Archivos día 9 marzo, 2015

AXUDAMOS NO COIDADO DO ACUARIO: Mantemento

Todo o cole aprendeu como de complexo é coidar e manter un gran acuario como o que temos. E non só isto, senón tamén a practicar un pouco as estimacións: Cantos litros de auga ten a noso acuario? Dende logo, o que sí nos quedou claro é que non andamos moi “finos” á hora de atinar nas estimacións. Ata houbo algún mestre que reconstruíu un acuario con cartóns de leite!! 🙂

Pero como aos alumnos/as de 6º gústalles compartir todo o que van aprendendo, a continuación presentan algúns dos seus traballos onde nos explican brevemente, pero sen descoidar ningún dato relevante, cales son os pasos necesarios para facer esta labor diaria.