Category Archives: ANPA Torre de Goiáns
Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria
Transporte escolar
Neste enlace teñen toda a información sobre os servizos complementarios do Centro. https://santabaia.es/?page_id=4184
Xa poden presentar a solicitude de transpore escolar. Comproben a liña que lles corresponde, pois unha xestiónase dende a Secretaría do centro (liña 1) e as outras son xestionadas pola Anpa( liñas 2 e 3).
Liña 1(https://santabaia.es/wp-content/uploads/2018/04/Anexo-I-WEBxunta.pdf); todos son usuarios excepcionalmente autorizados. Este será o último curso que se realice esta liña por parte da Xunta, debido á rezonificación que tivo lugar no ano 2011. Poden descargar a solicitude e entregala no centro ou vía email: ceip.santabaia@edu.xunta.gal
Liñas 2 e 3 ( https://santabaia.es/wp-content/uploads/2019/04/Anexo-I-WEB.pdf ); poden realizar a solicitude a través do documento de inscrición de socixs da Anpa. O prezo deste servizo tentará manterse igual que o curso pasado, pero dependerá das modificacións que poida sufrir debido á normativa/instruccións da consellería para a loita contra a pandemia.
Apertura prazo de solicitude de comedor
NOTA INFORMATIVA
SOLICITUDES DE PRAZA PARA A UTILIZACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 20/21
Seguindo o previsto no regulamento do servizo de comedor do Ceip Santa Baia, o vindeiro 01 de xuño abrirase o prazo de presentación de solicitudes de praza para a utilización do comedor escolar para o curso 20/21. O prazo permanecerá aberto ata o 30/06/20.
Modalidades de solicitudes:
1ª Os usuarios fixos do curso 2019/2020 interesados en utilizar de novo o servizo de comedor, deberán presentar a solicitude de reserva de praza (Anexo III).
2ª Os novos usuarios e os usuarios esporádicos do curso 2019/2020 deberán presentar a solicitude de praza (Anexo I).
As solicitudes deberán facerse NECESARIAMENTE a través do correo electrónico anpatorredegoians@gmail.com, tendo en conta que a orde de presentación pode influír na adxudicación das prazas.
Como consecuencia da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo Covid-19, para o retorno da actividade lectiva e apertura do Comedor Escolar, no tocante ós protocolos a seguir, medidas preventivas e aforo, estarase ó disposto na normativa e nas instrucións que a Consellería de Educación ditamine ó respecto.
Ligazón ó regulamento :
https://drive.google.com/file/d/1dZ3mdt39QF94cM93XsjIv0bv2ZGUhtmv/view
Atentamente,
A xunta directiva.
ENTROIDO ANPA
Estimadas familias:
A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai a organizar este venres 21 de Febreiro unha festa de carnaval. Será no pavillón do colexio, das 16:30 as 19:30 horas.
A entrada será gratuíta para as familias socias da ANPA. Os prezos das entradas para os non socios será de 3€ nen@ e 2€ adult@. Contaremos con inchables, monitorado e actividades para os nenos e nenas.
Instalarase tamén unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a prezos populares, co fin de recadar fondos para as excursións de fin de curso.
Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,
A Xunta Directiva