Horto Escolar

HORTO ESCOLAR

A prensa faise eco do traballo realizado no horto do Centro.

 

TALLER DE XABÓN

 

PARA MESTRES, NAIS /PAIS E PERSOAL NON DOCENTE DOS CEIPs DE BOIRO

Para apuntarse, chamar ao 881866595

XOVES 8 DE XUÑO

18:00h a 20:00h na cociña do Centro

 

Coñeceremos os distintos tipos de xabón que se poden facer.

Ecolóxico, usamos aceite usado alimentario, altamente contaminante vertido directamente polo sumidoiro.

Económico, pois a elaboración ten un menor custe que o xabón que mercamos.

Coidamos a nosa hixiene.

 

Se te animas, tes que traer o seguinte material:

– 1 caldeiro pequeno de plástico duro (3 litros apróx.)

– 1 espátula de silicona

– Batidora eléctrica (unha por cada dous participantes)

– 1 utensilio para remexer con mango longo (plástico ou aceiro)

– 4 tetra bricks limpos.

– Mandil.

Organiza:

Biblioteca Escolar

Ceip Santa Baia

Foro ecolóxico de Boiro

Ponente:

Ana Vázquez

 

 

PRAZAS LIMITADAS, por orde de inscrición na secretaría do Centro.

Taller xabón(CARTEL)

 

RECOLLIDA DE ACEITE ALIMENTARIO USADO

Pasamos á acción!

Xa coñecemos a importancia da recollida selectiva para favorecer o tratamento dos residuos, e con esto, o medio ambiente.

Agora, ademais de pilas, tapóns de plástico, materia orgánica (composteira), papel e envases… ofrecemos a posibilidade de xestionar o difícil e altamente contaminante aceite alimentario usado.

Poden atopar o contedor no patio cuberto dianteiro do Centro.

Depositen o aceite directamente dentro do recipiente no que o traian, así evitamos verteduras difíciles de limpar.

Non só vai consistir nun servizo á comunidade educativa, se non que hai varias propostas de traballo a raíz deste contedor. Seguiremos informando.

Esperamos que vexan adecuada e de utilidade a posta en marcha deste servizo.

cartel1contedor

SAÚDOS

Amorodos silvestres

Nais voluntarias do Foro Ecolóxico de Boiro, ensínannos a transplantar amorodos silvestres ao noso horto.

Desde o noso horto a… ROSALÍA!

JOSÉ LUÍS GALLEGO IMPARTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E RECICLAXE

 

  • Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, terá lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central).

 

  • Dirixida a todo tipo de público, constitúe unha excelente oportunidade para tomar boa nota das prácticas a instaurar na nosa vida cotiá para consumir dunha forma máis sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como económico.

 

  • A xornada eríxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

  • Cunha longa traxectoria no ámbito da divulgación ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”.

 

Invitado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, o célebre  naturalista e comunicador ambiental José Luís Gallego, impartirá  ás 12:00 horas do próximo luns, 30 de xaneiro, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central), en Santiago de Compostela, unha charla divulgativa que, baixo o título “Os residuos non son lixo, por qué é importante reciclar”, dirixirá a todo tipo de público co fin de fomentar as boas prácticas no consumo responsable.

 

Con tal fin, Gallego proporcionará as claves que deben rexer unha compra responsable, racional, sensata e coherente desde a dimensión ambiental e económica, que teña por obxecto producir menos lixo, á vez que insistirá na necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres como cimento fundamental de todo sistema de xestión de residuos: reducir a produción dos mesmos; reutilizar ao máximo os produtos para alongar a súa vida útil; e separalos por tipoloxías unha vez convertidos en refugallos, depositando cada fracción no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para fracción resto.

 

Facer unha lista da compra, incorporando á mesma o realmente necesario, diferenciar claramente data de caducidade de consumo preferente, levar  a nosa propia bolsa ao supermercado, priorizar a adquisición de artigos a granel, rexeitar os sobreembalados e optar por aqueles que se comercializan en envases reutilizables, constitúen, entre outros, algúns xestos que poden axudar en gran medida a diminuír a xeración de lixo, tendo en conta de que o mellor residuo é o que non se produce.

 

A xornada, que se aventura amena, divertida, clarificadora, reflexiva e moi ilustrativa, constitúe unha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

TODA UNHA AUTORIDADE EN MEDIO AMBIENTE

 

Considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”, José Luís Gallego foi distinguido en numerosas ocasións con diversos recoñecementos e premios.

 

Activo colaborador dos principais medios de comunicación do noso país, o seu labor céntrase en promover a participación dos cidadáns no coidado e mellora do medio ambiente. Ten publicado máis de 20 libros de divulgación ambiental coas principais editoriais a nivel nacional, e é director, presentador e guionista de documentais e series de natureza e medio ambiente. A súa presenza en radio tamén é destacable, sector no que leva 25 anos, podendo escoitalo actualmente  todos os venres no programa “Julia en la Onda”, que dirixe e presenta Julia Otero en Onda Cero.

 

A día de hoxe tamén desempeña unha gran actividade como blogger en diversos medios dixitais e páxinas web, podendo ler cada semana as súas reflexións persoais sobre a situación do medio ambiente no blog Ecogallego.

 

En definitiva, toda unha autoridade no ámbito medioambiental que paga a pena escoitar para descubrir todo o potencial humano que cabe na preservación do contorno, a xestión sostible dos residuos e a loita contra o cambio climático.

 

Prégase confirmación de asistencia a través do presente correo electrónico ou ben chamando ao teléfono 881 999 075.

 

Patricia Fernández López

Directora Técnica da Escola Galega de Consumo

  1. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo

15707- Santiago de Compostela

Tf.: 881 999 091

patricia.fernandez.lopez@xunta.es

Síguenos en facebook: https://www.facebook.com/escolagelgaconsumo

2 APROVEITANDO RECURSOS

O alumnado de 2ºB aproveitamos os recursos que nos ofrece o noso “Horto” (tomates cherry e ourego) para a partir deles converternos en COCIÑEIROS/AS.

Comer variado e rico, rico….pode ser moi divertido!!!!

E aprender TAMÉN.

Comezamos co horto!!!

Recolleita!!!

Millo, pementos e tomates son os protagonistas nestas datas, posto que son os froitos do traballo realizado!

Continuamos co acondicionamento dos camiños e do invernadoiro. Limpando e preparando as parcelas para o seu cultivo durante este curso.

img_20161021_132317NOVIDADES!!!!!

Este curso, ademais da inestimable axuda do noso compañeiro Bernardino, contaremos ca colaboración do Foro Ecolóxico de Boiro, representado en 3 nais que realizan talleres de alimentación saudable e se van a encargar da zona Leste do horto. Utilizarán técnicas de agricultura ecolóxica, co que nos vai a servir para aprender e poder comparar ca agricultura popular/tradicional que continuaremos practicando na zona oeste.

Pinta moi ben!!!

Seguiremos informando!!!

Vótanos!

Ata o 1 de xuño están abertas as votacións para este concurso Voz Natura.

Co teu voto podemos ser un dos 5 finalistas. Despois será un xurado quen elixa o gañador.

Inscribimos o vídeo Amor inCondicional, obra do alumnado de sexto do noso Centro, esperamos que vos guste!

GRACIAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!!!

http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622965542

Tamén podedes votar a este no que participou un mestre do noso Centro.

http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622976490

 

II Rolda Ecopreguntoiro

Velaquí o noso segundo Ecopreguntoiro, se queres coñecer quen pasou ás semifinais, xa sabes… preme a continuación! 🙂

 

Ecovisita:

 

Ecoconsello: