumno.

No seu momento daremos a coñecer a campaña á prensa. Achegamos o manifesto e a convocatoria para que poidades modificar logo, lugar e o que consideredes necesario.

Esperamos que a iniciativa e o compromiso cos Dereitos Humanos sexa acollida polo voso alumnado e entre todos unamos as nosas voces e esforzo para construír un mundo mellor.

axuda saharaui cartaz

Grazas

Andrés Esteban, Vicedirector do IES de A Pobra do Caramiñal.

CONCURSO DÍA DA RECICLAXE

PROMOVIDO POR SOGAMA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO BAIXO O TÍTULO “RECICLA AS TÚAS IDEAS E CONVÉRTEAS EN ARTE” PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

Bases concurso Día da Reciclaxe a través das redes sociais_Abril 2016

Educación fixa as avaliacións de sexto e terceiro

Educación fixa as avaliacións de sexto de primaria para os días 11, 12 e 13 de maio e as de terceiro para os días 24 e 25
O director xeral de Educación presentou hoxe as probas, e insistiu en que non terán efectos no expediente académico dos alumnos, pero si servirán para implementar plans de mellora da calidade do sistema educativo
Abranguen a un total de 44.000 nenos e nenas de 800 centros públicos, privados e concertados de toda Galicia
Os resultados son de uso interno dos docentes, dos alumnos e dos seus pais e titores, polo que en ningún caso se establecerán ránkings de centros
Manuel Corredoira sinalou que, a raíz da avaliación de 3º que se fixo por primeira vez no curso pasado, un total de 69 centros de Primaria beneficiáronse dos contratos-programa da Consellería e dun docente externo de apoio para desenvolver plans de mellora vinculados aos seus resultados nesa proba
SINDICATOS E DIFERENTES ASOCIACIÓNS EDUCATIVAS, SOLICITAN A SUSPENSIÓN DESTAS PROBAS
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para este mércores 20 de abril ás 11 horas diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, una concentración para amosar una vez máis o rexeitamento á LOMCE e á realización da reválida de 6º

 

 

REVALIDA

Boas!!
Pasomos información que nos facilita a CONFAPA sobre a revalida prevista para o mes de Maio. Achegamos tamén os impresos que hai que cubrir por parte dos pais/nais para pedir información sobre as probas, tanto ao titor coma ao director/a do centro.
Para calquera dubida ou aclaración podedes poñervos en contacto con nos.
Saúdos

2 Rev.6º pais solicitude Director

A Rev6º Presentacion CONFAPA

3 Rev.6º pais solicitude Titor

Logo Norm